O Ourense Envialia B anuncia a renovación de Alba González, unha futbolista que, tal e como apuntan desde a entidade ourensá, “igual que Moraima levan unha vida ao noso lado”.
Relatan ao dar conta da renovación de deportista polo Ourense Envialia o equipo de Segunda División na campaña 2021-22, que tanto a propia Alba González, como Moraima, empezaron co equipo “hai xa moito tempo. Foi medrando ao noso lado e hoxe en día é unha xogadora con gran proxección. Moi nova e con experiencia xa nas súas zapatillas”.
“Alba representa os valores que desexamos transmitir”
Indican desde o Ourense Envialia B que Alba González “representa fielmente os valores que desexamos transmitir: educación, compromiso, compañeirismo… ademais das súas virtudes deportivas” entre as que salientan a “potencia, a competitividade e o traballo”.
Para o Ourense Enviala é “unha ledicia enorme seguir creando camiño xuntas e disfrutalo”.