A nadadora galega Ana Cernadas González que pertence á disciplina do Club Natación Fluvial de Lugo e é bolseira do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) está convocada para participar co Equipo Nacional Júnior de natación no XXXVI Meeting Internacional de Oporto que se celebra os días 5 e 6 de xuño nas piscinas do Complexo Deportivo de Campanhá.
Ana Cernada vai participar en 100 e 200 costas e 100 e 200 libre segundo informa a Federación Galega de Natación.