O Dépor ABANCA continúa unido na distancia. Como xa sabemos, estan realizando as tarefas propostas polo corpo técnico desde os seus domicilios nesta complicada situación provocada a causa do coronavirus. Pero non só queda ahí, ademais realizan tarefas grupais virtuais.
En forma de vídeo quixeron agasallar ás e os deportivistas. Andrea Seijo, a fisioterapeuta das branquiazuis pediulles que lle mandaran unha palabra, unha frase ou incluso un texto de como se estaban a sentir confinadas desde os seus fogares. Moitas de elas, como Tere ou Peke atópanse lonxe das súas familias.
Con estas verbas e frases de cada unha das xogadoras, Andrea compuxo este poema ao que tamén lle puxo a súa voz chamado Parar el tiempo.
Polo que xa coñecemos aqueles xogos mentais dos que falaba Manu Sánchez en rolda de prensa. “Son moitos días que vamos a estar sen vernos e estamos tratando de substituír ese contacto físico. Estamos realizando desde o móvil unha serie de xogos psicolóxicos. Os facemos a través de fotos e vídeos para sobre todo manter a unión do grupo”.
As deportivistas compartiron nas súas redes o vídeo
Estes catro minutos, escrito por elas, en verdade son as palabras que estamos a pensar todas e todos nós. Por iso a través das súas contas de Twitter, as deportivistas compartiron o vídeo.
A capitá do Dépor ABANCA, Miriam puxo o poema nas redes coa frase: “Cando os retos de equipos fan maxia”
https://twitter.com/miriamdepor7/status/1242551431305089024
Peke fixo o propio e acompañou o video baixo un emoticono dun corazón azul. Símbolo e clara referencia ao lema deste equipo: #UnÚnicoLatido.
https://twitter.com/ainizebarea/status/1242550606050492419
A lateral esquerdo deportivista, Nuria Rábado, non deixou pasar a ocasión e pedíu aos seus seguidores a través das súas redes que escoitaran o vídeo poema.
https://twitter.com/nuriaablanco11/status/1242557680780300289