A Federación Española de Baloncesto (FEB) comunicou onte, xoves 22 de outubro, ao CB Arxil que o seu encontro correspondente á xornada 4 de Liga Feminina 2 contra o Ulla Oil Rosalía Pío XII FEDESA tiña que ser aprazado. Así o comunicou o equipo pontevedrés. O motivo é que no club santiagués están varias xogadoras illadas como medida preventiva fronte a transmisión do coronavirus COVID-19.
As deportistas do club compostelá “están nunha residencia onde se produciron varios positivos e debido a que os test PCR de Sanidade non se lles poden facer até a fin de semana, a FEB decidiu adiar lo partido”, explica nunha nota o equipo verde.
Se as PCR son negativas o Ulla Oil Rosalía xa ten partidos en mente
Explica o equipo de Santiago de Compostela que varias xogadoras do equipo “teñen estado en contacto directo con persoas que deron positivo en COVID-19”. Sinala o club que logo de que mañá, sábado, se lles fagan as probas PCR, se éstas dan negativo “retomaránse os partidos da vindieira semana contra Maristas Coruña”. Ese cruce está previsto para o xoves 29 de outubro ás 21.15 horas no pavillón do Instituto Rosalía. Tamén se xogaría “o encontro marcado para o sábado 31 de outubro contra a AD Cortegada en Vilagarcía”.
O Ulla Oil Rosalía se advirte que esos partidos se disputarían “obviamente, previa realización de novos test antes dos encontros, seguindo os protocolos marcados pola FEB”.
Pola súa parte, o CB Arxil pasou mércores á noite o test sen ningún positivo. Lino Vázquez apuntaba que este aprazamento “é unha circunstancia á que debemos adaptarnos e como tal comprendémola”.
Adíanse partido e recupéranse pendentes
O seguinte partido que xogará o CB Arxil será o martes 27 de outubro ás 20:30 h no CGTD ante o BAXI Universitario de Ferrol, precisamente trátase dun encontro que foi aprazado no seu día por non chegar o test e correspondente á primeira xornada da LF2.
🚨Esta fin de semana no podemos disfrutar da #LF2 pero poderemos desfrutar do baloncesto, comeza a liga de primeira nacional, o Arxil Mafari Cafe debuta fronte o CLUB BALONCESTO PEIXEFRESCO MARÍN
📅Domingo 25 de Outubro
⏱12:00
📍 CGTD Pontevedra pic.twitter.com/OrfBnWWUaC— CB Arxil (@ArxilCb) October 22, 2020