Alejandra Neira revalidacou con enorme autoridade as súa camisola de campioa de de España júnior na proba contra o reloxo disputada en Sabiñánigo.
O Campionato de España de Estrada Elite-Sub23-Júnior de Sabiñánigo 2026 by Tu Provincia Huesca La Magia deu comezou coa disputa das primeiras contra o reloxo individuais, que coroaron a Mireia Benito, Benjamín Noval e Alejandra Neira como novos campións de España.
Sobre un percorrido de 18,6 quilómetros, Mireia Benito conquistou o seu cuarto cordón nacional consecutivo da especialidade contra o crono en categoría elite; mentres que entre os júnior as dúas grandes estrelas da categoría volveron a confirmar o seu extraordinario nivel con senllas actuacións brillantes que lles permitiron superar os seus rivais con gran diferenza.

Alejandra Neira repite no cumio do podio junior estatal
A xornada comezou cunha nova demostración de autoridade de Alejandra Neira na contra o reloxo júnior feminina. A galega, gran favorita ao triunfo, volveu a reivindicar o seu dominio dentro da categoría cunha actuación sobresaliente que lle permitiu revalidar o título que xa conquistou o pasado ano. Alejandra Neira parou o crono en 26:41, un tempo que mesmo lle permitiría asinar o quinto mellor rexistro na contra o reloxo elite-sub23 feminina. Un dato tremendo, tal e como destacan na RFEC.
A diferenza de Alejandra Neira respecto ao resto de corredoras foi enorme desde o primeiro punto intermedio e #ampliar aínda máis na segunda metade da crono. Ane Zubeldia foi segunda con 28:15.32, a 1.34 da campioa, mentres que Lidia Castro concluíu terceira con 28:24, a 1.43. Lluna Jiménez asinou unha gran cuarta posición, a 1.47, e Mirari Gotxi completou o top-5, a 2.02.





















