• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Máis FutSal

Ana Silva, peza clave da 1.ª Selección Española de futsal: “Pensaba que era a única rapaza que xogaba ao fútbol”

Sara González por Sara González
20/11/2025
en Máis FutSal, Fútbol Sala
Ana Silva, futbolista / CEDIDA

Ana Silva, futbolista / CEDIDA

228
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 Ana Silva (A Coruña, 1971) foi unha das catro galegas que formaron parte da primeira Selección Española feminina de fútbol sala. O seu retiro chegou relativamente pronto, pero os anos disputados na elite do futsal da época foron suficientes para deixar pegada e abrir paso ás novas xeracións.

Ana Silva, futbolista / CEDIDA
Ana Silva, futbolista / CEDIDA

Aínda que reside dende hai anos en Baleares, lembra con moito agarimo a súa etapa en terras galegas e ás compañeiras que foi coñecendo ao longo da súa traxectoria deportiva, coas que, en moitos casos, forxou estreitas relacións que perduran a día de hoxe: “as amizades que me dou este deporte son os meus trofeos máis preciados”.

Conta que leva consigo o pesar de non ter xogado máis ao fútbol once e comprobar ata onde chegaban as súas capacidades nesa outra disciplina. Aínda así, pese á brevidade da súa dedicación, chegou a formar parte das filas do Dépor feminino (Karbo), o que permite facerse unha idea das súas capacidades.

Ana Silva, futbolista / CEDIDA
Ana Silva, futbolista / CEDIDA

A.N.: Como experimentou aquela primeira convocatoria coa Selección Española?

Ana Silva: Naquela época o futbol sala era a miña vida, era ao que quería adicar todo o meu tempo e esa chamada da selección vivina cunha ilusión enorme. Recordo a alegría de meus pais e dos meus irmáns, todos estaban moi contentos.

A.N.: Que percepción existía na sociedade sobre o deporte feminino?

Ana Silva: Había moi pouca atención ao deporte feminino en xeral. Recordo unha anécdota cun xornalista que dicía que, no fútbol feminino, ao sacar de córner, as mulleres non eran capaces de que o balón chegase á área. Escoitabas ese tipo de comentarios desprezativos e dabaste conta de que non estaba ben visto que as mulleres practicasen este tipo de deportes.

Eu, con 10 ou 11 anos, xogaba cos nenos na rúa e pensaba que era a única rapaza que xogaba ao fútbol, porque non había ningunha máis ao meu arredor. No colexio non me deixaban xogar, porque non se permitía facer equipos mixtos.

Lembro que, en oitavo curso, unha profesora tivo a iniciativa de crear un equipo para nós e conseguimos xuntar varias nenas e competir extraescolarmente contra outros centros.

De feito, con 14 anos fichei polo RC Deportivo de fútbol once, pero non puiden xogar ata os 15, porque non me deixaban competir con homes e non existían categorías femininas. Por iso, cando cumprín os 15, xogaba contra mulleres moito maiores ca min. Hoxe en día esas categorías xa existen, pero daquela estabamos todas mesturadas.

A.N.: Compaxinaba o fútbol once co fútbol sala?

Ana Silva: Compaxinei ambos deportes, pero o Dépor acabou desfacéndose da sección feminina, que por aquel entón era o Karbo, que, por certo, chegou a ser cinco veces campión de España. Ao desaparecer a sección, eu só xoguei un ano a fútbol once. A verdade e que creo que me tería gustado tamén e teño esa espiña cravada de non poder seguir xogando e desenvolvéndome como interior dereita, que era a posición que mellor se adaptaba a min.

Ana Silva: “Sempre diciamos que eramos profesionais sen cobrar, porque viviamos para o fútbol: coidabamos a alimentación, o descanso e levabamos unha vida en xeral moi saudable. Movíanos a paixón e a ilusión que sentíamos por este deporte e polo soño de poder chegar a vivir del”

A.N.: Tiña daquela a percepción de que o deporte feminino podía aspirar a tanto?

