O gol do triunfo do Dépor ABANCA ante o Alhama CF levou o selo de Ainhoa Marín. Unha internada en velocidade desde a banda da futbolista catalá e un tiro cruzado con forza que bateu á porteira visitante. A deportista amosábase feliz ao terminar o encontro e falaba en rolda de prensa ante os medios dun conxunto que é un bloque unido que traballa polo obxectivo final, que vai partido a partido, pero non dá ningún encontro por perdido. “Imos ir a por todas” dicía Ainhoa Marín na sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo.
AS NOSAS: Sumouse de tres, marcas un gol, todo semella felicidade, festa e moita ledicia dentro do vestiario, non si?
AINHOA MARÍN: Si, a verdade é que estamos moi contentas. É unha vitoria moi necesitada, sobre todo despois do parón. Nótaseme na cara que estou radiante de felicidade. Estes tres puntos creo que eran moi necesarios e o equipo está moi feliz.

AS NOSAS: Vésevos felices tamén como bloque. Viamos ese festexo polos 100 partidos de Lía Muiños… Vésevos moi unidas e conscientes do papel que lle toca a cada quen nun momento determinado, pero tamén sodes un bloque que traballa unido por un obxectivo final. Non sei se é así realmente ou é como ou percibimos desde fóra. Vívese así non vestiario?
AINHOA MARÍN: Si, realmente é que calquera cousa querémola celebrar. Calquera cousa boa que lle pase á compañeira querémolo celebrar porque sentimos ben así, porque somos un grupo moi bo, moi unido e que sabemos que esa é a maneira de chegar onde queremos chegar.
AS NOSAS: Védesvos máis preto do obxectivo final ou ides partido a partido como se adoita dicir nestas situacións?
AINHOA MARÍN: Pois a verdade é que imos partido a partido, desde a tranquilidade estamos moi tranquilas. O equipo sente que non admitimos ningunha perda e iso nótase no campo. Queremos ir a por todas. O obxectivo é sempre gañar e, se non se dá, hai que dalo todo para que sexa así.

AS NOSAS: Afondando non que comentabas de que o obxectivo está aí, na porta, se sacades eses partidos que quedan máis preto como Barcelona B, CD Fundación Osasuna Feminino ou Unión Esportiu Europa estades aí case tocando ou obxectivo coa punta da man…
AINHOA MARÍN: Si, a ver, van ser bastante importantes o do Barcelona… veremos esta semana como como o imos a traballar, como, como o imos a expor. Imos semana a semana, é dicir, o equipo, o staff… estamos traballado bastante ben todo, aprendendo todo dun modo bastante claro, dándolle ás xogadora mensaxes claras e concisas, e iso ao final faiche, que poidas estar preparada para para logo saír ao campo e saber cada unha o que ten que facer. E ves que realmente partido a partido estamos bastante tranquilas, seguras e despois de traballar na semana eu creo que a clave é que nos preparamos.
Ainhoa Marín, futbolista do Dépor ABANCA: “Traballamos ben todo, aprendendo dun modo bastante claro, dándolle ás xogadora mensaxes claras e concisas, e iso ao final faiche, que poidas estar preparada para para logo saír ao campo e saber cada unha o que ten que facer”
AS NOSAS: O gol do partido marcáchelo nunha dás túas xogadas habituais, entrando desde a banda e entrando cara a dentro.
AINHOA MARÍN: Si, de feito é que todos os meus goles están a ser así desde que vin ao Dépor. Pero facía tempo que igual eu tampouco facía ese desmarque a área e se cadra que ninguén mo tiraba. Alégrome moito de ter alí a Lucía Martínez. Levaba un par de accións dicíndome que me metese para que me dese ese pase. Fixo un pase moi bo. Paréceme un pase dunha xogadora de Primeira División. Medio gol é seu. Eu ao final corrín e quixen cruzar con todas as miñas forzas e así foi. Estou bastante contenta
AS NOSAS: Hoxe marcabas ou teu gol 25 co Dépor e hai unhas semanas igualabas ou número de partidos de Alba…
AINHOA MARÍN: Non sabía nada disto. Pero alégrame, alégrame sumar aquí, alégrame estar aquí. Estou moi contenta, moi agradecida. Iso reflíctese logo no campo, no que unha xogadora fai en que sente participe de todo. Eu realmente vin aquí buscando iso e atopeino.