A derrota desta fin de semana do CV Arenal Emevé supón que as loitadoras non poderán disputar o play-off polo título na Liga Iberdrola de volei. As xogadoras que adestra José Valle perderon por un claro 3-0.
Non tiveron opcións de levar o partido en ningún momento. O primeiro parcial resolveuse en 18 minutos con un tanteo claro de 25-15 para as madrileñas. O segundo foi un 25-17 finiquitado en 23 minutos. So no terceiro tiveron algunha oportunidade as loitadoras do CV Arenal Emevé de Lugo. Ese último set rematou cun 25-21 en 23 minutos de xogo.
No outro lado da balanza, o Feel Volley Alcobendas aseguraba con este triunfo a súa permanencia na elite. As madrileñas non deixaron pensar ás galegas e lideraron o saque e o bloque poñéndolle as cousas complicadas ao conxunto que adestra o técnico José Valle.
O triunfo foi, nesta ocasión, para o equipo que prepara Manolo Berdegue que festexaba a consecución matemática da súa permanencia na Liga Iberdrola de Voleibol, mentres as galegas dicían adeus ao play-off polo título. Cara e cruz do deporte. Vitoria e derrota. No Feel Voley Alcobendas a máxima anotadora foi Arisa Ceylan con 16 puntos no seu haber. So un menos asinou a máxima anotadora do CV Arenal Emevé, Carolina Camino Fernández con 15 puntos.
FICHA TÉCNICA
3) FEEL VOLEY ALCOBENDAS: Denia Bravo, Carmen Unzúe, Priscila Beatriz, Candela Alonso, Ceylan Arisan, Ivone Martínez – sexteto inicial – Marga Piza (líbero).
0) CV ARENAL EMEVÉ: Inés Rivas, Yael Castiglione, Carolina Camino, Darlevis Mosquera, Jimena Gayoso, Marta Otero – sexteto inicial – Eliana González (líbero), Lidia Figueira (líbero), Julia Paradela, Ainara Burgo, Sara Urrea e Massiel Matos.
PARCIAIS: 25-15 (18 min.) 25-17 (23 min.) 25-21 (23 min.)
ÁRBITROS: Pablo Granados Cisneros e Antonio Martínez Obón.
INCIDENCIAS: Partido de la 21ª xornada da Liga Iberdrola de Voleibol da RFEBV disputado no pavillón Luis Buñuel da localidade de Alcobendas.