A vindeira fin de semana o HC Raxoi organiza unhas Xornadas de Tecnificación e Empoderamento en Santiago de Compostela. O club galego de hoquei a patíns conta coa colaboraciónda Federación Galega de Patinaxe. Na cita estará a seleccionadora estatal feminina, Ainhoa García.
A adestradora da Selección Española conta no seu palmarés como xogadora co título de campioa da OK Liga, Copa da Raíña e Copa de Europa, segundo lembra na súa información o club compostelá,
Está previsto que esta actividade, organizada polo HC Raxoi, se leve a cabo do os días 10-11-12 no Pavillón de Vite de Santiago de Compostela.