• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

Alba Arias gaña a Copa Sub-23 e finaliza como terceira absoluta, mentres Arantxa González foi segunda en cadetes nunha nova proba da Copa de España de Enduro 2022

A Selección Galega acada seis títulos e oito podios en Castejón de Sos para despedir a Copa de España de Enduro máis galega

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
14/06/2022
en Máis Deporte, Sobre rodas
Seis títulos e oito podios en Castejón de Sos para despedir a Copa de España de Enduro máis galega / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO

Seis títulos e oito podios en Castejón de Sos para despedir a Copa de España de Enduro máis galega / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO

160
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A Copa de España 2022 ratificou ao Enduro galego como a gran referencia desta especialidade a nivel estatal. Na cita, Arantxa González foi segunda entre as cadetes nesta proba, e Alba Arias pese a ter caído nesta cita, rematou como campioa da Copa dentro da categoría Sub-23 e foi terceira na absoluta.

A armada da nosa comunidade exhibiu o seu potencial dende o inicio do certame e na última cita, celebrada esta fin de semana no Pirineo oscense, obtivo oito podios e certificou seis títulos. Un festival autonómico do enduro galaico no que participou a Selección de Galicia, acudindo con once promesas á Puro Pirineo, tal e como informa a Federación Galega de Ciclismo

En canto á representación feminina do combinado autonómico, Arantxa González acadou o segundo posto nas cadetes, mesma posición que se apuntou na xeral da Copa.

A outra rider que competiu na Puro Pirineo coa camisola de Galicia, a sub23 Alba Arias, chegaba co título da súa categoría garantido matematicamente. En Castejón sufriu unha caída no segundo treito cronometrado e, malia que o contratempo lle deixou danado un pulso, non se rendeu. Finalizou cuarta no seu grupo de idade e sétima scratch, manténdose terceira na táboa absoluta do certame estatal e levando o título na categoría de Sub-23.

Despois de que Galicia acollera as dúas anteriores xornadas, en Moaña e en Mugardos, a Copa de España baixou o pano en Castejón de Sos co seu cuarto e último evento da temporada. Unha das incógnitas a despexar na provincia de Huesca era a do gañador absoluto da xeral e dous galegos chegaban á fronte da táboa. O elite Mauro González (Salvaterra) defendía 17 puntos de marxe sobre o sub23 Nicolás Carrera (Team Justbikes).

O escenario da derradeira batalla atopábase en altura, dado que a localidade de Castejón está 900 metros por riba do nivel do mar e é o punto máis baixo do circuíto. Nun día caloroso, a carencia de osíxeno nas partes máis altas podía pasar factura nun percorrido de 30 quilómetros, con catro treitos cronometrados, e no que se acumulaban 1.400 metros de desnivel.

O remonte inicial presentaba unha pendente considerable, pero facíase levadío ao rodar sobre asfalto. Ese inicio conducía ao primeiro treito cronometrado, un sector novo na Puro Pirineo e lento. Entre árbores, e con moitos pasos técnicos, non había marxe de erro. Quen mellor se adaptou a esas condicións foi o elite canario Edgar Carballo (Vadebicis), superando a Carrera. Pola súa banda, González marcou o quinto mellor tempo scratch e víase obrigado a reaccionar.

Ao segundo tramo accedíase logo dun remonte moi duro e a pendente das ramplas incluso obrigou a baixarse da bicicleta á maioría dos participantes. Neste TC alcanzábanse velocidades máis altas que no anterior, cunha parte final de rochas esvaradías e na que había que soltar os freos. Un parcial que se facía moi longo e que pasaba factura nos brazos. Estas condicións non impediron que Carballo marcase o mellor rexistro, mentres que González lograba un cuarto posto, por detrás dos galegos Marco Veiga (CiclosQuintena) e Santos Lemos (Grupeta Pan de Zarko), que lle permitía situarse por diante de Carrera, quinto neste tramo.

O sub23 vigués aínda non dixera a última palabra. Tras un terceiro remonte na súa maioría por asfalto e onde os participantes xa ían máis tocados para subir con garantías, o TC3 caracterizouse polas curvas pechadas e as pedras soltas. Carrera fixo segundo, só batido por Carballo, e recortáballe pouco máis de 1″a González, chegando practicamente igualados ao último sector.

