• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

Ana Seabra debuta á fronte do banco do Guardés cun duelo europeo co que foi o seu equipo, o Madeira

“Vai ser un partido moi especial na illa”, declaraba na previa a nova adestradora do Mecalia

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
11/02/2023
en Balonmán, Máis balonmán
Mecalia Atlético Guardés / AT. GUARDÉS

Mecalia Atlético Guardés / AT. GUARDÉS

87
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • A adestradora portuguesa, Ana Seabra, que afronta a súa estrea como primeira adestradora, foi xogadora do equipo madeirense durante sete tempadas.
  • O equipo miñoto visita ao Madeira SAD no partido de ida dos cuartos de final da European Cup (18:00, hora española, en directo pola canle de youtube andebolTV).
  • Ao redor dun centenar de afeccionados apoiará ao equipo miñoto neste primeiro asalto.

Funchal tivo un lugar preferente na fantástica carreira de Ana Seabra como xogadora de balonmán. A muller con máis internacionalidades de Portugal (176) militou no Madeira SAD durante sete tempadas. Alí gañou títulos e deixou unha pegada indeleble. Por iso, a súa estrea como primeira adestradora do Mecalia Atlético Guardés terá ese sabor especial de producirse na que foi a súa casa.

O equipo luso pelexará contra o miñoto por avanzar a semifinais da European Cup EHF neste primeiro asalto na fermosa illa atlántica lusa (18:00, hora española, en directo pola canle de youtube andebolTV).

Alí viaxa a expedición do Baixo Miño coa súa nova primeira adestradora á fronte. O voo despega ás 12:35 deste venres do Porto para arribar con tempo suficiente como para adestrar e descansar debidamente para o desafío.

Primeiro cruce a domicio desta European Cup do Guardés

Despois da saída de Abel González, Ana Seabra asume o reto de endereitar o rumbo ligueiro e manter o europeo. O Mecalia Atlético Guardés superou as dúas roldas anteriores, contra o VZV neerlandés e o H71 de Feroe Islands, en senllas eliminatorias disputadas integramente na Sangriña. Por iso, o de Funchal será o primeiro encontro a domicilio na presente edición desta European Cup. Ata o momento, catro partidos e catro vitorias en no Inferno da Sangriña.

H71 vs Mecalia Atlético Guardés, no partido de ida da European Cup na Sangriña / SPORTCOECO
H71 vs Mecalia Atlético Guardés, no partido de ida da European Cup na Sangriña / SPORTCOECO

A resolución destes cuartos de final tamén se producirá no mítico recinto guardés. Será o vindeiro domingo 19. Para chegar a ese encontro nas mellores condicións posibles, o Mecalia Atlético Guardés busca un bo resultado en Madeira. Non será sinxelo. O equipo luso ten un nivel notable, con xogadoras internacionais como Joana Pires, Patrícia Rodrigues ou a gardameta Isabel Gois, ademais dunha vella coñecida do balonmán galego: a ex do Porriño Erica Tavares.

Na competición continental, o colectivo que adestra Hélder Sapeta subiu tres gradues para chegar ata aquí. Superou con moita claridade ao Brixen italiano na rolda 2 (56-43 no global). Na 3, derrotou ao IBV Vestmannaeyjar islandés nun dobre duelo en Funchal que resolveu no choque inicial (23-30). No de volta, ao día seguinte, concedeu a súa única derrota da tempada (22-24).

Nos oitavos de final, de novo nun enfrontamento completo en casa, superou con comodidade ao Zug suízo (43-52 en global).

Na súa liga, o Madeira SAD marcha segundo empatado a puntos co Benfica, líder da competición e gran rival para conquistar o título. Ambas as escuadras contan por vitorias todos os seus partidos, polo que a resolución apunta a producirse nos seus enfrontamentos directos. En resumo, que só perdeu un partido no que vai de curso e, encima, era intranscendente.

O Guardés, pola súa banda, viaxa concienciado da necesidade de virar o rumbo na liga Guerreras Iberdrola, pero tamén tendo claro de que Europa é distinta. Ata o momento, o seu rendemento foi impecable. E así quere que continúe sendo.

Dúas xogadoras lesionadas

Ana Seabra ten de cara a este partido as baixas de varias xogadoras, é o caso de Júlia Nuez e Ángela Nieto. Pola contra, Nazaret Calzado e Fanny Descalzo, que non se estrearon contra Elche, poderían ter os seus primeiros minutos no Playing Hall de Funchal. Alí xogou, ademais de Ana Seabra, Carolina Silva.

A primeira liña de Caldas dá Rainha militou no conxunto madeirense na tempada 2019/20 e anotou 112 goles. Con ambas, Patrícia Lima, Sandra Santiago e o preparador físico Joao Mesquita completan o quinteto luso do Mecalia. Sen dúbida, será un partido especial para elas e para el.

