• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Ana Peleteiro abrirá na Coruña un ximnasio con Lucas Vázquez e Crys Dyaz

Estará operativo en setembro no Parrote, en pleno centro da cidade herculina | A medallista olímpica asegura que logo de "comprobar a metodoloxía e os resultados en primeira persoa tiven claro que tiñamos que ofrecer estes servizos ao pobo coruñés"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
24/03/2024
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Ana Peleteiro, Lucas Vázquez e Crys Dyaz, anuncian a apertura en setembro dun ximnasio na Coruña baixo a marca Crys Dyaz & Co. / CRYS DYAZ & CO

Ana Peleteiro, Lucas Vázquez e Crys Dyaz, anuncian a apertura en setembro dun ximnasio na Coruña baixo a marca Crys Dyaz & Co. / CRYS DYAZ & CO

149
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A triplista olímpica galega Ana Peleteiro (Ribeira, 1995), xunto co futbolista galego do Real Madrid, Lucas Vázquez (Curtis, 1991), e a adestradora persoal e ex deportista de elite da Selección Española de natación, Crys Dyaz, anuncian a apertura en setembro dun ximnasio na Coruña baixo a marca Crys Dyaz & Co.

Segundo explican, nunha nota remitida aos medios de comunicación, trátase dun “centro de adestramento persoal, fisioterapia e nutrición”. Sería o terceiro creado pola empresaria Crys Dyaz na Península, o primeiro fóra de Madrid. Este triplete de deportistas e empresarios din elixir A Coruña para “emprender en común e ofrecer un novo concepto de calidade e deseño, no que se unen deporte e saúde para conseguir que os seus pacientes transforman o seu corpo e a súa vida cara a un estilo saudable”.

A marca Crys Dyaz & Co di basearse en “tres piares fundamentais: fisioterapia, nutrición e adestramento persoal”. “E agora moito máis, unindo forzas con dous deportistas de elite, cos que non só úneme a miña paixón polo deporte, tamén unha gran amizade e o obxectivo de promover a saúde física, e por tanto mental, tan esencial para todo o mundo”, sinala a adestradora Crys Dyaz. 

Ana Peleteiro resalta que “coñecer a Crys e converterme no seu paciente foi sen dúbida un punto de inflexión. Tras comprobar a metodoloxía e os resultados en primeira persoa tiven claro que tiñamos que ofrecer estes servizos ao pobo coruñés”.

“Desde o primeiro momento que me propuxeron o proxecto, tiven claro que quería formar parte del”, apunta o xogador de fútbol Lucas Vázquez, “non só pola relación tan especial que me une a nivel persoal, se non porque a nivel profesional admiro profundamente a traxectoria de Ana, de Crys e de Crys Dyaz & Co. Poder ofrecer á Coruña e os seus cidadáns un centro enfocado á saúde e ao deporte, terminoume de convencer”.

A saúde da muller, no centro da Coruña

Segundo aseguran desde a compañía, o novo centro de adestramento Crys Dyaz & Co. A Coruña “supón un avance no sector do adestramento persoal”.

Na presentación do espazo de adestramento Crys Dyaz & Co. falan tamén de “SaludFem” explicando que se trata dunha “unidade que revolucionou o sector convertendo a compañía en líder ao especializarse na muller e nas distintas etapas da súa vida. Un proxecto que xurdiu diante a necesidade real de ofrecer unha atención e acompañamento especializado e específico ás mulleres durante as etapas máis importantes da súa vida (adolescencia, embarazo, menopausa…)”.

No caso da Coruña, sinalan desde Crys Dyaz & Co. que neste novo centro “incluirase desde unha área de adestramento para mulleres embarazadas, con algunha patoloxía de chan pélvico ou en post parto, ata un espazo de tratamentos de cabina para a preparación ao parto”.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Crys Dyaz (@crysdyaz)

Crys Dyaz, Lucas Vázquez e Ana Peleteiro

Crys Dyaz é ex deportista de elite da selección de natación, adestradora persoal e fisioterapeuta, e agora é empresaria coñecida por ser a CEO de Crys Dyaz & Co. e SaludFem. Segundo aseguran desde a firma “axuda a persoas a estar sas e en forma, ademais de estar especializada no deporte á muller durante as distintas etapas da súa vida. Son xa moitos rostros recoñecidos do panorama español os que confían nela, da talla de María Pombo e Laura Escanes. Fóra do traballo, ela comparte moito contido sobre saúde física no seu perfil, @crysdyaz“.

Crys Dyaz & Co é o proxecto máis persoal da ex deportista de elite e recoñecida adestradora persoal e fisioterapeuta Crys Dyaz. Na actualidade, Crys Dyaz & Co. conta con dous centros, situados en La Moraleja e no centro comercial La Finca Grand Café de Pozuelo de Alarcón, ao que nuns meses vaise unir o do Parrote: Crys Dyaz & Co. A Coruña.

Neste ximnasio que se abrirá en setembro na Coruña conta como socios con Lucas Vázquez Iglesias, natural de Curtis (A Coruña), futbolista profesional que actualmente milita nas filas do Real Madrid, e a atleta de Ribeira Ana Peleteiro-Comaoré Brión. 

Ana Peleteiro é unha das atletas españolas máis recoñecidas e carismáticas. Ana Peleteiro foi galardoada co Premio Princesa de Asturias en 2013 como mellor deportista do ano menor de 18 anos. É unha especialista na proba de triplo salto, participou nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020, onde se alzou coa medalla de bronce.

A este palmarés a atleta galega suma dúas medallas de bronce no Campionato Mundial de Atletismo de Pista Cuberta, nos anos 2018 e no último desenvolvido este mesmo ano; e dúas medallas (oro e prata) no Campionato Europeo de Atletismo en Pista Cuberta.

Etiquetas A CoruñaAna PeleteiroCrys Dyazinfraestruturasximnasio
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

'Maiores en Plena Forma', un programa de envellecemento activo / CONCELLO DA CORUÑA

‘Maiores en Plena Forma’ fomenta o envellecemento activo na Coruña

por Redacción As Nosas
23/10/2025
0

  O Concello da Coruña activa o programa 'Maiores en Plena Forma', con actividades gratuítas en 15 centros A Concellería...

María Nogueira, xogadora das Celtas / RC CELTA DE VIGO

As Celtas dobregan As Nosas deportivistas na Madroa e levan o duelo de rivalidade Vigo – Coruña do futfem galego (1-0)

por Redacción As Nosas
14/10/2025
0

As Celtas impuxéronse pola mínima ante un Dépor Abanca B que aguantou o primeiro tempo pero na segunda metade viuse...

IV Trofeo Internacional Ferenc Szabó de halterofilia en A Coruña / CH CORUÑA

O IV Trofeo Internacional ‘Ferenc Szabó’ de halterofilia celebrouse na Coruña con participación dos clubs galegos CH Coruña e CH Cambre

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

Esta fin de semana o Pavillón Polideportivo Municipal dos Rosales na Coruña acollía o IV Trofeo Internacional 'Ferenc Szabó' de...

Karina Callón, gañadora da San Silvestre Coruña 2021 / SAN SILVESTRE CORUÑA

Queres inscribirte na San Silvestre Coruña? Ábrese prazo o 15 de outubro

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

O prazo de inscrición para a XVI San Silvestre Coruña, a edición do ano 2025, abrirase este mércores 15 de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.