O atletismo galego contará con representación nos Xogos Paralímpicos de Tokio no ano 2021 con Adi Iglesias, Desireé Vila e Gustavo Nieves.
A día de hoxe son tres os atletas que teñen o billete gañado para a gran cita paralímpica e que se suman aos 82 atletas que xa están clasificados. Falamos do trío conformado polos deportistas galegos: Adi Iglesias, Desireé Vila e Gustavo Nieves.
Adiaratou , a máis importante velocista galega do momento
Adi Iglesias corredora do club Lucus Caixa Rural Galega fará o seu debut na capital nipona na estrea olímpica. Adi Iglesias está considerada arestora, a máis importante velocista galega nestes intres. A lucense é integrente da Selección Galega. Adi lograba nos pasados mundiais de Dubai os seus maiores éxitos deportivos logo de colleitar dúas pratas nas probas dos 100 m. e 200 m., tal e como recorda a Federación Galega de Atletismo.
![](https://asnosas.gal/wp-content/uploads/2020/09/Adi-Iglesias-RFEA-1024x575.jpg)
A maiores outra atleta galega Desireé Vila, estará tamén nos Xogos Olímpicos de Tokio 2021, se consigue ratificar a súa selección en próximas competicións. A pontevedresa que pola súas características non conta con ficha nin FGA nin RFEA, debutaría no atletismo a nivel internacional no Europeo de Berlín 2018 estreandose no Mundial de 2019 en Dubai. Compite en lonxitude e velocidade malia que prefiere o primero. Antes de chegar ao atletismo, probou o tenis en cadeira, baloncesto e natación.
O último en conseguilo sería o atleta do Real Club Celta Gustavo Nieves na pasada maraton de Valencia onde remataría cun tempo de 2h.27:51. Con esta nova edición o atleta lucense sumará nada menos que a súa quinta participación olímpica logo de Sidney-2000, China-2008, Londres-2012 e a de Rio-2016 o que o convirtirán no atleta galego con máis participacións olímpicas. O seu logro máis destacado foi a cuarta posición en Londres na proba dos 5.000 m.. A maiores conta cun bronce europeo nos 5.000 na edición do ano 2012 e un bronce no mundial parisino do ano 2013.