- A técnica lusa de 44 anos Ana Seabra dirixiu á Selección Absoluta de Cabo Verde e á Sub-18 de Portugal.
- Como xogadora foi un auténtico mito no país veciño: aínda a día de hoxe ela é a xogadora portuguesa que máis internacionalidades ostenta, con 176 partidos coa Seleçao
O Mecalia Atlético Guardés pechou a contratación da lusa Ana Cristina Teixeira Seabra (Ana Seabra), que traballará no corpo técnico do primeiro equipo ás ordes de Abel González. Trátase dunha adestradora con experiencia, que dirixiu á selección absoluta de Cabo Verde e á sub-18 de Portugal.
Ana Seabra naceu na localidade francesa de Montpellier o 31 de xullo de 1977, pero desde moi pequena criouse coa súa familia na cidade de Águeda, moi preto de Aveiro, mesma localidade da que é orixinaria Sandra Santiago.
Como xogadora esta adestradora é unha lenda no país veciño. Non en balde, é a muller que máis partidos internacionais xogou coa Seleçao (176), á que capitaneou moitos anos e coa que participou no Europeo de 2008, unha das cotas do balonmán luso de mulleres. Ademais, gañou 11 títulos de Liga en Portugal, 9 Taças e 8 Supertaças,
🤝FICHAXE
✍️Ana Seabra incorpórase ó corpo técnico de Abel González.
👩🏻🏫 Adestrou á selección de Cabo Verde e á sub-18 de Portugal.
🤾♀️Ten o récord de partidos internacionais con Portugal como xogadora.
🤗 Un luxo que esteas con nós. Bem-vinda, Ana! pic.twitter.com/6lWuUAiUkh— Mecalia Atlético Guardés (@Atlguardes_ofic) July 15, 2022
A chegada de Ana Seabra engrosa a colonia portuguesa do Mecalia Atlético Guardés. Xunto a Patrícia Lima, Sandra Santiago, Carolina Silva e o preparador físico Joao Mesquita, agora serán cinco representantes do país lusitano no seo do club miñoto.
Ana Seabra: “Agradezo este voto de confianza e espero que sexa un gran ano”
A nova compoñente do corpo técnico do Mecalia Atlético Guardés móstrase “agradecida por este voto de confianza” que a entidade depositou nela. “Estou moi feliz de poder ser parte deste proxecto e deste club”, expresa Seabra, que desexa que o equipo poida facer “un gran ano”.
Ana Seabra apuntaba sobre a súa incorporación ao Guardés: “Estou moi feliz de poder ser parte deste proxecto e deste club”
“Desde o primeiro momento foron moi serios e profesionais comigo, mostrando un interese real en contar co meu traballo”, destaca a portuguesa. “Seguín con atención os pasos que o club veu dando nos últimos anos e é moi visible o crecemento en canto a estrutura e ambición”, sostén a adestradora que aportará experiencia e coñecementos ao equipo técnico que encabeza Abel González.
En canto ao que ten por diante no corpo técnico de Abel González, Seabra catalógao como “un desafío profesional” e mostra tamén as súas ganas de probarse “na realidade da liga española” neste novo paso na súa carreira. “Teño ganas de poder aprender todos os días e poñer o meu granito de area”, proclama. “Temos un equipo novo combinado con experiencia. É algo crucial para evolucionar ao longo da tempada”, conclúe.