• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O Amarelle suma un solitario punto que serve para manterse salvado (3-3)

As herculinas colleitaron un empate amargo ante o Intersala Promesas, desaproveitando a oportunidade de desmarcarse na clasificación

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
24/04/2021
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Banco do Viaxes Amarelle / SABELA MOSCOSO

Banco do Viaxes Amarelle / SABELA MOSCOSO

64
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O Viaxes Amarelle tiña nesta quinta xornada da segunda fase a oportunidade para dar un paso adiante na permanencia pero non venceu. As herculinas enfrontáronse ao Intersala Promesas, empatando cun 3-3 final.

Este punto sumado ao casilleiro de ambos equipos mantén con poucas variacións a clasificación. Ao longo do partido, o Amarelle foi superior, pero finalmente desaproveitou a ocasión de sumar tres puntos cedendo dous ante as zaragozanas.

1°DIVISIÓN |
¡¡Ya saltan las jugadoras a pista!! @BodegaSommos @ACFSFfutsal@infozonafutsal pic.twitter.com/2BnVXgqbG1

— InterSala Promesas (@SalaInter) April 24, 2021

As galegas saían á cancha coa firme intención de levar o tres puntos de Zaragoza e pór terra polo medio coas posicións de descenso directo, e aínda que un rápido gol das locais puña o medo no corpo ás galegas. O conxunto herculino se rearmaba e daba a volta ao marcador até o 1-3, pero os últimos minutos foron fatídicos para as herculinas, que vían como o rival conseguía facer a igualada, e o Viaxes Amarelle FSF deixaba escapar unha vitoria que tería sido chave nas súas aspiracións.

Intensidade desde o primeiro minuto

O partido comezou de maneira emocionante. O conxunto local aproveitou a primeira ocasión que obtivo para adiantarse, cun gol de Titina no primeiro minuto. A futbolista colleu o balón en media pista e non dubidou ante a porteira galega Leti Rojo. Non se consumiran nin 30 segundos de partido, polo que o tanto da ariete maña foi un golpe para as coruñesas.

Con todo, o Amarelle non se ía deixar amedrentar, e soubo respostar enseguida. As herculinas están afeitas a se sobrepór de golpes duros. Así que, en cuestións de segundos, Patri Romaní plantábase na meta rival, aproveitando un balón en corto de María de Val tras o disparo de Candela, para poñer o empate. Volta a empezar co partido de novo igualadado.

O conxunto galego seguía insistindo no ataque sobre a portaría maña, para conseguir adiantarse, pero enfronte estaba unha excelente María de Val que evitaba que as galegas collesen vantaxe. El Bodegas Sommos Intersala Promesas tentaba sorprender á contra, e tería algunhas ocasións perigosas, aínda que a rapidez defensiva e a boa actuación de Leti Rojo baixo paus, deixaban o marcador nun 1-1 para o tempo de asueto.

Bodegas Sommos Intersala Promesas vs Viaxes Amarelle FSF / INTERSALA PROMESAS TW
Bodegas Sommos Intersala Promesas vs Viaxes Amarelle FSF / INTERSALA PROMESAS TW

O poder cambiaba de mans de maneira constante, sen un claro líder sobre o terreo de xogo. Porén, as galegas abusaron das faltas, poñendo en perigo o resultado. As ocasións alternábanse entre os dous equipos, pero sen que ningún fora quen de romper ao seu favor o encontro.

Logo dun impetuoso e goleador inicio de xogo, o marcador non se moveu ao longo do primeiro período, pese a que a intensidade seguiu sobre a pista. Así, cun axustadísimo 1-1 chegouse o tempo de descanso.

O Intersala empatou ao Amarelle ao filo do final

Tras o paso por vestiarios, María Gómez disparou desde o exterior un tiro cruzado para anotar o 1-2 co balón golpeando nunha xogadora local. Isto cheou de motivación ao Amarelle, que seguiu presionando para aumentar a vantaxe no marcador.

Antes de chegar ao ecuador da segunda metade, Patri Corral anotaba cun potente disparo exterior nun saque de esquina enviaba o esférico ao fondo das mallas por toda a escuadra da portaría maña, colocando ás coruñesas a dous goles de distancia das locais (1-3) e parecendo que o partido se puña de cara para o conxunto dirixido por Jorge Basanta.

Lonxe de virse abaixo, o conxunto do Intersala Promesas traballou para remontar. Aínda quedaba moito partido, e as galegas non vían suficiente a vantaxe, e as locais cada vez estaban máis activas en ataque, aínda que con pouca fortuna. Xa no tramo final, o seu banco apostaba polo xogo de cinco. O plan saiu segundo o plantexado, e as locais anotaron o segundo gol da tarde ao seu favor, da man de San que superou a Leti Rojo, finalizando a xogada cunha picada sobre a meta galega, coa que puña o broche a unha excelente saída de presión do conxunto maño.

Este gol, levantou os ánimos das locais, que se vían con opcións de levar o partido, e seguiron co xogo de cinco, e a falta dun minuto e vinte e seis segundos conseguían pór a igualada no marcador, cunha finalización ao segundo pau de Lucía Guillén.

