Tras o recente campionato de Liga do Pescados Rubén Burela, o club anunciaba a baixa da meta murciana Ana Belén Romero Pérez de cara a vindeira tempada. A pechacancelas non formará parte das filas laranxas o próximo ano, despois de finalizar contrato o pasado 30 de xuño.
Catro intensas e exitosas tempadas compartiron andadura a porteira de Yecla e o Pescados Rubén Burela FS, conquistando a I Copa da Raíña Burela 2019, Recopa Milán 2019, Supercopa de España 2019 e a quinta Copa Galicia das vitrinas mariñás, ademais do recente título de Liga en Málaga.
Desde o club da mariña quixeron enviar esta mensaxe de despedida á porteira: “Ana, tes os mellores desexos da Familia Laranxa nos teus novos proxectos lonxe da Mariña. Moita sorte!!!!”