A deportista lucense Adiaratou Iglesias Forneiro acudiu ao Congreso dos Deputados ao acto de xuramento da Constitución Española por parte da princesa Leonor. Ademais das autoridades, convidouse a diferentes persoas entre as que estaban 20 mozas e mozos relevantes nas súas disciplinas, con idades entre 18 e 28 anos procedentes de diferentes territorios do estado, cos que se pretentía representar a ‘Xeración de Leonor’. Foi nese grupo no que se fixo parte á paralímpica galega.
A atleta lucense Adiaratou Iglesias, gañadora dun ouro e unha prata nos Xogos Paralímpicos de Toquio 2020, foi convocada en representación da mocidade galega.
Adi Iglesias é unha velocista cunha contrastada traxectoria atlética que compite tamén con deportistas sen discapacidade. Nos últimos Xogos Paralímpicos a galega acadaba o ouro nos 100 metros lisos na categoría T13 de discapacidade visual e tamén a prata nos 400 metros lisos na mesma categoría. Actualmente traballa para participar nos que serían os seus segundos XX.PP., os de París 2024.
No acto ao que acudiu Adi Iglesias a Princesa de Asturias, Leonor, procedeu ao xuramento da Constitución Española antes as Cortes Xerais. Así o establece a Carta Magna no seu artigo 61.2 no que se establece que a persoa herdeira ao trono: “Ao alcanzar a maioría de idade, e o rexente ou rexentes ao facerse cargo das súas funcións, prestarán xuramento, así como fidelidade ao Rei”.
Segundo informan desde a Casa Real, logo de finalizar a sesión, e xa no chamado Salón de Pasos Perdidos, “a Familia Real saudou a todas as persoas convidadas ao acto: vicepresidentes e ministros en funcións, decano do Corpo Diplomático, presidentes das comunidades autónomas, expresidentes do Goberno, xefe da oposición, portavoces parlamentarios, relatores da Constitución, ex presidentes de ambas as cámaras, alcalde de Madrid, presidenta do Consello de Estado, presidenta do Tribunal de Contas, Fiscal Xeral do Estado, Defensor do Pobo, secretario de Estado de Relacións coas Cortes, xefes de Estado Maior, delegado do Goberno de Madrid, deputados e senadores e resto de invitados”.