• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

A alianza de forzas que formou o club referente no atletismo en Ourense

A unión de tres dos clubs máis representativos da provincia tivo como resultado a formación do Club Atletismo Ourense | Tras unha década de ausencia, o conxunto ourensán volveu a participar en 2021 na Liga Nacional por equipos, acadando o terceiro posto na segunda división da categoría feminina absoluta

Iñigo Rolán por Iñigo Rolán
31/12/2021
en Atletismo, Máis Deporte
Ourense Atletismo, 3º Campeonato de España Clubes Segunda División Final B1 Mujeres

Ourense Atletismo, 3º Campionato de España Clubs Segunda División Final B1 Mulleres

675
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O lema “a unión fai a forza”, baseado nas verbas en latín “concordia res parvae crescunt” do escritor romano Salustio, é empregado en moitos ámbitos da nosa vida. En 2003, tres dos clubs máis representativos de Ourense decidiron seguir esta idea e unirse para acadar un obxectivo: poder competir nas mesmas condicións con outros clubs autonómicos e nacionais.

A historia do club

O Club Grupo Academia Postal, o Club Pavillón Subita e o Club Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar formalizaron unha nova entidade que, por acordo das tres directivas, pasaría a chamarse Club Ourense Atletismo Academia Postal e estaría presidido por Francisco Nóvoa Rodríguez.

Esta unión resultou moi beneficiosa xa que os e as atletas máis importantes de cada un dos tres equipos pasaron a formar parte dun mesmo proxecto. Deste xeito, o primeiro ano de vida da nova asociación o equipo masculino acadou o ascenso a División de Honra, mentres que o feminino se quedou a piques de conseguilo.

Ata o 2012, o Club Ourense Atletismo Academia Postal mantivo as súas dúas seccións nas dúas máximas categorías a nivel nacional, gañando máis de 1.600 medallas en todas as competicións disputadas e enviando a varios atletas a Xogos Olímpicos: Santiago Pérez Alonso, Marta Míguez, Jorge Silva, Lorena Luaces ou Alfonso Palomanes son os nomes máis destacados desta etapa.

As dificultades económicas que rodearon a toda a sociedade durante os primeiros anos da segunda década do século XXI tamén afectaron ao club e aos seus patrocinadores. A perda de apoio do Grupo Academia Postal motivou a renomeamento como Club Ourense Atletismo, o cambio nos obxectivos deportivos e a elección dun novo presidente, José Antonio Álvarez Pérez, que actualmente continúa ao cargo da directiva.

A partir desde momento as categorías base convertéronse en prioridade para o club coa intención de formar a novos atletas con fin de consolidar, a medio e largo prazo, o futuro deportivo do equipo. Ademais, tamén se crearon novas seccións, como as de Triatlón, Montañismo e Deporte Adaptado.

2021, fin a unha década sen participación na Liga Nacional de equipos

O 13 de xuño de 2021 o Club Ourense Atletismo puxo fin a dez anos se competir na Liga Nacional. O equipo feminino absoluto da entidad formou parte dun dos grupos da Segunda División, onde se subiu ao terceiro chanzo do podio, todo un logro despois de tanto tempo sen estar nunha competición deste nivel.

Ourense Atletismo, 3º Campeonato de España Clubes Segunda División Final B1 Mujeres
Ourense Atletismo, 3º Campionato de España Clubs Segunda División Final B1 Mulleres / Club Ourense Atletismo

A nivel autonómico, en torneos por equipos acadáronse outros catro podios máis: na sección feminina, o absoluto conseguiu o terceiro posto, mentres que o igual que o sub-20 e o sub-12 foron segundos. Por outra banda, os atletas sub-14 masculino tamén acadaron o segundo posto a nivel galego.

José Antonio Álvarez Pérez, presidente do Club Ourense Atletismo: “No feminino hai máis nivel, como se puido ver na Liga Nacional, á que só foi o equipo de mulleres”

O presidente do club, José Antonio Álvarez Pérez, destaca que o equipo feminino de atletismo é agora a prioridade da directiva. “No feminino hai máis nivel, como se puido ver na Liga Nacional, á que só foi o equipo de mulleres”, afirmou o directivo.

