• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Enxeñería aeronáutica e drons para axudar na puntuación de exercicios de ximnasia rítmica

Na UVigo desenvolven un sistema de localización de deportistas de ximnasia rítmica no tapiz de competición | A proposta é froito da colaboración entre persoal docente e investigador de Aeroespacial e Educación

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
29/03/2023
en Máis disciplinas deportivas, Máis Deporte
Guillermo Rey e Pedro Orgeira forman parte do equipo investigador deste proxecto de investigación ligado á ximnasia ritmica e á aeronáutica / UVIGO

Guillermo Rey e Pedro Orgeira forman parte do equipo investigador deste proxecto de investigación ligado á ximnasia ritmica e á aeronáutica / UVIGO

170
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • Un equipo de investigación da UVigo vén de artellar un sistema que axudaría na puntuación de exercicios de ximnasia rítmica rexistrando a ubicación no tapiz das deportistas, así como a traxectoria que realizan e a súa velocidade, todo iso grazas a un dron, tal e como informan desde a propia Universidade de Vigo

A determinación do uso dos espazos é de interese para a avaliación de moitas actividades artísticas e deportivas, como por exemplo para a puntuación dun exercicio. Neste contexto, un grupo interdisciplinar formado por persoal docente e investigador da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense, acaba de desenvolver un pequeno sistema de localización de deportistas de ximnasia rítmica no tapiz de competición empregando un dispositivo de posicionamento axudado por un dron.

Un dispositivo ubica ás ximnastas o tapiz e rexistra os seus movementos

Explican desde a UVigo, que o traballo foi un dos seis proxectos financiados polas Axudas a Grupos de Investigación do Campus de Ourense Inou 2022, que veñen de rematar a súa execución.

Estivo coordinado por Guillermo Rey, do Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais Atrg, e por María del Pino Díaz, do grupo de investigación en Didáctica Especial, de Actividade Física, Expresión e Creatividade HI6, que conta cunha dilatada traxectoria en psicoloxía e ximnasia rítmica. Completaron o equipo Pedro Orgeira, na parte de Aeroespacial, e Isabel Mociño e Lucía Casal, na parte de Educación.

Un pequeno dispositivo colócase no pelo das ximnastas para ubicalas en movemento sobre o tapiz durante os seus exercicios / UVIGO
Un pequeno dispositivo colócase no pelo das ximnastas para ubicalas en movemento sobre o tapiz durante os seus exercicios / UVIGO

O obxectivo do proxecto foi o deseño, desenvolvemento e proba dun sistema de localización de deportistas de ximnasia rítmica en tapiz de competición por medio de pequenos elementos de posicionamento que puidesen portar os e as competidoras. Perseguíase que o sistema fose de fácil despregamento en calquera tapiz, polo que se comezou buscando a utilización dunha solución embarcable en dron e que proporcionase a evolución do movemento das e dos ximnastas no seu exercicio deportivo, indicando localización, traxectoria e velocidade.

A ximnasia rítmica de conxuntos, recóllese no proxecto, é un deporte altamente competitivo que se desenvolve nun tapiz de 13×13 metros e no que interveñen normalmente cinco ximnastas. “A distribución que teñen no tapiz en cada momento, o emprego da área dispoñible, a interrelación dos seus movementos e o mantemento das distancias entre ximnastas é clave de cara á puntuación no capítulo de execución”, sinala María del Pino Díaz.

María del Pino Díaz, investigadora: “A distribución que teñen no tapiz en cada momento, o emprego da área dispoñible, a interrelación dos seus movementos e o mantemento das distancias entre ximnastas é clave de cara á puntuación no capítulo de execución”

Así como outros elementos de puntuación poden ser cuantificados de forma sinxela, engade, “a observación da utilización do espazo non é tarefa sinxela para as xuíces da competición que, a pé de pista, deben observar as evolucións de ata cinco ximnastas simultaneamente, analizando en vivo todos os elementos postos en xogo nas súas rápidas evolucións polo tapiz”.

Se ben noutros deportes coma o fútbol, indica o equipo do proxecto, “hai toda unha historia con respecto ao estudo dos movementos das e dos xogadores, incluso por medios automatizados, na ximnasia rítmica estas metodoloxías non existen, e non se teñen aplicado tecnoloxías doutros ámbitos ás necesidades concretas desta disciplina deportiva”.

Segundo indica a investigaicón: “Hai toda unha historia con respecto ao estudo dos movementos das e dos xogadores, incluso por medios automatizados, na ximnasia rítmica estas metodoloxías non existen, e non se teñen aplicado tecnoloxías doutros ámbitos ás necesidades concretas desta disciplina deportiva”

Á hora de levar a cabo o proxecto, o equipo investigador tivo que enfrontarse ademais a dous hándicaps principais: por un lado, a indumentaria das e dos ximnastas, que dificultaba a introdución de elementos de localización e identificación; e por outro, os requisitos de zonas de seguridade ao redor do tapiz. As condicións nas que desenvolver un posicionamento en tempo real eran polo tanto “moi restritivas” e a elas había que sumar o feito de que esta actividade se realiza en escenarios de interior, onde tecnoloxías coma o GPS non están dispoñibles.