Un remonte e un treito moito máis curtos que os anteriores ían ditar sentenza na xeral absoluta da Copa, un desenlace que de súpeto se viu alterado por unha forte treboada de auga e sarabia. Baixo esas condicións competiron os riders do top-50 e os dous que máis se xogaban foron os que máis arriscaron. González selou o seu triunfo cun scratch por diante de Carrera. O mellor tempo parcial do rider do Salvaterra outorgoulle ademais o segundo posto na Puro Pirineo, a 21″ do gañador Carballo.

A terceira posición da xornada ocupouna o elite naronés Veiga e outros dous galegos terminaron entre os cinco primeiros. Carrera, vencedor entre os sub23, fixo cuarto e Santos Lemos, primeiro máster-30, clasificouse quinto. No seu grupo de idade tamén triunfou José Manuel López Vaqueiro (X Bikes).

Selección Galega Enduro

Á nómina de podios autonómicos nesta cita de enduro houbo que engadir tres da Selección Galega para esta modalidade ciclista de enduro. Nos juniors, André Martínez concluíu segundo, un resultado que non lle serviu para manter a camisola de líder. Pau Olm (Vic) anotouse o triunfo en Castejón por 5″ de diferenza e o empate a puntos no máis alto da xeral deulle o título. Do mesmo xeito, Guillermo Loureiro, sexto; Yeray Barral, oitavo; e Marcos Estévez, noveno; metéronse no top-10 xuvenil coas cores do combinado da Federación Ciclismo Galego.

A Selección de Galicia subiu ao máis alto do caixón nos cadetes. Raúl Romero gañou con 7″ de marxe sobre o madrileño Bruno Jiménez (Racing Team) e entre os dez primeiros acabaron catro riders máis de Galicia: quinta praza para Uxío Atrio, sétima para Iván Zurita, oitava para Hugo Rosendo e décima para Yerai Peláez.

En total, o Enduro galego pechou a Copa conquistando seis dos catorce títulos en xogo: o absoluto e o elite de Mauro González, os sub23 de Nicolás Carrera e Alba Arias, o máster-30 de Santos Lemos e o máster-40 de José Manuel López Vaqueiro.

O vindeiro reto será o Campionato de España, o 16 de outubro en La Adrada (Ávila).

  • Clasificación Puro Pirineo 
  • Sección da Copa de España de Enduro
Etiquetas Alba AriasArantxa GonzálezBTTciclismoCopa de Españaenduro
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Lorena Patiño no podio / RFEC - LUZ IGLESIAS

Lorena Patiño acada o 2.º ouro da Selección Galega no Campionato de España de Ciclocrós

por Redacción As Nosas
11/01/2026
0

O Campionato de España de Ciclocrós 2026 pechouse este domingo con catro carreiras e en todas elas houbo presenza galega...

Laura Mira, na Copa Galicia de ciclocrós / LUZ IGLESIAS

Coñece o calendario das 10 probas da Copa Galicia de Ciclocrós vén pedindo paso coa chegada do outono

por Redacción As Nosas
02/10/2025
0

  O outono vén de comezar e o ciclocrós comeza a pedir a paso. A conta atrás para o inicio...

Xornada de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego en Miño da que saíu a lista da Selección Galega / FCG

Unha ducia de riders compoñen a Selección Galega para o Campionato de España de Pump Track en Monzón

por Redacción As Nosas
01/10/2025
0

  Doce riders representarán á Selección Galega o 11 de outubro no Campionato de España de Pump Track que este ano...

Alejandra Neira co resto da Selección Española junior ciclismo composta polas corredoras Paula Ostiz, Lidia Castro, Leyre Almena e Irati Aranguren maila seleccionadora Gemma Pascual / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

A junior Alejandra Neira amosa un gran nivel no Mundial de Kigali sendo debutante

por Redacción As Nosas
30/09/2025
0

  Un Mundial dos máis esixentes da historia confirmou que o ciclismo galego pode presumir de ter a dúas das...

No podio da IV XCM Audi Selection Plus - Concello de Piñor que se integra na Copa de Galicia de XCM estiveron Lara Lois, Mar Delgado e Raquel Román / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO

Lara Lois e Ángel Maneiro, vencen na proba de Piñor da Copa Galicia XCM

por Redacción As Nosas
30/09/2025
0

  Lara Lois impúxose con claridade ás súas rivais na IV XCM Audi Selection Plus - Concello de Piñor. A proba...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.