A Travesía Costa celebrada na Coruña recuperou a proba dos C10000 despois de catro anos, deixando a Ana Veiga como vencedora feminina. A competición de augas abertas foi todo un éxito en asistencia e participación, atraendo a apaixoados e curiosos ás augas coruñesas para a proba longa, que saiu da praia de Matadero, e da curta, de 5.000 metros, que partiu de San Amaro.
Na competición xeral, a nadadora Ana Veiga resultou subcampioa, sendo a primeira clasificada entre as mulleres que participaron na Travesía Costa C10000. Na distancia curta, a gañadora foi Dolores Porteiro.
Así foi a chegada de Ana Veiga a meta:
🌊 Ana Veiga gaña en mulleres a #C10000 de @TravesiaCosta (sería segunda na clasificación absoluta pero non hai nesta proba) e Alberto Antelo imponse na #C5000#SeChePrestaÁCoruñaTamén #C10000 #C5000 #TravesiaCosta #Coruña #AugasAbertas #Natacion pic.twitter.com/NzyEoMOY5m
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) September 25, 2021
Entre os participantes destacou a presenza de Victoria Ortiz, campioa do mundo de natación en augas xélidas e que desta vez participou nos 5.000 metros. Ao remate da proba, alentou a outras deportistas exclamando “que máis mulleres se animen a nadar!”.
Durante a Travesía Costa estivo presente a concelleira de Deportes da Coruña, Mónica Martínez, quen seguiu de preto a celebración do evento, animando aos participantes.
🌊 Onte, a esta hora, o pavillón azul da #Coruña era o escenario das travesías #C10000 e a #C5000, que deixaron imaxes así 😍 pic.twitter.com/dfop3axnYH
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) September 26, 2021