Na pasada fin de semana Ana Cernadas foi convocada polo Equipo Nacional Júnior de natación para participar no XXXVI Meeting Internacional de Oporto, torneo no que a galega obtivo grandes resultados. A nadadora do CN Fluvial de Lugo volveu a casa cunha prata e un bronce.
A deportista, bolseira do CGTD,participou na proba dos 200 costas, concurso no que foi a segunda mellor clasificada, colgándose a medalla de prata. Cernadas subiu tamén ao podio na proba dos 100 libres, quedando desta vez en terceiro lugar e obtendo a medalla de bronce.
Nesta competición, previa ao Campionato de Europa júnior, a galega tamén competiu en 100 costas e no 100 libre. Previamente nesta tempada a lucense logrou un bronce, un récord galego e unha mellor marca galega de 17 anos nos Campionatos de España Open.