Aínda quedaba partido, e o Viaxes Amarelle FSF esgotaba as súas balas co xogo de cinco nos últimos 40 segundos de partido, pero non chegou a ocasión que fixese o gol necesario para levar o tres puntos; e finalmente repartición de puntos, que non deixa contento a ningún dos dous equipos.

Revive o partido dándolle ao play!

Tras a disputa deste novo encontro da segunda fase da competición regular na máxima categoría do fútbol sala feminino estatal, o Viaxes Amarelle FSF da Coruña regresa os próximos días aos adestramentos na cidade herculina.

A súa seguinte cita deportiva a preparar será afrontar un encontro contra un dos seus rivais directos na loita pola permanencia na segunda fase na Primeira División Nacional Feminina de Fútbol sala. O cadro herculino disputará a primeira xornada aprazada do subgrupo D, o sábado 1 de maio de 2021 ás 19:30 horas no Polideportivo Municipal da Granadilla (Majadahonda – Madrid) visitando ao Raio Majadahonda Afar 4 FSF.

Os resultados desta xornada foron:

  • Sala Zaragoza vs Cidade de As Burgas    4 – 2
  • Universitat d’Alacant vs CD Leganés FSF  7 – 3
  • Xaloc Alacant vs Penya Espugues AE     0 – 3
  • Bodegas Sommos Intersala vs Viaxes Amarelle FSF   3 – 3
  • Rayo Majadahonda vs Gran Canaria FSF Teldeportivo   Aplazado

FICHA TÉCNICA

BODEGAS SOMMOS INTERSALA PROMESAS: María de Val; Ana Sanz, Sara de Oliveira, Cristina Marín e Marta García – quinteto inicial-. Tamén xogaron: Izarbe (segunda porteira), Cris, Lucía Vicente, Titina e San.

VIAXES AMARELLE FSF:  Leti Rojo; Patri Romaní, Cris Lourés, Candela Soria e Ana Escribano – quinteto inicial-. Tamén xogaron: Patri Corral, Yaiza, Lau Doce, María Gómez e Tana.

GOLES: 1-0 Titina (min. 1); 1-1 Patri Romaní (min. 2); 1-2 María Gómez (min. 21); 1-3 Patri Corral (min. 28); 2-3 San (min. 36); 3-3 Lucía Guillén (min. 39)

ÁRBITROS: Óscar Alonso Montesinos e Tomás Santander Flamarique. Recibiron tarxeta amarela Cris Lourés, Ana Escribano e o delegado do Viaxes Amarelle FSF, Diego Rodríguez e Sarah no Intersala.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á quinta xornada del Subgrupo D de la Primera División Nacional Femenina de Fútbol Sala da RFEF disputado o sábado, 24 de abril, no pavillón Municipal de La Granja.

Etiquetas Amarellefútbol salafutsalIntersala PromesasPrimeira División de Fútbol SalaPrimera División de Fútbol Salaviaxes amarelle
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

Así toma corpo o Poio Pescamar FS 2025-26

por Redacción As Nosas
13/07/2025
0

  O Poio Pescamar FS leva tempo dándolle forma e corpo ao grupo de xogadoras que na tempada 2025-26 estarán...

Belén Feal, nova adestradora do Burela FS / BURELA FS

Belén Feal é a nova adestradora do Burela FS

por Redacción As Nosas
11/07/2025
0

  A nova adestradora do Burela FS, Belén Feal, afronta o reto de adestrar ás Guerreiras Laranxas con ilusión: “Para...

CD Burela FS recibirá apoio da Xunta de Galicia a través dun patrocinio de Turismo de Galicia / CD BURELA FS

Turismo de Galicia apoia ao Burela FS cun contrato de patrocinio de 30.000 €

por Redacción As Nosas
08/07/2025
0

    "Esta colaboración, a través de Turismo de Galicia, contribúe á estabilidade económica do club e enmárcase na aposta...

Futbolistas do Burela FS logo de quedar eliminadas na quenda de penalties das semifinais da Liga Iberdrola FS 24-25 / SABELA BLANCO - CD BURELA FS

O Burela FS cae nos penaltis (4-4 e 6-7) nas semifinais da Liga Iberdrola FS co Futsi Atlético Navalcarnero

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  As mariñás do Burela FS lograron igualar un 0-4 no segundo tempo, pero non foron capaces de remachar a...

Selección Española futsalfem, campioa nos Xogos Sordolímpicos coas galegas Candela Soria e Eva Dios/ FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE DEPORTES PARA SORDOS

Candela Soria e Eva Dios acudirán coa Selección Española de fútbol sala ao Campionato do Mundo para persoas xordas

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  Dúas fútbolistas galegas, Candela Soria e Eva Dios, repiten coa Selección Española de fútbol sala para persoas sordas que...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

Así toma corpo o Poio Pescamar FS 2025-26

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

Así toma corpo o Poio Pescamar FS 2025-26

13/07/2025
Chapela-Wofco venceu a Bandeira Feminina Virxe do Carme no O Grove / LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

Chapela-Wofco imponse por partida dobre en Pedras Negras

12/07/2025
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

11/07/2025
Belén Feal, nova adestradora do Burela FS / BURELA FS

Belén Feal é a nova adestradora do Burela FS

11/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.