• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

Álex Centeno: “Galicia foi pioneira no fútbol feminino e a nai, a madriña… chámalle como queiras, foi Irene González Basanta”

O xornalista coruñés fai un percorrido pola historia do futfem galego na obra ‘Las diez mil hijas de Irene’ que edita LAR

Silvia Carregal por Silvia Carregal
11/04/2023
en Fútbol, Máis fútbol
Álex Centeno, xornalista, é autor do libro 'Las diez mil hijas de Irene' / SABELA MOSCOSO

Álex Centeno, xornalista, é autor do libro 'Las diez mil hijas de Irene' / SABELA MOSCOSO

173
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Irene González Basanta está considerada un alicerce fundamental do futfem galego e estatal. A ela adícase o libro ‘Las diez mil hijas de Irene’ que escribe o xornalista coruñés Álex Centeno.

Pioneira entre as pioneiras, a porteira coruñesa, creadora do Irene FC, capitá dun equipo de balompé e futbolista na época dos anos vinte do século pasado, esta herculina é un referente para as mulleres galegas que aman esta modalidade deportiva.

Nos últimos anos, logo dunha etapa no olvido colectivo, estase a recuperar a súa figura. Froito diso téñense publicado libros como Irene y las puertas del fútbol. Historia de una pionera, obra que asinan man con man dous xornalistas herculinos: Rubén Ventureira e Juan Luis Rodríguez Cudeiro. Ocúpanos hoxe nesta entrevista a última obra escrita que fai referencia á figura de Irene González Basanta. Neste caso ela aparece como inspiradora das seguintes xeracións de mulleres do futfem galego. Falamos do libro ‘Las diez mil hijas de Irene’ escrito polo xornalista herculino Álex Centeno. Nel faise un repaso a historia de moitas mulleres que forman parte da historia do fútbol galego.

O recorrido que fai  Álex Centeno transita por moitos capítulos da historia do futfem en Galicia, desde a figura da citada porteira coruñesa Irene González, a Vero Boquete, Mari Paz Vilas, ou as xogadoras do Karbo entre das que están nomes como os de Inma Castañón, Pili Neira ou Lis Franco, por citar un trío de as futbolísticos dese equipo mítico, e chega ata o momento presente recompilando os nomes e apelidos das case 6.000 mulleres que nesta tempada 2022-23 contan con licencia da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF).

Alex Centeno, autor de 'Las diez mil hijas de Irene' xunto a representantes do Karbo / SABELA MOSCOSO
Alex Centeno, autor de ‘Las diez mil hijas de Irene’ xunto a representantes do Karbo / SABELA MOSCOSO

Como facemos en As Nosas, neste libro titulado ‘Las diez mil hijas de Irene’ as protagonistas son tantas e tantas mulleres que son parte imprescincible do que acontece ao redor do esférico, sobre o tepe, pero tamén no vestuario, no ximnasio… As protagonistas son xogadoras, adestradoras, árbitras, sanitarias, utilleiras… Todas elas son, dalgúns xeito, fillas da porteira Irene, a pioneira do futfem en Galicia.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de As Nosas Xornal Deportivo (@asnosasdeportes)

De todas esas mulleres bravas do deporte galego, pero máis en concreto do fútbol, falan as páxinas deste libro que edita LAR Libros e que relata cen anos de futfem galego. En definitiva ‘Las diez mil hijas de Irene’ recolle a historia de As Nosas mulleres do fútbol en terras galegas. Sobre elas falamos co autor do libro, Álex Centeno. Velaí a conversa.

AS NOSAS: Quen son as de mil fillas de Irene?

ÁLEX CENTENO: As dez mil fillas de Irene son as dez mil loitadoras que desde Irene González Basanta, nos anos vinte, ata agora, puxeron o seu grao de area para que o fútbol femenino acadase un alcance, hoxe en día ten un certo recoñecemento pero que aínda falta moito.

A.N.: Por que ese número, por que dez mil?

ÁLEX CENTENO: É unha alegoría. Agora mesmo hai na Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) hai preto de 6.000 licencias de xogadoras, adestradoras, árbitras, utilleiras… Se botamos a mirada cara a atrás un século ben poideran ser 10.000 esas mulleres. Pero basicamente é unha alegoría, un número redondo.

