As Seleccións Galegas irmandiñas Sub-15 e Sub-17 femininas de fútbol afrontan unha semana de traballo co punto de mira apuntando á fase Ouro e Prata do Campionato de España de Seleccións Autonómicas que terá lugar en Almería.
O equipo Sub-15 que dirixe a adestradora Vicky Vázquez disputará o xoves día 9 a partir das 17.30 horas un encontro amigable de preparación ante o equipo da EFM Concello de Boiro. A cita celebrarase no campo de Valiño, en Boiro.
As futbolistas citadas por Vicky Vázquez para este compromiso son as seguintes:
O combinado Sub-17 que prepara Quin Valbuena, pola súa banda, adestrará este martes día 7 de febreiro a partir das 17 horas no campo da Braña, en Rois.
As xogadoras convocadas polo técnico Quin Valbuena son as seguintes:
As Irmandiñas, coa mente posta en Almería
Os Campionatos de España de Seleccións Autonómicas femininas sub 15 e sub 17, nas fases Ouro e Prata que se celebrarán en Almería entre o 24 e o 26 de febreiro, xa teñen designados os horarios e terreos de xogos dos diferentes partidos.
O torneo terá as seguintes sedes: Campo de fútbol Huercal (Almería), Campo Municipal Santa María del Águila (El Ejido), Campo Municipal “Miramar” (Adra), Campo Municipal “Salva Sevilla” (Berja) e Estadio Municipal de Vícar.
Galicia competirá coas súas dúas seleccións irmandiñas nesta segunda fase. A Selección Galega sub 17 que dirixe Quin Valbuena disputará a Fase Ouro, mentres que a sub 15 de Vicky Vázquez xogará a Fase Prata.
Os horarios e as sedes dos encontros para as Seleccións Galegas Sub-15 e Sub-17 femininas son os seguintes:
A mete é meterse nas fases finais
O obxectivo é claro: conseguir os billetes para a Fase Final. Galicia acode a esta segunda fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas co punto de mira afinado e coas metas claras.
O combinado Sub 15 que dirixe Vicky Vázquez disputará a Fase Prata e o reto non é outro que asegurar unha praza na Fase Final a 4. A esta Fase Final accederán os primeiros clasificados de cada un dos tres grupos e o mellor segundo por coeficiente.
A Selección Galega sub 17, pola súa banda, quere facer historia: loitar polo título nacional tras completar unha enorme primeira fase. O equipo preparado por Quin Valbuena disputará a Fase Ouro. Á Fase Final a 4 accederán os dous mellores clasificados dos dous grupos, segundo informa a RFGF.