Edymar Brea, a atleta máis destacada do Club Ourense Atletismo

A atleta venezolana pertencente ao equipo ourensán conseguiu dous ouros a nivel internacional, alzándose coa vitoria nas probas de 5.000 e 10.000 metros lisos no Suramericano de Atletismo celebrado en Guayaquil o pasado maio. Ademais, no campionato estatal celebrado en Torrevieja en maio pulverizou o récord do seus país nos 10.000 metros, conseguindo unha marca de 33.09,93 e o segundo posto.

Edymar Brea, bicampóna nos 10 km e 5 km no campionato Suramericano de Atletismo / Club Ourense Atletismo
Edymar Brea, bicampioa nos 10 km e 5 km no campionato Suramericano de Atletismo / Club Ourense Atletismo

En categorías inferiores o nome a destacar neste club ourensán é o da deportista Blanca Pereira, que se proclamou campioa de España no 2021 na modalidade de lanzamento de martelo. Blanca obtivo tamén varios podios e chegou a competir a nivel internacional representando a España.

Blanca Pereira, campioa de España sub-18 no 2021 en lanzamento de martelo / Club Ourense Atletismo
Blanca Pereira foi campioa de España sub – 18 no ano 2021 en lanzamento de martelo / CLUB OURENSE ATLETISMO

Dentro da sección máster o nome a destacar é o de Rubén Diz que foi campión nacional M40 nos 10.000 metros e segundo nos 5.000 metros. Tamén é salientable a achega doutro deportista, Alejandro Fernández. Neste caso falamos dun atleta que conseguiu a medalla de prata nos 10 km en ruta dentro da categoría máster M35.

En conxunto, en todas as competicións individuais nas que participaron atletas do Club Ourense Atletismo conseguíronse 128 medallas, sendo dúas delas (as de Edymar Brea) a nivel internacional, oito a nivel nacional e 118 a nivel autonómico.

Deporte e valores sociais, unidos da man

“Aínda que coa pandemia se paralizou todo un pouco, a sección de deporte adaptado é moi importante para nós”, afirmou o presidente, José Antonio Álvarez, engadindo que desde se creou esa parte do club “sempre intentamos acoller a todas as persoas que demostraron interese sobre o atletismo, axudalas e sobre todo, integralas”.

José Antonio Álvarez, presidente do Club Ourense Atletismo: “Aínda que coa pandemia se paralizou todo un pouco, a sección de deporte adaptado é moi importante para nós”

José Antonio Álvarez Pérez, presidente do Club Ourense Atletismo / Club Ourense Atletismo
J. A. Álvarez Pérez, presidente do Club Ourense Atletismo / Club Ourense Atletismo

Alejandro Montero foi o atleta máis importante nesta sección (posto que na actualidade non compite para o club ourensán), xa que foi seleccionado varias veces pola Federación Española de Discapacitados Intelectuais, para representar a España e conta con varios títulos a nivel nacional e internacional.

A difusión deste deporte tamén é outro dos obxectivos desta directiva, facendo xornadas de portas abertas e visitas as colexios e institucións para que a rapazada o coñeza, probe e se una. E se este proxecto comezaba cunha unión de varios equipos, a día de hoxe continúan con esta labor.

Todos os anos ofrecen a equipos da provincia de Ourense, pero tamén doutras provincias galegas, a posibilidade de crear acordos de colaboración entre eles, co obxectivo de axudar a clubs máis pequenos cos seus medios. “Hai algúns que se van, outros que veñen, pero coa maior parte temos moita afinidade e sempre acabamos renovando estes contratos”, sentencia o presidente, José Antonio Álvarez.

 

Etiquetas atletismoBlanca PereiraClub Ourense AtletismoEdymar Breaourense
Comparte3Chía2
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

por Redacción As Nosas
28/07/2026
0

Grande actuación do atletismo galego no Campionato de España absoluto de atletismo celebrado en Málaga esta fin de semana. Galicia...

Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

As galegas Antía Chamosa e Aldara Meilán asinan a medalla de prata e a de bronce, respectivamente nos 10.000 metros...

Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

A  alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey, avanzou hoxe os primeiros detalles da próxima C10, a carreira popular máis...

Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

A expedición galega de 37 atletas, asinou unha excelente actuación no Campionato de España Sub23, celebrado esta pasada fin de semana...

A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Un total de 38 atletas de Galicia vanse desprazar esta fin de semana ata a Cidade Deportiva da Xunta de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.