• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Atletismo

Adi Iglesias, Premio Nacional do Deporte 2019 como deportista revelación

Os galardóns tamén premiaron á Selección Española de Baloncesto na que hai xogadoras galegas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
23/04/2022
en Máis Deporte, Atletismo, Baloncesto, Máis Basket
A galega Adi Iglesias, no podio dos Xogos Tokyo 2020 amosando a súa prata nos 400m T13 / RTVE

A galega Adi Iglesias, no podio dos Xogos Tokyo 2020 amosando a súa prata nos 400m T13 / RTVE

42
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A atleta galega Adi Iglesias vén de ser galardoada dentro dos Premios Nacionais do Deporte co premio ‘Rei Juan Carlos’ que se concede á deportista revelación. Ademais, a Selección Española de Baloncesto, na que teñen militado xogadoras galegas, foi condecorada coa ‘Copa Barón de Güell’ que se destina a equipos ou seleccións nacionals que destaquen pola súa actuación deportiva.

O xurado dos Premios Nacionais do Deporte reuniuse esta semana no Consello Superior de Deportes para fallar os premios correspondentes ao ano 2019. Estes galardóns, que convoca anualmente o CSD, teñen como fin facer expreso recoñecemento das persoas e entidades que, ben pola súa directa actividade ou iniciativa persoal, ben como partícipes no desenvolvemento da política deportiva, contribuíron en forma destacada a impulsar ou difundir a actividade físico-deportiva.

As atletas galegas Desirée Vila e Adiaratou Iglesias no Estadio Olimpico de Tokyo 2020 / IG ADI IGLESIAS
As atletas galegas Desirée Vila e Adiaratou Iglesias no Estadio Olimpico de Tokyo 2020 / IG ADI IGLESIAS

A corredora lucense Adiadaratou Iglesias compite como deportista paralímpica e tamén entre deportistas sen discapacidade. Estivo presente nos Xogos Paralímpicos de Toquio 2021. Aínda que o galardón que recibe agora fai referencia aos seus logros no ano 2019.

Nos xogos de Toquio 2021 a lucense de adopción e natural de Mali, Adiaratu Iglesias Forneiro, trouxo maleta cargada de metais. A velocista fíxose cunha medalla de ouro nos 100m T13 e coa prata nos 400m T13. Por raro que pareza a segunda podería considerarse aínda máis meritoria que a primeira. O  motivo é que estamos diante dunha distancia á que Adi Iglesias aínda se está afacendo, de feito, na recta final dos 400m puido verse como a atleta do Lucus Caixa Rural foi perdendo a súa vantaxe aos poucos.

A Selección Española de baloncesto contou nos Xogos Olímpicos de Toquio 2021 con tres galegas nas súas filas. Raquel Carrera, Tamara Abalde e Paula Ginzo que entraron na convocatoria de Lucas Mondelo.

Raquel Carrera e Tamara Abalde coa Selección nos Xogos Olímpicos ante Corea del Sur / FIBA
Raquel Carrera e Tamara Abalde coa Selección nos Xogos Olímpicos ante Corea del Sur / FIBA

Tras coñecer o resultado das deliberacións do xurado, o secretario de Estado para o Deporte, José Manuel Franco, agradeceu o labor de todos os seus membros e destacou “a dificultade, como cada ano, para poder elixir aos premiados dada a cantidade e calidade de todas as candidaturas presentadas nas diferentes categorías”

“Gustaríame felicitar a todas as candidaturas e a todos os galardoados nesta edición, porque máis aló do innegable mérito dos seus éxitos deportivos, merecen todo o noso recoñecemento polos grandes valores do deporte que atesouran”, asegurou José Manuel Franco.

Integrantes do xurado que premiou a Adi Iglesias

O xurado, presidido por Albert Adoitar, director xeral de Deportes do CSD, estivo formado por:

  • Vicente del Bosque González (notable do deporte, ex seleccionador nacional de fútbol)
  • Juan María Fernández Carnicer (director de Gabinete do Presidente do CSD)
  • Jennifer Pareja Lisalde (asesora do Presidente do CSD); Isabel Fernández Gutiérrez (vicepresidenta primeira do Comité Olímpico Español)
  • Theresa Zabell Lucas (notable do deporte, dúas veces campioa olímpica de vela);
  • Paloma del Río (xornalista TVE)
  • Alfonso Arroyo Lorenzo (Ingesport); Juan Ignacio Gallardo (director de MARCA)
  • Javier Guillén Bedoya (director xeral UNIPUBLIC); Ruth Beitia Vila (ex atleta e campioa olímpica)
  • Mercedes Coghen Alberdingk-Thijm (ex xogadora de hockey e campioa olímpica)
  • Beatriz Álvarez Mesa (directora xeral de Deportes do Goberno do Principado de Asturias)

Como secretario actuou Alejandro Merino (director de Relacións Externas do CSD).

