- Ampliación e novo prazo de inscrición do II Circuito Open de Roller Cros ata as 23 horas do luns 18 de abril.
O II Circuito Open Clasificatorio Roller Cros feminino e masculino 2022 disputarase o próximo 24 de abril a partir das 10.00 horas no Pavillón Municipal de Porriño N2. Estará organizado pola FGP e o club FSV, segundo informa a Federación Galega de Patinaxe.
Ao tratarse dun Open de promoción, poderán participar todos aqueles patinadores con ou sen licenza federativa de categoría correspondente ao ano 2022.
A inscrición terá un custo de 5 euros por participante, estando exentos de pago aqueles patinadores con licenza de Inline Freestyle 2022 en vigor. Este circuíto é clasificatorio para poder participar no Campionato Galego de Roller Cross que se celebrará o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas.