- A carreira popular do Ventorrillo que integra no circuíto Coruña Corre, adiouse pola borrasca que se prevé na área da Coruña.
- A competición terá lugar o 6 de novembro e ábrese un novo período de inscrición.
A carreira do Ventorrillo, que se ía realizar este domingo, 23 de outubro, e foi aprazada pola borrasca ao 6 de novembro, abre un novo prazo de inscrición, segundo informa o Concello da Coruña.
Desde o luns 24 de outubro ás 00.00 h (medianoite do domingo ao luns) e ata o domingo 30 ás 23.59 horas, poderanse efectuar as inscricións para a penúltima carreira do Circuíto Coruña Corre.
As persoas que se inscribiron de maneira individual nesta carreira de Coruña Corre, se queren darse de baixa polo cambio de data, dispoñen para iso ata o xoves 27 de outubro. Teñen que enviar un correo a consulta@championchipnorte.com poñendo en asunto CP Ventorrillo e no texto: o DNI, nome e apelidos.
Quen se inscribise ao Circuíto Coruña Corre e se apuntase á proba do Ventorrillo debe confirmar a súa asistencia dentro do novo prazo de inscrición, advirten desde o Concello da Coruña. Aquelas persoas que non se inscribiron para a carreira do 23 de outubro e desexen anotarse á do 6 de novembro poden facelo no novo prazo de inscrición.