• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Reto Iberdrola Fútbol

Adriana Martín, regresa ao RCD Espanyol para facer de ‘verduga’ das Nosas

As deportivistas perden por segunda vez na tempada ao caer na Cidade Deportiva Dani Jarque por 2-0

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
08/01/2022
en Liga Reto Iberdrola Fútbol, Fútbol
As xogadoras do RCD Espanyol celebran o 2-0 de Adriana Martín con Eva Dios en primeiro termo / RCD

As xogadoras do RCD Espanyol celebran o 2-0 de Adriana Martín con Eva Dios en primeiro termo / RCD

179
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Adriana Martín é o nome da ‘verduga’ do Dépor ABANCA nesta xornada. Neste primero partido do ano 2022 para As Nosas deportivistas, gañaron as branquiazuis e gañou o RCD, pero non foi o RC Deportivo ABANCA que neste arranque de xaneiro locía a camiseta negra con faixa branca e azul vertical no peito. O triundo na Cidade Deportiva Dani Jarque caeu do bando local para o casilleiro do RCD Espanyol. 

As futbolistas que adestra Miguel Llorente colleitaron a súa segunda derrota da tempada, a primeira do ano. E fixérono, xustamente, nun partido no que, na previa, o técnico que as prepara tíñase amosado absolutamente convencido da valía e es posibilidades das coruñesas. “Podemos volver perdendo, pero a miña confianza no equipo é impertubable. Estamos no mellor momento da tempada e vai a ser difícil que nos quiten tres puntos, desde a humildade e consciente de que podemos perder”, decía Miguel Llorente. 

Efectivamente o nivel competitivo das Nosas deportivistas estaba a ser impecable. Pero nin todos os días son festa, nin imos tirar do clásico e dicir “sentoulles mal o turrón”. Non, simplemente non se pode gañar sempre. E hoxe, na Cidade Deportiva Dani Jarque, non tocaba.

Enfronte, por moito que se falarse antes do cruce do perigo de Karpova, e por moito que a primeira chegada de perigo fose precisamente desa xogadora, o certo é que a deportista que si tivo o gol nas súas botas foi Ariana Martín. A veterana futbolista, anotou os dous goles do encontro converténdose en verduga das deportivistas.

O primeiro aviso, do Depór, o primeiro gol, do Espanyol

Nada máis empezar o partido as deportivistas pedían penalti por man na área de Xènia, unha falta que a colexiada non apreciou. Houbo un aviso das locais superados os cinco minutos de xogo que non pasou diso. Foi cun centro raso de Daniela Caracas desde a dereita. O centro da colombiana chegou ás botas de Nadezhda Karpova que rematou alto.

Primeiro cuarto de hora no #RCDEspanyolDéporABANCA!

🦋 #VoemosXuntas 💙 #MoitoPorVivir pic.twitter.com/2xnqbJ4stl

— RC Deportivo (@RCDeportivo) January 8, 2022

O primeiro tanto chegou no minuto doce. Adriana Martín aproveitaba un rexeite de Ana Vallés logo dun disparo da rusa. Así, case soa, e con demasiado espazo na área para pensar e e rematar, a perica remataba superando á cancerbeira do Dépor ABANCA, Ana Valles (1-0). Así, con tantos, festexaba a futbolista a súa volta ao conxunto barcelonés logo de pasar pola Lazio.

A partir de aí o encontro tomou un rumbo que en nada favorecía ás galegas. Unha forte presión das locais non deixaba pensar con claridade a un Dépor ABANCA que non sacaba o seu fútbol. Pasarían moitos minutos antes de que, mediada a primeira parte, as futbolistas que adestra Miguel Llorente volvesen a facerse co control do partido. Chegaron aí as ocasións de María Ruiz e Paula Gutiérrez. E tamén o tiro ao longueiro de Ale Serrano. Pero ninguna destas xogadas se materializaron en gol.

O equipo que adestra Rubén Casado soubo frear o xogo deportivista cunha férrea defensa e as faltas que foron precisas. O fútbol tamén é iso. Non deixar xogar nin pensar ao rival. O resultado foi que non se viu sobre o tepe da Cidade Deportiva Dani Jarque ao Dépor ABANCA que estamos afeitas a ver. Faltou conducción, e sobre todo xogo asociativo. E cando un equipo non ten na cancha ben visible o seu ADN deportivo, corre o risco de non recoñecerse e esvaecerse.

Miguel Llorente move o banco deportivista buscando a reacción

Logo do descanso, máis do mesmo. A cousa non mellorou. Tanto foi así que Miguel Llorente moveu o banco. Entraron Eva Dios e Aroa Guerra en substitución de Ale Serrano e Laura Fernández. 

Nada mudaba no guión do partido. Outra vez Adriana Martín levaba perigo á meta defendida por Ana Valles. Foi cun tiro lonxano que saliu polo lateral, o mesmo que a vaselina que lanzou dez minutos máis tarde e que se foi alta. Todos estos achegamentos da ex da Lazio eran avisos do que logo viría.

Un cuarto de hora para o asubío final do #RCDEspanyolDéporABANCA!

🦋 #VoemosXuntas 💙 #MoitoPorVivir pic.twitter.com/T3m9J3N76i

— RC Deportivo (@RCDeportivo) January 8, 2022

Outro dos movementos de Miguel Llorente foi dar entrada a Goretti no campo, en substitución de Andrea Sierra. Este cambio levou a Patri López, a mudar o lateral esquerdo polo dereito. Pero nada fixo que Myllyloja pasase apuros reais na segunda metade.

O segundo gol de Adriana Martín

E chegou a puntilla a través dun contragolpe. Subiu o esférico por banda dereita Judit Pablos para servirlle a pelota en bandexa no punto de penalti a unha Adriana Martín que estaba en racha e volvía superar á gardameta do Dépor ABANCA, Ana Valles. Foi no minuto 88 e con ese 2-0 o partido quedaba sentenciado.

