• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

Dani Angériz: “O obxectivo principal do club era que as nenas tiveran un lugar onde xogar cando foran adultas”

O Balonmán Brigantium estreará equipo sénior na tempada 2021/2022, cun plantel formado pola base do club

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
14/04/2021
en Balonmán, Máis balonmán
Dani Angériz, adestrador do Balonmano Brigatium / ÍÑIGO ROLÁN

Dani Angériz, adestrador do Balonmano Brigatium / ÍÑIGO ROLÁN

573
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • “Buscabamos ofrecer ese lugar para practicar deporte, desfrutar e exercer o balonmán”
  • “O obxectivo é que compitan, aprendan, que sigan desenvolvéndose como xogadoras”

Na tempada 2018/2019 A Coruña vía como nacía un novo club de balonmán na cidade. O Balonmán Brigantium, centrado en formentar o deporte feminino, botou a andar con equipos en categoría base e, tres anos despois da súa creación, contará cun equipo sénior para competir na categoría autonómica.

Falamos con Dani Angériz, director deportivo do club coruñés, que define co obxectivo de “estrutura” e non competición, ao centrarse en dar cabida ás nenas que queiran xogar ao balonmán chegadas á idade adulta.

-As Nosas: Con que obxectivo nace o Balonmán Brigantium?

Dani Angériz: Os nosos primeiros equipos eran infantil e cadete, con xogadoras que estaban entre 1º e 4º da ESO. Co paso dos anos van medrando e o obxectivo inicial era ter unha estrutura completa onde todas as xogadoras que quixeran empezar, tiveran un lugar onde xogar cando foran adultas.

Benxamíns do 2021 / BALONMANO BRIGANTIUM
Benxamíns do 2021 / BALONMAN BRIGANTIUM

O que ocorría é que non había ningún club feminino en A Coruña que ofrecera un lugar onde quedarse, e moitas xogadoras bailaban constantemente dun club ao outro. Había situacións complicadas onde as xogadoras, cando chegaban aos 18 anos, non podían xogar máis porque non podían, non tiñan un lugar. Independentemente dos obxectivos deportivos, de chegar a unha categoría ou nivel, nós o que buscabamos era ofrecer ese lugar para practicar deporte, desfrutar e exercer o balonmán.

Dani Angériz: “O obxectivo principal do club era este. Que as nenas pequenas foran crecendo e tiveran un lugar onde desfrutar e xogar.”

Desde o minuto un nós buscábamos isto, unha estrutura completa. O obxectivo principal do club era este. Que as nenas pequenas foran crecendo e tiveran un lugar onde desfrutar e xogar.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de As Nosas Xornal Deportivo (@asnosasdeportes)

A.N.: E por que creades o equipo sénior con vistas á próxima tempada?

Dani Angériz: Este é o primeiro ano no que a nosa primeira xeración de xogadoras pasa a sénior. É o momento idóneo para iniciar o equipo. Non temos todas as xogadoras, teñen que ser 11 fichas e non todas as nosas xogadoras poden partir da base xuvenil. Suben 7 ou 8, estamos esperando a ver que ocorre coa selectividade e os estudos, pero sempre haberá algunha incorporación nova que xa se está producindo.

A.N.: Como accede un equipo recentemente creado á competición autonómica?

Dani Angériz: A categoría autonómica en balonmán é a máis baixa. Hai poucos equipos e non hai competición local, porque hai poucos clubs. Así que a mínima é a autonómica neste caso. Nesta división hai moito desprazamento e moitos gastos e costes e todos os equipos son de nivel. Pero unha vez creas o equipo e tes estrutura, podes acceder á categoría autonómica sen ningún problema.

Adestramento do Balonmano Brigantium / ÍÑIGO ROLÁN
Adestramento do Balonmano Brigantium / ÍÑIGO ROLÁN

Dani Angériz: “O noso obxectivo non é deportivo, é que aprendan”

A.N.: Que obxectivos vos marcades para este novo conxunto?

Dani Angériz: Deportivo ningún. Que compitan, aprendan, que sigan desenvolvéndose como xogadoras. Seguir aprendendo e desfrutar deste deporte. Pouco máis se pode pedir. A partir de aí, as tempadas vindeiras, cando sigan subindo xogadoras, cando poidamos completar máis o equipo, cando teñan máis experiencia, veremos a onde chegar. Polo de pronto, continuar.

A.N.: Tedes a vista posta nos posibles clubs rivais?

Dani Angériz: Hai equipos con xogadoras con moita experiencia, con xogadoras con 30-35 anos, como pode ser Cañiza ou Salceda. Equipos con experiencia, que teñen un fluxo constante de xogadoras desde hai anos de categorías inferiores, polo que compites con bancos moi completos e con equipos preparados e experimentados.

O Balonmán Cañiza / BALONMÁN CAÑIZA FB
O Balonmán Cañiza / BALONMÁN CAÑIZA FB

Dicir un ou outro é mi complicado. En toda Galicia hai equipos moi fortes que aspiran á segunda división española. Logo hai outros que están empezando como nós, que teñen as xogadoras xustas e están gañando experiencia. Depende de como se distribúa a próxima tempada se nunha división ou en dous, polo número de clubs participantes. O periodo de inscrición remata a finais de verán.

A.N.: Como conformaredes o plantel do primeiro equipo?

