Ana Peleteiro chegaba con moita ilusión e confianza ao Mundial en pista cuberta de Belgrado. Así, canda menos, semellaba o que transmitía a través das súas redes sociais. O seu mellor salto foi o primeiro, con 14,30 m que non deixou pasar do oitavo lugar da final a atleta que ostenta o bronce olímpico.
Se o podio estivo moi complicado, arrebatar o ouro á raiña do triplo salto, Yulimar Rojas, é aínda unha quimera para calquera das súas rivais, incluída Peleteiro. Con todo, é certo que os prognósticos apuntaban a que a galega Ana Peleteiro estaría, ao final da competición, nun posto superior ao oitavo que acadou, sendo este un lugar destacado vistas as marcas colleitadas polas súas rivais.
No primeiro intento a triplista de Ribeira chegaba aos 14,30 metros. Non empezaba nada mal. Ao contrario. Ese salto colocaba á galega, de maneira provisional, no cuarto posto. No segundo salto, Peleteiro baixaba aos 14,08 m e tamén un posto na clasificación.
Un terceiro nulo fixo baixar á atleta de Ribeira un pouco máis e a deixou na sétima plaza. No cuarto intento Ana Peleteiro chegaba aos 14,25. Volvía a facer nulo no quinto e no último baixou ata os 13,60 metros. Logo desta competición, o seu mellor rexistro en pista cuberta seguen a ser aqueles 14.73 de Glasgow.
8⃣ª plaza para @apeleteirob en la final de triple salto
Su mejor salto 14.30 (Líder 🇪🇸 del año)
🔗https://t.co/SF6hYM0Bs5
📺 @teledeprte#WorldIndoorChamps #EspañaAtletismo #PasiónPorCompetir pic.twitter.com/AbGpPtxJKY— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) March 20, 2022
Non puido así Peleteiro revalidar o seu bronce no anterior Mundial, o de Birmingham 2018. É certo que en tres dos seus catro saltos válidos a galega estivo por encima dos 14 metros. De feito, “en dous deles superou a anterior mellor marca española da tempada”, tal e como apuntan desde a RFEA. Así pois, as marcas son boas por moito que o posto final a situase na oitava praza.
¡Comenzamos una semana de Mundial!
4⃣ años sin un #WorldIndoorChamps
🔙 Birmingham 2018
🥉🥉 @apeleteirob & @suliarrak¿Os acordáis de cómo lo vivisteis? #EspañaAtletismo #PasiónPorCompetir pic.twitter.com/4bVgn6z3kP
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) March 14, 2022
A gañadora foi a venezolana Yulimar Rojas con 15,74, segunda a ucraína Maryna Bekh-Romanchuk con 14-74, e terceira a jamaicana Kimberly Williams con 14,62.
La medallista de bronce olímpica y campeona de Europa en pista cubierta en 2019 @apeleteirob, a escena
🚺Triple salto (11:00h) FINAL#EspañaAtletismo #PasiónPorCompetir pic.twitter.com/1kLrrHCOcZ
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) March 20, 2022