Ana Silva: Sabiamos que isto ía avanzar moi lento, pero desexabamos que fose para adiante. Sempre diciamos que eramos profesionais sen cobrar, porque viviamos para o fútbol: coidabamos a alimentación, o descanso e levabamos unha vida en xeral moi saudable. Movíanos a paixón e a ilusión que sentíamos por este deporte e polo soño de poder chegar a vivir del.

Naquel momento tiñamos moitas expectativas, non tanto nun Mundial, senón en que a Selección tivese continuidade, porque daquela xogábanse principalmente torneos amigables. De feito, non recordo ter disputado ningunha competición oficial.

Ana Silva: “As condicións que tiñamos daquela facíanche perder un pouco a ilusión”

A.N.: Retirouse a unha idade temperá. Considera que, de ter dispoñer das condicións actuais, podería ter prolongado a súa carreira deportiva?

Ana Silva: Ao mellor si. Daquela as condicións facíanche perder un pouco a ilusión. Hoxe ves os cadros técnicos con psicólogos, masaxistas e outros profesionais que che facilitan moito as cousas, ademais de contar con instalacións ben acondicionadas. Non podo asegurar que, de dispoñer de todo isto naquela época, a miña decisión fose diferente, pero é unha posibilidade.

A.N.: Tivo que compaxinar o futsal con outros traballos?

Ana Silva: Si. Cando fichei polo Alcobendas xa me ofreceron traballar no ximnasio; despois, en Toledo, traballei nas escolas do club, etc. Ao final tiñas que compaxinar o deporte co traballo e, ademais, viaxar os fins de semana para disputar os partidos. Todo isto complicaba un pouco as cousas.

A.N.: Continuou vinculada ao deporte despois da súa retirada?

Cando vin vivir a Menorca e levaba xa un par de anos aquí, fun un día ao banco e a persoa que me atendeu contoume que era o adestrador do equipo local e propúxome ir probar un día. Aceptei, fun e ficháronme. Así foi como, uns dez anos despois da miña retirada, acabei xogando unha tempada máis na liga balear, que, por certo, gañamos.

Por desgraza, ao ano seguinte o equipo tamén se desfixo da sección de fútbol sala e pasou ao fútbol once, pero aí xa pensei: “ata aquí”. A partir dese momento adestrei rapaces en fútbol-7, pero permanecín desvinculada do futsal de ámbito estatal ata o 2022, cando me chamaron para formar parte da selección Leyendas. Aínda que durante ese tempo mantiven contacto con todas as amizades que me dou este deporte, que son os meus trofeos máis preciados.

Gustaríame engadir tamén que a pasada tempada fun adestratadora do Atlético Mercadal A, en liga balear, e logramos o ascenso a Segunda División.

A.N.: Tiña algún referente na súa época como futbolista?

Gustábame moito Maradona e, máis tarde, Guardiola. Tardei en ter referentes femininos, pero agora poderia facer unha lista moi extensa: Bea Seijas era pura maxia, Lis Franco, Inma Castañón… moitas. Convertéronse nos meus ídolos; era unha marabilla velas xogar. 

As futbolistas do Sal-Lence nun torneo patrocinado por SEUR con xogadores do RC Deportivo / ARQUIVO SAL-LENCE
As futbolistas do Sal-Lence nun torneo patrocinado por SEUR con xogadores do RC Deportivo, Ana Silva está xunto a Nando na fila de abaixo / ARQUIVO SAL-LENCE

A.N.: En mans de quen cre que recae a responsabilidade de impulsar este deporte?

Ana Silva: A verdade é que non sei se a responsabilidade é das federacións, das comunidades autónomas, dos clubs… Non o teño claro.

