Ainoa Calviño Rabón, integrante do Club CR Sport Horse, obtivo este fin de semana a medalla de bronce no Campionato de España Clásico ao chegar á final coa egua Julieta do Amor. O campionato foi en Vejer de la Frontera nas instalacións da Sunshine Tour.

A amazona de Abegondo chegou á final onde realizou un gran percorrido sen derribas, nun circuíto marcado polo xuíz internacional Isidro Suarez, sobre 11 obstáculos cun triplo, vertical/fondo/vertical a 2 e 1 tranco e un dobre vertical/fondo.
Este resultado valeulle a Ainoa Calviño Rabón para pasar ao desempate xunto con 6 xinetes pola prata e o bronce. A amazona abegondesa saíu de segunda e marcou un bo ritmo no trazado, 34,02, só sendo pasada pola última amazona, podendo así proclamarse medalla de bronce.
Esta medalla ten moito mérito xa que Ainoa Calviño deixou de montar hai tres anos polos estudos e hai un mes que volvera ás pistas. O pódium estivo composto por:
- Medalla de ouro: Leticia Ortiz con Cawawanta.
- Medalla de prata: Isabel Soriano con Hermione Van´t Bijlebos.
- Medalla de bronce: Ainoa Calviño con Julieta do Amo.






