A afección acompañará ao Guardés a Funchal

O equipo miñoto non estará só. Ao redor dun centenar de afeccionados estará en Funchal para apoiar ao equipo. A mellor afección de España nunca falla e nesta ocasión non será a excepción.

A facilidade para viaxar desde O Porto e a beleza da illa portuguesa ha motivado este importante desprazamento. Unha pequena colonia guardesa no medio do Atlántico. A misión, dar o primeiro paso cara ás semifinais.

👋 Olá, Madeira!
🤗 Muito obrigado pelas boas vindas! pic.twitter.com/kMDOKBhqZ9

— Mecalia Atlético Guardés (@Atlguardes_ofic) February 10, 2023

Seabra: “Non podemos esperar facilidades porque non as imos a ter”

A adestradora portuguesa do Guardés vive con esperanza o seu primeiro partido á fronte do colectivo. “O equipo está tranquilo, traballando ben e tratando de levar as cousas con naturalidade. Sabemos que vai ser un partido difícil pero imos con moitas ganas de gañalo”, expresa.

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés / AT. GUARDÉS
Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés / AT. GUARDÉS

Para Seabra, que xogou sete anos no Madeira SAD, será moi particular debutar como adestradora principal do Guardés en Funchal. “Vai ser un partido especial na illa. Imos xogar nunha casa que eu coñezo moi ben e que é parte da miña vida deportiva”, subliña a nova adestradora do equipo miñoto, que destaca as “xogadoras que lanzan de fóra e unha boa portería” como os puntos fortes do seu ex equipo.

“Van querer defender con agresividade e correr. Tentarán facer as cousas moi ben para poñérnolo difícil. Non podemos esperar ningún tipo de facilidade porque non a imos a ter”, remarca.

Ana Seabra, nova adestradora do Mecaliaa Atlético Guardés di do Madeira: “Van querer defender con agresividade e correr. Tentarán facer as cousas moi ben para poñérnolo difícil. Non podemos esperar ningún tipo de facilidade porque non a imos a ter”

“Vai ser un partido moi competido e será duro tanto física como mentalmente. Pero creo que as nosas xogadoras están moi preparadas. Xogamos unha liga moi competitiva, que xera moitas dificultades e momentos como estes e temos que aproveitalo”, conclúe Ana Seabra.

Ana Seabra: “Vai ser un partido moi competido e será duro tanto física como mentalmente. Pero creo que as nosas xogadoras están moi preparadas”

O partido dispútase hoxe, sábado 11 de febreiro, a partir das 18:00 (hora local) no Pavilhao de Funchal (en Madeira, Portugal). Arbitran o choque os colexiados Yves Schols (Países Baixos) e Stephen Martens (Bélxica). O cruce poderá verse en liña ao vivo pola canle de youtube andebolTV

Etiquetas A GuardaAna SeabrabalonmánEHFEuropean CUPFunchalMadeiraMecalia Atlético Guardés
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
04/06/2026
0

Segundo informou o Club Balonmán Atlético Guardés Jesús López dimite como presidente do club miñoto. Esta decisión chega, en palabras...

Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Mecalia deixa de patrocinar ao Atlético Guardés despois de 18 anos

por Redacción As Nosas
02/06/2026
0

O pasado 31 de maio fíxose efectiva a saída dá empresa guardesa Mecalia coma patrocinadora principal do Club Balonmán Atlético...

Banco do Guardés na final da EHF European Cup 2025-26 entre o Mecalia Atlético Guardés e o Michalovce / SPORTCOECO

O Guardés fai historia e levanta o seu primeiro título europeo ao vencer na final da EHF European Cup ao Michalovce (44-53 global)

por Redacción As Nosas
24/05/2026
0

O Mecalia Atlético Guardés imponse na Sangriña na volta da final da EHF European Cup que dominou en todo momento....

Parido de ida das semifinais da Liga Guerreras Iberdrola de balonmán entre o Conservas Orbe Zendal BM Porriño e o Super Amara Bera Bera / BM PORRIÑO

O Bera Bera dá o primeiro golpe nas semifinais da Liga Guerreras ante o BM Porriño (28-32)

por Redacción As Nosas
17/05/2026
0

Nas semifinais do play off polo título da Liga Guerreras Iberdrola de balonmán o Conservas Orbe Zendal BM Porriño non...

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés, dirixindo ao equipo na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés vai a polo primeiro asalto polo título europeo nunha final de ida e volta

por Redacción As Nosas
15/05/2026
0

Ana Seabra, adestradora do Guardés: “Temos moitas ganas de conquistar este derradeiro reto da tempada pero sabemos que ao outro...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

04/06/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Mecalia deixa de patrocinar ao Atlético Guardés despois de 18 anos

02/06/2026
Lorena Patiño coa Selección Española / RFEC

A ciclista galega Lorena Patiño competirá coa Selección Española en Romanía

29/05/2026
Trofeo Miguelito de Judo / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acollerá esta fin de semana unha intensa programación deportiva con citas de referencia en diferentes disciplinas

28/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.