A unión entre Alicia Villegas e o Durán Maquinaria Ensino remata despois dunha accidentada tempada. A catalá só puido competir en catro partidos deste curso debido a unha lesión no ligamento cruzado anterior e cara a próxima tempada desvincúlanse do equipo galego.
No inicio de tempada, Villegas participou en todos os partidos, cunha media de sete minutos por encontro, nos que anotou nove puntos, a metades deles desde o tiro libre e nos tiros de dous. Pero a base do Ensino non puido competir máis.
A catalá lesionouse no partido ante o Lointek Gernika Bizkaia do pasado 10 de outubro, e as probas médicas posteriores deron o peor resultado posible: unha fractura do ligamento cruzado anterior e do menisco do xeonllo dereito. Esta lesión impediu que Villegas retomase a competición no que restou de tempada.
Na seguinte xornada, todas as súas compañeiras rendéronlle homenaxe, mandándolle unha mensaxe de apoio para a súa recuperación.
Ey @alivillegass, hoy va por ti.
La recuperación será lenta, pero seguro que vuelves más fuerte, nosotros estaremos esperando. pic.twitter.com/GQ4ciqLF5Z
— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) October 31, 2020
Agora, Villegas marchará de Lugo sen ter competido máis coas galegas, A base xa tiña experiencia coa camiseta lucense, xa que esta tempada supoñía a súa volta ao Ensino, co que xa xogara na 2017/2018 cando o equipo militaba na Liga Feminina 2.
O club despediuse da xogadora agradecéndolle “a profesionalidade que sempre tiveches” e o seu aporte ao equipo. O Ensino desexoulle ademais “os maiores éxitos profesionais e persoais no futuro e, sobre todo, unha completa recuperación para que podas demostrar o teu baloncesto”.
Día duro de novo, día de despedida.@alivillegass gracias por todo y hasta pronto… pic.twitter.com/kf3c6UQ3cL
— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) May 27, 2021