Un pequeno dispositivo colocable no pelo das ximnastas xeolocalízaas a través dun dron

A pesar destas limitacións, no proxecto acadouse a localización de cinco ximnastas en tempo real, rexistrando as súas evolucións no tapiz de competición, identificando a cada deportista de xeito individual e ademais garantindo que a captura de datos posibilitase a posterior análise da información.

Para conseguilo, detallan Guillermo Rey e Pedro Orgeira, optouse polo emprego conxunto e coordinado dun sinxelo, pequeno e discreto dispositivo de posicionamento que, axudado por un UAV (dron) con elementos embarcados para o posicionamento en tempo real, representase unha alternativa económica, sinxela de despregar e factible neste ámbito.

A pequena infraestrutura deseñada, detalla Orgeira, “pode ser portada de xeito cómodo en calquera vehículo normal de competición a competición, e incluso poder ser empregada nos adestramentos polos equipos”.

O UAV afirma o equipo investigador, cumpre todas esas características de fácil portabilidade, pode permanecer en voo a punto estático a unha altura suficiente e sen necesidade de permanecer na vertical do tapiz para non ter a posibilidade de interacción cos altos lanzamentos que normalmente suceden nestas competicións. Por outra banda, engaden, “o dispositivo que axuda ao posicionamento e que ten que ser portado polas ximnastas é lixeiro, pequeno, e facilmente colocable no pelo (moño de competición)”.

Dispositivo que se colocarían no peiteado as ximnastas para que un dron poida ubicalas movéndose no tapiz / UVIGO
Dispositivo que se colocarían no peiteado as ximnastas para que un dron poida ubicalas movéndose no tapiz / UVIGO

No deseño do dispositivo, apuntan por último, tiveron en conta que múltiples competicións a diferente nivel (local, provincial, galego, nacional ou internacional) suceden ao longo do calendario en moitos pavillóns que non son específicos para a rítmica (canchas de baloncesto, polideportivos municipais, campos de fútbol sala) polo que non era “viable pensar que nesas instalacións, a miúdo prestadas para as competicións, poidan ter unha infraestrutura dedicada á localización das ximnastas para unha competición puntual”.

Se ben este primeiro traballo estivo máis centrado no desenvolvemento e proba da tecnoloxía a aplicar, o equipo agarda darlle continuidade o vindeiro curso abordando xa a súa aplicación no eido educativo.

Etiquetas AeronáuticadronInvestigaciónUVigoXimnasia rítmica
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Un estudo de Cintia Folgueira Cobos relaciona as proteínas da familia p38 e a Interleucina 15 coa predisposición e a motivación para realizar exercicio físico / MIGUEL BASCOY

E se as ganas de facer exercicio tiveran unha causa química?

por Sara González
16/12/2025
0

  A investigación de Cintia Folgueira, realizada no CNIC, aporta luz sobre por que nuns casos cando realizamos exercicio físico...

Conxunto senior do club Ximnasia Rítmica de Carral categoría prebase / DEPORTES CONCELLO CARRAL

Carral celebra o IX Torneo Club Ximnasia Rítmica Carral e do XXI Certame Municipal de Ximnasia Rítmica

por Redacción As Nosas
15/03/2024
0

  Carral acolle a celebración do IX Torneo Club Ximnasia Rítmica Carral e do XXI Certame Municipal desta modalidade. Ambas...

Ximnasia Rítmica / CONCELLO DA CORUÑA

Preto dun cento de deportistas déronse cita na fase autonómica do Campionato de Ximnasia Rítmica na Coruña

por Redacción As Nosas
09/03/2024
0

  O pavillón de Monte Alto acolleu a fase autonómica do Campionato de España de Ximnasia Rítmica - Xunta de...

Marta Bobo xunto coas súas fillas, Paula e Candela, maila súa parella no Consello da Cultura Galega / SABELA MOSCOSO

Marta Bobo: “Cando descubrín que era a primeira olímpica galega non o podía crer”

por Silvia Carregal
30/10/2023
0

  Marta Bobo Arce (Ourense, 1966) foi protagonista dunha xornada do ciclo ‘De pioneiras e Andainas’ que organiza o Consello...

Marta Bobo xunto coas súas fillas, Paula e Candela, maila súa parella no Consello da Cultura Galega / SABELA MOSCOSO

Marta Bobo, primeira olímpica galega, homenaxeada como pioneira polo Consello da Cultura Galega

por Redacción As Nosas
27/10/2023
0

  A figura de Marta Bobo Arce (Ourense, 1966) foi protagonista dunha nova xornada do ciclo ‘De pioneiras e Andainas’...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.