Álex Centeno: “Sen Irene é posible que non existise o fútbol femino galego”

A.N.: Mirando as páxinas deste libro observamos que hai fillas de Irene, pero tamén netas. A semente de Irene González Basanta foi robusta e agromou forte no fútbol galego, non si?

ÁLEX CENTENO: Sen Irene González Basanta é posible que non existise o fútbol feminino en Galicia. Irene González foi unha muller avanzada nos seus tempos. Foi unha pioneira como moitas outras pioneiras en Galicia.

A primeira árbitra de España é galega.  As primeiras catro adestradoras son galegas. A primeira muller española en gañar unha champions é galega, Vero Boquete.

O primeiro club campión de España de fútbol é o Karbo, que provén dun barrio humilde da Coruña. A primeira selección autonómica que se proclamou campioa de España foi a de Galicia.

A día de hoxe o único futbolista español (home ou muller e de calquera categoría) en conseguir sete goles nun partido internacional coa Selección Española, foi Mari Paz Vilas, tamén galega. Así que Galicia foi pioneira no fútbol feminino, e a nai, a madriña… chámalle como queiras, foi Irene González Basanta.

Álex Centeno: “Foi unha pioneira como moitas outras pioneiras en Galicia. A primeira árbitra de España é galega.  As primeiras catro adestradoras, galegas. A primeira muller española en gañar unha champions, galega. O primeiro club campión de España de fútbol é o Karbo. A primeira selección autonómica que se proclamou campioa de España foi Galicia”.

A.N.: Sendo coñecida no seu tempo, é curioso como se perdeu a figura de Irene González durante un período importante da historia, non?

ÁLEX CENTENO: Perdeuse como se perderon tantas cousas. Alguén me preguntaba estes días nunha das presentacións de ‘Las diez mil hijas de Irene’ que fora o máis difícil de facer no libro. E o máis difícil é que a xente lembre as cousas, conseguir testemuñas. A xente co paso do tempo vaise esquecendo. Irene morreu con 19 anos, xogou moi pouquiño tempo ao fútbol. Foi unha figura importantísima, pero nun espazo moi reducido de tempo.

A.N.: Que queda do ADN – Irene no fútbol feminino actual en Galicia? Que resortes consideras que poden ter en común as mulleres que hoxe xogan ao fútbol con aquela Irene pioneira?

ÁLEX CENTENO: As gañas de facerse un oco no fútbol, de que se recoñeza o seu traballo, a paixón polo fútbol, e tamén a loita que segue habendo para que non exista discriminación.

A.N.: Se te tiveses que quedar con tres historias deste libro, con tres desas dez mil fillas de Irene, cales escollerías?

ÁLEX CENTENO: Teño me quedar con Vero Boquete polo que supuxo, por ser a primeira española en gañar unha Champions, por ser a prologuista do libro. Vero Boquete ten unha carreira como poucos homes galegos teñen unha similar!

Quédome tamén co capítulo do libro que fala das rapazas de Valga que sendo nenas loitaron polo seu dereito de xogar ao fútbol cos nenos estando prohibido. Conseguírono e grazas a elas, e á súa loita, hoxe hai equipos mixtos.

E logo quédome coa homenaxe que pretendo facer, non sei se o conseguín, a esas 6.000 mulleres con licenza na RFGF actualmente como xogadoras, adestradoras, doutoras, delegadas… ao final do libro están o nome e apelidos de todas elas, desas case 6.000 loitadoras que seguen hoxe en día, cada semana, dándolle patadas ao balón.

‘Las diez mil hijas de Irene. Cien años de fútbol femenino en Galicia’ presentouse na Coruña

Etiquetas Alex CentenofútbolIrene González BasantaLas diez mil hijas de Irene
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

12/05/2026
Representación de Galicia no podio da proba de 5.000 mts do Campionato de España categoría Sub-18 feminina, na que foi primeira Sabela Castelo, do Sanysec-Ourense e segunda, Paula Fernández da Sociedad Gimnástica de Pontevedra / RFEA

Cinco medallas para Galicia no Campionato de España de atletismo de 5.000 e 10.000 metros

12/05/2026
Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO

O Mecalia Atlético Guardés cae na final da Copa da Raíña diante do Super Amara Bera Bera (26-21)

10/05/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés métese na súa segunda final copeira contra vento e marea (20-24)

09/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.