D.A.: As xuvenís son as que suben, que o ano que vén serán sénior. Así, teremos ás sénior de primeiro ano e subiremos á marxe a xuvenís que terán dobre ficha, que xogarán na súa categoría xuvenil e tamén na sénior.

Xuvenís do 2021 / BALONMANO BRIGANTIUM
Xuvenís da tempada 2021 / BALONMAN BRIGANTIUM

Aínda non podemos facer público as fichaxes, porque o estamos falando. Hai seis ou sete xogadoras que teñen intención, pero aínda non o podemos confirmar porque non puxemos todas as condicións sobre a mesa. Xa temos fixas ao menos a sete xogadoras e esperamos que outras cinco ou seis. Pero non podo asegurar o número exacto.

A.N.: Poderíase destacar algún nome a nivel individual?

D.A.: Na pasada tempada, as porteiras fixeron un gran traballo. Irene e Marina foron o núcleo do equipo para mantelo a flote na maioría dos partidos. Se non tiña o día unha, tíñao a outra. Co cal sempre dependemos moito da portería nese aspecto.

A.N.: Pola idade das xogadoras, entendo que a maioría delas estudan. Como se traballa cun equipo que non pode adicarse ao 100% a adestrar?

D.A.: Como fai todo o mundo, con paciencia. Haberá momentos de exames ou laboratorios que teñan e non podan vir a adestrar, porque están metidas nunha clase ata as 9 da noite. Intentaremos compaxinar como se poidan os adestramentos xuvenís e sénior.

Adestramento do Balonmano Brigantium / ÍÑIGO ROLÁN
Adestramento do Balonmano Brigantium / ÍÑIGO ROLÁN

Haberá algunhas que estean en Santiago e verán os venres a adestrar e competir o sábado. Buscaríamos outra forma de adestramento alternativa para adestrar en Santiago neste caso. Tirar de aí. Cos adestramentos conxuntos entre xuvenil e sénior chegar a un gran número de xogadoras e competir a toda pista. A ver como se estrutura dependendo dos horarios de pista.

A.N.: Supoño que aos hándicaps habituais na creación dun equipo, tivechedes que sumar este ano a pandemia

D.A.: Si, non foi nada fácil. Estamos apostando moito desde o club, porque é unha inversión enorme de recursos económicos e deportivos e traballamos durante varios anos para aforrar e chegar ata este punto. Que aínda enriba o facemos en pandemia? Pois é o que toca.

Dani Angériz: “Estamos apostando moito desde o club, porque é unha inversión enorme e traballamos durante varios anos para aforrar”

Adestramento do Balonmano Brigantium / ÍÑIGO ROLÁN
Adestramento do Balonmano Brigantium / ÍÑIGO ROLÁN

A.N.: Coa creación deste equipo sénior, dise que sodes as herdeiras do desaparecido Balonmano Coruña. Tedes algún tipo de relación con ese club?

D.A.: Non temos ningunha vinculación. Recordo que ao principio mandamos unha carta de presentación e saúdo, pero a nosa directiva e o noso plantel non ten ningún nome común co Balonmano Coruña. Isto de tomar o relevo dise publicamente, sempre no lo dixeron: “ides coller o relevo”.

Dani Angériz: “(O Balonmano Coruña) é un referente e ogallá cheguemos a ser algún dia algo parecido do que foron elas”

Elas eran un equipo de nivel, que tiña moitos anos de experiencia, nós estamos empezando, e o que compartimos é a cidade e o lugar de traballo. Non temos ningunha relación administrativa, pero é un referente e ogallá cheguemos a ser algún dia algo parecido do que foron elas. Polo de agora contentámonos con seguir medrando.

Tres homes cómplices

Etiquetas A CoruñabalonmánBalonmán BrigantiumBRIGANTIUMClub Balonmano CoruñaDani Angériz
Comparte2Chía2
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Mecalia Atlético Guardés vs Balonmano Morvedre /

O Guardés sofre para despedir 2025 cunha vitoria (20-16)

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

As xogadoras que adestra Ana Seabra tiveron problemas para impoñerse xa na primeira parte e non lograron consolidar a súa...

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Grafometal Sporting La Rioja / BM PORRIÑO

O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño imponse 23-18 ao Grafometal Sporting La Rioja

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

O partido comezou igualado, con defensa intensa por ambos dous equipos. O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño impuxo o seu...

Elda vs Mecalia Atlético Guardés da Liga Guerreras Iberdrola / VICEN MUÑOZ

Volta á acción dos equipos galegos na Liga Guerreras Iberdrola con senllas vitorias logo do parón de seleccións

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  A Liga Guerreras Iberdrola chega á súa duodécima xornada despois da interrupción provocada polo Campionato do Mundo 2025, que...

As Guerreras da Selección Española de balonmán participaron no Mundial coas galegas Alicia Fernández e Elba Álvarez / RFEBM

As Guerreras, con dúas galegas nas súas filas, despídense do Mundial fronte a Alemaña (25-29)

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

A Selección Española non foi capaz de facer fronte á anfitrioa do torneo e dixo adeus ao soño mundialista que...

Selección de España de balonmán feminino / CSD IG

As Guerreras perden ante Serbia o primeiro partido da ‘main round’ do Mundial (29-31)

por Redacción As Nosas
03/12/2025
0

  A Selección Española Feminina de Balonmán estreouse cunha amarga derrota na Main Round do Mundial tras caer ante Serbia...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.