Segundo informa o propio Consello Superior de Deportes, o fallo do xurado foi o seguinte:

  • Premio Rei Felipe: Para premiar ao deportista español que máis se distinguiu durante o ano na súa actuación deportiva, tanto a nivel nacional como internacional. Premiado: Ricky Rubio Vives.
  • Premio Reina Letizia: Para premiar á deportista española que máis se distinguiu durante o ano na súa actuación deportiva, tanto a nivel nacional como internacional. Premiada: Claudia Galicia Cortina.
  • Premio Rei Juan Carlos : Para premiar ao deportista masculino ou feminino que polos resultados obtidos durante o ano supuxese a revelación máis significativa do panorama deportivo. Premiada: Adiadaratou Iglesias Forneiro.
  • Premio Reina Sofía: Para premiar á persoa ou entidade que máis destacase durante o ano por un xesto especialmente relevante de nobreza ou xogo limpo na práctica deportiva, ou que prestase unha contribución especial á erradicación da violencia no deporte. Premiada: Carmen Ramos Vellón.
  • Premio Princesa Leonor: Para premiar ao/a deportista, menor de 18 anos, que máis destacase durante o ano, pola súa progresión deportiva. Premiada: Alba Vázquez Ruiz.
  • Premio Infanta Sofía: Para premiar á persoa ou entidade que pola súa propia actuación deportiva ou polo fomento da actividade doutros destacase especialmente na difusión e mellora da actividade deportiva entre os discapacitados físicos, psíquicos ou sensoriais. Premiada: Radio Televisión Española.
  • Trofeo Comunidade Iberoamericana: Para premiar ao deportista iberoamericano que máis destacase durante o ano nas súas actividades deportivas internacionais. Premiado: Carlos Wagner Gularte Filho.
  • Copa Barón de Güell: Para premiar a equipos ou seleccións nacionais que máis destacasen pola súa actuación deportiva durante o ano. Premiada: Selección Española Masculina e Feminina de Baloncesto.
  • Copa Stadium: Para premiar á persoa ou entidade que destacase pola súa especial contribución durante o ano a tarefas de promoción e fomento do deporte. Premiados: Consello Superior de Deporte Militar.
  • Premio Consello Superior de Deportes: Para premiar á entidad local española que máis destacase durante o ano polas súas iniciativas para o fomento do deporte, sexa na promoción e organización de actividades, sexa na dotación de instalacións deportivas. Premiado: Concello de Azuqueca de Henares.
  • Trofeo Joaquín Blume: Para premiar á Universidade ou centro escolar que se distinguiu especialmente durante o ano polo seu labor de promoción e fomento do deporte. Premiada: Rafa Nadal Academy.
  • Premio Nacional ás Artes e as Ciencias Aplicadas ao Deporte: Para premiar ao profesional que no exercicio da súa actividade destacase por unha obra ou contribuíse a impulsar ou difundir a actividade físico-deportiva de forma singular ou ao longo da súa vida profesional. Premiado: Libro Branco do Deporte de Persoas con Discapacidade en España.
  • Premio Nacional Francisco Fernández Ochoa: Para premiar a traxectoria dunha vida entregada, de maneira notoria, á práctica, organización, dirección, promoción e desenvolvemento do deporte. Premiados ex aequo: Emiliano Rodríguez Rodríguez e Manuel Sainz Márquez.

Tres medallas e tres diplomas, os éxitos das nosas catro paralímpicas

Etiquetas Adi IglesiasatletismobaloncestoCDSConsejo Superior de DeportesPremios Nacionais do DeporteSelección Española de Baloncesto
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Claudia Soriano ficha polo BAXI Ferrol 2022-23 / UNI FERROL

Claudia Soriano, nova fichaxe do BAXI Ferrol para o curso 2022-23

por Redacción As Nosas
28/06/2022
0

  A escolta catalá Claudia Soriano xogará a próxima tempada no BAXI Ferrol, despois de alcanzar un acordo coa formación...

Ana Varela, campioa nos 800m e 1.500m no Campionato de España de atletismo adaptado / ANA VARELA IG

Ana Varela, campioa de España en 800m e 1.500m no estatal de atletismo adaptado

por Redacción As Nosas
27/06/2022
0

  Gijón acollí a esta fin de semana o Campionato de España de Atletismo adaptado. A mediofondista Ana Varela Mosteiro...

Lidia Parada, récord no lanzamento de xavelina / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Tres medallas, catorce finalistas e tres récords absolutos autonómicos, balance galego no Campionato de España de atletismo ao aire libre

por Redacción As Nosas
27/06/2022
0

  Un total de tres medallas individuais, dúas delas femininas, unha nos relevos, tres récords de Galicia e catorce postos...

Irene Garí renova polo BAXI Ferrol / UNI FERROL

A xogadora valenciana Irene Garí renova e cumprirá a súa terceira tempada no BAXI Ferrol

por Redacción As Nosas
26/06/2022
0

  A alero valenciana Irene Garí seguirá a próxima tempada vestindo a elástica do o BAXI Ferrol, co que cumprirá a...

Belén Toimil preparando o seu lanzamento de 17.80 que lle concedeu o título de campioa de España de peso / RFEA YOUTUBE

Belen Toimil repite como campioa en lanzamento de peso no Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/06/2022
0

  Belén Toimil, plusmarquista nacional olímpica, proclamouse campioa de España na modalidade de lanzamento de peso. A galega defendía un...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
A Selección Española de fútbol sala, campioa de Europa con Silvia Aguete como protagonista nos penalties / RFEF

A galega Silvia Aguete, heroína na vitoria nos penaltis de España no Europeo

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A Selección Española de fútbol sala, campioa de Europa con Silvia Aguete como protagonista nos penalties / RFEF

A galega Silvia Aguete, heroína na vitoria nos penaltis de España no Europeo

04/07/2022
A ciclista galega María Filgueiras / RFEC

María Filgueiras vence a carreira contra o reloxo do Campionato de España Escolar de ciclismo cadete

03/07/2022
Lorena Patiño integrante da Selección de Galicia no Campionato de España de Escolar de XCO / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO

Lorena Patiño, campioa de España Escolar cadete de XCO

03/07/2022
A Federación Galega de Balonmán, a través do Plan Corresponsables, contrata a máis de sesenta persoas para potenciar a conciliación / FG BALONMÁN

O Plan Corresponsables propicia a contratación de máis de 60 persoas para impulsar a conciliación familiar

03/07/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.