Pese a que a meteoroloxía non auguraba axudar a que as condicións propiciasen a consecución de marcas, no XXXIII Campionato de Galicia Máster de Atletismo Ana Abuin batía o récord de España de martelo pesado.
Importante edición a que se viviu nas pistas do CGTD de Pontevedra onde se deron cita un importante número de atletas da categoría máster para tomar parte no seu campionato autonómico galego.
Desde a Federación Galega de Atletismo apuntan que se houbera que poñer un par de calificativos a este campionato serían sen lugar a dúbidas o da ilusión e as gañas que en todo momento acompañaría ao excelente ambientazo que se viviu na capital pontevedresa nesta competición. Notábase de manera moi palpable as gañas que había por volver as pistas e a recuperar unha certa normalidade, malia ás estritas medidas de seguridade que o Comite Covid se encargaría de facer cumplir ao longo da xornada de atletismo.
Ana Abuin, da Atlética A Silva, a gran protagonista
A nivel de resultados sen dúbidas o máis salientable foi récord de España F60 acadado pola atleta da Atlética A Silva, Ana Abuin. No concurso de martelo pesado lanzaría ata os 11.67 m. mellorando en máis dun metro a anterior plusmarca nacional. Ana Abuin foi, ademais, campioa galega nas probas de disco con 19.70 m., martelo con 26.65 m.
https://www.instagram.com/p/CFonEfTodR9/
Ademais desa notable marca, algunhas das actuacións máis destacadas da cita correrían a cargo das seguintes atletas:
- Goretti Díaz F40 do Samertolameu nos 100 m.con 13.83 e nos 200 m. con 28.38
- Elena Sierra F55 do Atletismo Sada nos 100 m. con 16.20 e na lonxitude con 3.54 m
- Esther Pedrosa F55 do Playas de Castellón nos 400 m. con 1:11.60 e nos 1.500 m. con 5:14.08
- Cristina Estévez F40 do A.F. Celta nos 800 m. con 2:35.28 e na altura con 1.31
- María Elisa Paz F60 do A.Sada nos 400 m. con 1:27.07 e nos 1.500 m. con 6:27.12
- Irene Fernández F45 do Atletismo Narón en martelo con 24.42 m. e martelo pesado con 7.15 m.
- Marta Sureda F50 do Lucus Caixa Rural en disco con 26.74 m. e martelo con 30.32 m.
- María de los Ángeles Rodríguez F60 da Atlética A Silva en peso con 6.93 m. e xavelina con 11.67
- Helena Rey F45 da Gimnástica en Peso con 9.00 m.e disco con 24.38 m.;
No concurso masculino destacou a participación de:
- Xulio Ventín M55 da Gimnástica nas probas de disco con 32.92 m. martelo con 38.41 m. e martelo pesado con 12.63.
- Luis Cores M60 da A.A Mazí nos 100 m. con 15.13, 200 m. con 31.68 m. e na lonxitude con 4.16 m.
- Carlos Ferrer M60 do Atletismo Narón en disco con 38.01m., martelo con 39.04 m. e martelo pesado con 13.42 m.
- José Manuel Almudí M75 do ADAS Proinor en peso con 23.50 m., martelo con 28.44 m. e martelo pesado con 10.74 m.
- Manuel Rodríguez M70 do Real Club Celta en disco con 29.65 m., peso con 9.16 m. e martelo pesado con 11.95 m.
- Juan Caamaño do Marineda, campión galego M50 nos 100 m.con 12.53 e nos 200 con 26.03
- Basi Bernárdez M45 da A. Silva en lonxitude con 5.87 e triplo con 12.18 m.
- Santiago Dapena M35 do A. Estrada nos 200 con 25.81 e nos 400 con 56.13
- Luis Campos M55 do ADAS Proinor nos 100 m. con 13.29 e nos 200 m. con 27.48
- Sergio Herreira M40 do Ourense Atletismo en lonxitude con 5.16 m. e triplo con 11.62 m.
- Juan Luis Paz M45 do Marineda en altura con 1.53 m. e 110 valos 18.65
- Rubén Eiriz M40 do Marineda nos 200 m. con 26.06 e nos 400 con 56.15
- Pablo Fervenza M65 do Samertolameu nos 800 m. con 2:47.19 e nos 1.500 m. con 5:32.23
- Antonio Hernández M70 La Mochila 800 m. con 3:30.90 e 1.500 m. con 6:52.70
- Juan Manuel Bello M50 en altura con 1.53 e lonxitude con 5.07 m
- Javier Viteri M55 do Ourense Atletismo en Peso con 10.27 m. e xavelina con 37.51 m.
- Jose Pena M35 do Atletismo Narón nos 100 m. con 11.81 e na lonxitude con 5.94 m.
- Fran Guzmán M45 do Atletismo Santiago en peso con 13.25 m. e disco con 45.32 m.
- Víctor José Méndez M40 do A.Rías Baixas en Peso con 8.47 m. e disco con 26.67 m.
- Carlos Almudí M45 do Durango Kirol em martelo con 49.90m. e martelo pesado con 13.88 m.,
- Nacho Fernández M40 do Playas de Jandía en martelo con 55.09 m. e martelo pesado con 16.24