O Ourense Envialia non contará nas súas filas para vindeira tempada con Andrea Feijoo. A futbolista deixa o club galego despois dunha tempada competindo como ourensá.
O propio club despediuse da xogadora con tristeza, recalcando que é “unha noticia moi triste para a nosa entidade, que xa recibira coa máxima ilusión a esta ourensá que xa estivera unha primeira etapa no noso club e á que estabamos desexando volver a desfrutar”.
Andrea Feijoo sufriu unha lesión de xeonllo no partido ante o Viaxes Amarelle do pasado mes de xaneiro, polo que non puido disputar o resto de meses de tempada que restaban. Tras esta breve experiencia, a galega toma a decisión de desvincularse do Envialia e non formará parte do equipo no curso 2021/2022.
“Non puidemos desfrutala o que nos tería gustado, tanto dentro como fóra”, declaran desde o Envialia en relación á súa lesión do ligamento cruzado anterior e da pandemia da COVID-19. O equipo resúmeo en: “Unha tempada que sabe a pouco ou casi nada”.
Na súa nota, o conxunto ourensán finaliza a mensaxe á xogadora desexándolle “a mellor das sortes na súa nova andadura” e agradecéndolle que compartise “con nós unha tempada”.
BAJA // ANDREA FEIJOO DEJA DE FORMAR PARTE DE NUESTRO CLUB#ourensEnvialia #imosOlio #ubuntu #morraOconto #libresParaSer #hastaElUltimoAliento #fsf #futsal pic.twitter.com/cWiPc4zsZR
— Ourense Envialia FSF (@OUenvialiaFSF) June 10, 2021