• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Opinión

Aínda queda moita liga na igualdade, pero hai esperanza

Hugo Hernández

Hugo Hernández por Hugo Hernández
04/04/2022
en Opinión
107
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O que ocorreu en Barcelona a semana pasada non pode quedar na anécdota. Os meus fillos, aínda en Primaria, preguntáronme onde podían gozar do clásico e eu, plenamente ignorante da competición futbolística, espeteilles que non había ningún enfrontamento entre Barça e Madrid. Díxenlles que ese partido xa se xogou. Eles, incrédulos, repetíronme a pregunta, pero esta vez apostilaron que se referían ao clásico feminino, á volta de cuartos de final da Champions League que disputaban os dous clubs antagónicos por excelencia no Camp Nou.

Nese momento sentín un profundo ridículo que se mesturou cun orgullo estraño que non sabía como expresar. Apresureime a acender o televisor e a buscar a canle polo que emitían o duelo europeo. En canto apareceu a imaxe quedei xeado. Pensei por un segundo que era eu quen estaba no certo. Non me podía crer que houbese 90.000 seareiros nunha competición feminina. Era, sen dúbida, un paso de xigante, unha fazaña sen precedentes.

Eles non entendían por que estaba tan sorprendido. Expliqueilles que esa imaxe significaba moito. “Están a cambiar cousas, afortunadamente, tamén no deporte profesional”, apuntei.

O fútbol, desde que teño memoria, sempre fora un deporte comandado por homes e cuxos mensaxes estaban dirixidos a homes. Un deporte no que non estaba ben vista a súa práctica polo sexo feminino. A ditadura do estereotipo minaba esta posibilidade e ata fai ben pouco os comentarios nas escolas cando unha compañeira daba patadas a un balón eran de todo menos amables.

O problema radica en que a pesar de que esas xogadoras foron capaces de encher o coliseo blaugrana aínda non cobran como os seus compañeiros da división masculina, non copan as portadas de Marca ou de As, por exemplo, e moitas delas aínda sofren algún tipo de discriminación. Por tanto, debemos alegrarnos da imaxe deste partido, pero coa cautela necesaria para admitir que aínda non é un deporte igualitario, polo menos no que respecta ao ámbito profesional.

O do mércores foi noticia, pero non é suficiente. Para valorar o impacto real deste fito é necesario facer un proceso de reflexión interna. Cantos partidos de fútbol feminino presenciamos? Que lle diriamos fai vinte anos a unha filla que quere deixar as súas clases de  ballet ou de ximnasia rítmica (de novo estereotipos sexistas) polo fútbol? E cantos de nós coñecemos os nomes de xogadoras de fútbol profesional?

É certo, no camiño á igualdade aínda queda moita liga, moitos pasos por dar, pero estamos no bo camiño. Que exista un xornal dixital como As Nosas é boa proba disto.

A imaxe do clásico do mércores tardou demasiado tempo en producirse, pero admitamos que todos fomos responsables. Todos. Ou seica alguén se queixaba pola inexistencia de informacións deportivas femininas nos medios de comunicación?

Por sorte para a nosa sociedade hai un anaco de esperanza. Un pequeno raio de luz. O vivido en Barcelona por máis de 91.500 persoas indícanos un xiro inesperado do destino.  O deporte feminino rompeu o seu particular teito de cristal. Hai unha década era absolutamente impensable que un equipo de fútbol feminino puidese encher o Camp Nou.

Aínda queda traballo. Aínda existe a desigualdade en todos os ámbitos da sociedade, non hai dúbida. Tamén no fútbol. Aínda que este fito, nun mundo tan masculino como o fútbol, ten unha simboloxía especial. Foi moito máis que un partido de fútbol. Foi unha batalla contra anos e anos de exclusión e discriminación.

Queda traballo. Aínda existe a desigualdade en todos os ámbitos da sociedade, non hai dúbida. Tamén no fútbol. Aínda que este fito, nun mundo tan masculino como o fútbol, ten unha simboloxía especial. Foi máis que un partido de fútbol. Foi unha batalla contra anos e anos de exclusión e discriminación.

A proba evidente desta esperanza, desa futura igualdade real tíñaa en casa.

Os meus fillos viviron con tanta emoción este partido como calquera outro e agora, cada vez que me pregunten, informareime mellor. Fareino por responsabilidade.

Etiquetas BarçafútbolHugo HernándezIgualdademadridopinión
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas
Hugo Hernández

Hugo Hernández

Licenciado en Comunicación Audiovisual na Universidade da Coruña (UDC) e Licenciado en Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Comezou a súa traxectoria como redactor publicitario en La Nuestra Comunicación e posteriormente formou parte da redacción do Ideal Gallego. Máis tarde foi responsable de prensa do Concello de Cambre ata que entrou a formar parte do equipo de Ártabra Comunicación xestionando diferentes gabinetes de comunicación institucionais ata que foi nomeado xefe de prensa do Concello de Coruña. Recentemente regresou a Ártabra Comunicación onde segue desempeñando diferentes tarefas de comunicación. Publicou diversos artigos deportivos e cinematográficos ao longo da súa carreira.

CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A Selección Galega, subcampioa de España campo a través con Joselyn Brea, Edymar Brea, Laura Santos, Ester Navarrete, Begoña Domínguez e Sofía Fernández / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Joselyn Brea, campioa de España absoluta de campo a través

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A Selección Galega, subcampioa de España campo a través con Joselyn Brea, Edymar Brea, Laura Santos, Ester Navarrete, Begoña Domínguez e Sofía Fernández / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Joselyn Brea, campioa de España absoluta de campo a través

30/01/2023
As cadetes María Filgueiras e Uxía Soto, prata e bronce respectivamente no Campionato de España de ciclocrós / FGC

María Filgueiras e Uxía Soto entran na lista da Selección Española para o Mundial de Ciclocrós

30/01/2023
Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, reuniuse con Francisco B. Ortega, catedrático da Universidad de Granada e principal experto do proxecto FIitBack Europe no que se integra DAFIS / XUNTA DE GALICIA

A plataforma DAFIS aglutina deporte e saúde

30/01/2023
Celebración do Burela, campión da Supercopa de España 2023 / BURELA FS

Quinta Supercopa de España de futsalfem para o Burela FS

29/01/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.