Esta é a segunda derrota da tempada para as coruñesas, que non empezan o ano como querían. Ata agora so perderon a domicilio, contra o DUX Logroño e neste cruce co RCD Español.

Durme líder o Dépor ABANCA esta noite, pero ollo co primeiro posto, xa que queda pendente de conservarse. Se mañá o Levante Las Planas vence ao AEM, producirísase un relevo no liderato e as coruñesas volverían ao segundo lugar da táboa na Reto Iberdrola devolvéndolle o lugar ao Levante Las Planas a quen lle arrebaba o lugar no último partido de 2021.

O RCD Espanyol,  con sou sen Adriana Martín, non deixa de ser un candidato ao ascenso á Liga Iberdrola, ao igual que o Dépor ABANCA, e así se demostrou nesta xornada. O ascenso e o retorno á elite, será traballado, ou non será. Queda traballo, hai madeira e ganas sobran.

Final do #RCDEspanyolDéporABANCA, 2-0!

🦋 #VoemosXuntas 💙 #MoitoPorVivir pic.twitter.com/mEUdyUaR0M

— RC Deportivo (@RCDeportivo) January 8, 2022

FICHA TÉCNICA

2) RCD ESPANYOL: Myllyoja, Caracas, Xènia, Laia, Sara (Júlia Guerra, min. 79), Carol, Nayadet Opazo, Adriana Martín, Baudet, Manu Lareo (Judit Pablos, min. 59) e Karpova (Szymanowski, min. 50).

0) RC DEPORTIVO ABANCA: Ana Valles, Andrea Sierra (Goretti, min. 65), Inés Altamira, Raquel García, Patri López, Paula Gutiérrez, Jone Ibáñez, Ainhoa Marín, Alejandra Serrano (Eva Dios, min. 55), María Ruiz e Laura Fernández (Aroa Guerra, min. 55).

GOLES: 1-0 Adriana Martín (min. 12); 2-0 Adriana Martín (min. 88).

ÁRBITRO: Andrea Salvador Sánchez , do colexio catalán). Cartón amarelo a Nayadet Opazo (min. 13), Karpova (min. 40), Paula Gutiérrez (min. 42), Ainhoa Marín (min. 67) e Caracas (min. 87).

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 13ª xornada de liga na Reto Iberdrola disputado na Ciutat Esportiva Dani Jarque, en Sant Adrià de Besòs (Barcelona). Non faltou na grada a presenza de afeccionadas deportivistas que acudiron a animar As Nosas, a Peña Deportivista de Barcelona estivo aí unha vez máis alentando ás galegas.

Etiquetas Dépor ABANCAfútbolMiguel LlorenteRC Deportivo ABANCARCDRCD Espanyol
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

As futbolistas do Dépor ABANCA festexan un gol de Ainhoa Marín en Riazor ante o Granada | @wykazszkowski

Dépor ABANCA acada tres puntos de ouro e reconcíliase coa súa mellor versión ante o Granada CF (2-0)

por Silvia Carregal
06/12/2025
0

Na volta de Irene Ferreras a Riazor o Dépor ABANCA acadaba un valioso triunfo por un tanteo de 2-0 que lle da...

Irene Ferreras, na súa etapa coma adestradora do Dépor ABANCA en Riazor / WYKAZSZKOWSKI

Dépor ABANCA e Granada CF medirán forzas este sábado en Riazor

por Sara González
05/12/2025
0

  O Dépor ABANCA recibirá este sábado 6 de decembro a partir das 12:00 horas no Estadio ABANCA-Riazor ao Granada...

As futbolistas das Celtas / RC CELTA DE VIGO

FÚTBOL | Pleno de derrotas para os equipos galegos na Segunda Federación

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

A xornada deixou un balance completamente negativo para o fútbol galego na Segunda Federación. O Atlético Villalonga caeu por 0-1...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Dépor ABANCA, inicio discreto, pero futuro aberto á melloría

por Sara González
21/11/2025
0

Aínda que poida semellar recente, cumpríronse dúas tempadas dende que o Dépor ABANCA regresou ao lugar do que nunca debeu...

Real Sociedad vs Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA ten rival para os 8.º de final da Copa da Raíña

por Redacción As Nosas
11/11/2025
0

O Dépor ABANCA medirase á Real Sociedad nos oitavos de final da Copa da Raíña. A eliminatoria, a partido único,...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
HC Coruña vs CP Vila-Sana / MANU BOUTUREIRA

O CP Vila-Sana imponse ao HC Coruña 1-4 deixando claro por que son as millores do mundo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
HC Coruña vs CP Vila-Sana / MANU BOUTUREIRA

O CP Vila-Sana imponse ao HC Coruña 1-4 deixando claro por que son as millores do mundo

06/12/2025
As futbolistas do Dépor ABANCA festexan un gol de Ainhoa Marín en Riazor ante o Granada | @wykazszkowski

Dépor ABANCA acada tres puntos de ouro e reconcíliase coa súa mellor versión ante o Granada CF (2-0)

06/12/2025
Partido do HC Coruña disputado en Riazor contra o CP Las Rozas / MANU BOUTUREIRA

O ‘Tourmalet’ comeza en Riazor para o HC Coruña que se mide ao CP Vila-Sana Coop D’Ivars

06/12/2025
Plan Patrocinio Equipos Alta Competición Galicia Tempada 2025/2026 da Xunta de Galicia, 1.ª Fase / XUNTA DE GALICIA

O Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición da Xunta chega á súa 17ª edición con 2,2M€ e 117 equipos convidados para a 1.ª fase

05/12/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.