Ultimamente noto que comezamos a aparecer máis nos medios, percibo máis apoio e máis visibilidade. Nos nosos tempos saliamos de cando en vez en algún xornal, ou na TVG, pero moi pouco, e mais tendo en conta que co Sal-Lence chegamos a gañar ligas a nivel estatal, que ten un mérito tremendo, pero nese momento non se lle daba moita importancia. Aínda así, considero que ao Mundial non se lle está a dar a difusión que merece e que se priorizan noticias que, ao meu xuízo, son menos importantes. Iso deixa claro que aínda queda moito por avanzar.

Ana Silva: “Considero que ao Mundial non se lle está a dar a difusión que merece e que se priorizan noticias que, ao meu xuízo, son menos importantes. Iso deixa claro que aínda queda moito por avanzar”

Primeira Selección de fútbol sala feminino de España, na que estaban as galegas Ana Silva, Bea Seijas, María Bardanca e Vero / YOUTUBE ANA AMADO
Primeira Selección de fútbol sala feminino de España / YOUTUBE ANA AMADO

A.N.: Como ve o futsal actual a nivel deportivo?

Ana Silva: O fútbol sala avanzou moitísimo en todos os aspectos. Hoxe hai un nivel de calidade enorme e é un deporte moi físico. Co equipo que adestrei o ano pasado, o Atlético Mercadal, tocounos xogar varias veces en Galicia e alí dáste conta de que o fútbol sala galego está aí, na élite. Para min, Galicia é realmente a cuna do futsal, de feito, moita xente considera que o Sal-Lence foi o mellor equipo da historia.

Con todo, si diría que boto en falta que se potencie máis a calidade individual, esa maxia de non saber que vai facer unha ou outra xogadora. 

Ana Silva: “Para min, Galicia é realmente a cuna do futsal, de feito, moita xente considera que o Sal-Lence foi o mellor equipo da historia”

A.N.: Que lle suscita ter que vivir un momento tan significativo dende fóra da cancha?

Ana Silva: Encantaríame vivir este momento. Sinto unha envexa sa por aquelas que o van poder experimentar desde dentro e alégrome moitísimo por elas. Isto é historia; póñseme a pel de galiña só de imaxinar o momento de escoitar o himno. Aínda que non cambiaría o que vivín, por suposto que me gustaría poder formar parte tamén deste momento.

Ana Silva: “Encantaríame vivir este momento. Sinto unha envexa sa por aquelas que o van poder experimentar desde dentro e alégrome moitísimo por elas. Isto é historia; póñseme a pel de galiña só de imaxinar o momento de escoitar o himno. Aínda que non cambiaría o que vivín, por suposto que me gustaría poder formar parte tamén deste momento”

A.N.: Por último, ata onde cre que pode chegar a selección neste Mundial?

Penso que van chegar lonxe, estou convencida. Hai un bo equipo, dirixido por unha boa seleccionadora e creo que iso lles permitirá chegar á final. Aínda así, se non sucede, tampouco pasaría nada: o traballo está feito e isto é só o comezo dunha nova etapa.

Primeira Selección de fútbol sala feminino de España / YOUTUBE ANA AMADO
Primeira Selección de fútbol sala feminino de España / YOUTUBE ANA AMADO

María Bardanca, parte da xeración que construíu a 1.ª Selección Española de futsalfem: “É un orgullo que haxa catro galegas no primeiro Mundial”

Bea Seijas, integrante da 1.ª Selección Española de futsal: “Non teño ningunha dúbida de que España pode chegar a alzar o título mundial”

O primeiro Mundial de Fútbol Sala feminino da historia contará con representación galega

Así chegou España ao Mundial de futsal e así buscará chegar á final

Etiquetas Ana Silvafútbol salaKarboMundialSal Lence
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Galicia, fútbol sala / FUTGAL

A Galicia cae ante Cataluña no amigable entre seleccións absolutas de futsal disputado en Lugo (1-3)

por Redacción As Nosas
04/07/2026
0

Non puido ser. A Selección de Galicia absoluta feminina de fútbol sala despediuse de Lugo cunha derrota ante Cataluña no choque...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

18/07/2026
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así é o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

18/07/2026
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.