A futbolista galega Ale de Paz regresa ao Poio Pescamar logo de militar en clubs como o Pescados Rubén Burela (co que colleitou títulos) e o Marín Futsal no que militou no último curso.
Catro anos despois da súa saída, Ale de Paz, dobre campioa de Europa con España, retorna ás filas do Poio Pescamar. A entidade conserveira xa foi a súa casa no pasado durante nada menos que catro tempadas.
De Paz sumará a experiencia colleitada militando no Pescados Rubén Burela, onde xogou tres tempadas. Como Guerreira Laranxa, a futbolista de Neda gañouno todo.
Logo da súa etapa na Mariña lucense, Ale de Paz xogou no Marín Futsal, equipo do que procede e no que militou o último curso.
Ale de Paz ten xogado máis de 100 partidos co Poio
Segundo lembran desde o Poio Pescamar, a deportista de Neda chegou a defender a elástica vermella “en máis de 100 partidos de Liga entre os anos 2015 e 2019. Aos seus 28 años, reforzará a posición de á. Oxalá coa súa chegada siga a sumar títulos ao seu palmarés e polo tanto ao noso”, apuntan desde o Poio Pescamar.
Logo de 4 anos fóra, @AledePazG volve a Poio 🏡
Agardámoste coa camiseta vermella de novo 🤗#PoioPescamar pic.twitter.com/cskkX8WFee
— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) June 16, 2023