Con fachenda, ofrecendo un bo xogo e unha boa imaxe sobre a pista. Así di adeus á Copa da Raíña o HC Deportivo Liceo. As galegas caeron derrotadas cun 5-0 ante o Generali HC Palau de Plegamans. O resultado non sería tan avultado de non ser polo feito de que as catalás acadaron tres goles no último minuto de partido. De feito, as galegas, estiveron loitando ata o final por reverter un marcador que lles foi adverso desde o minuto 7 de partido.
#CopaOKIberdrola | Algunos de los momentos de lo que llevamos en el primer duelo de semifinales de la #CopaOKIberdrola
@hcpalau – @HCLiceoFem pic.twitter.com/5VesxjtzCL
— RFEPatinaje (@FedPatinaje) May 7, 2022
Pese a estar asinando unha boa campaña, o HC Deportivo Liceo, non está aínda en capacidade de competir de ti a ti nunha serie de partidos con moitos dos clubs cos que se había cruzar nesta Copa da Raíña 2022. Eliminar ao CP Vila-Sana nos cuartos de final foi épico, lástima de non poder repetir nas semifinais co Generali HC Palau de Plegamans, outro dos galos desta tempada na Ok Liga Iberdrola, e por extensión , nesta Copa Ok Iberdrola.
Nada se le pode reprochar ao HC Deportivo Liceo logo da súa eliminación da Copa da Raíña 2022. Todo foi responsabilidade dun enorme HC Palau que fixo un partido fantástico e ao que o conxunto verdibranco desafiou sen complexos.
Ata o final, como sempre fai este equipo, intentaron darlle a volta ao partido. A semifinal terminou cun marcador avultado moi pouco representativo do visto na pista por mor de encaixar tres goles na recta final do encontro.
Con ganas e ilusión, as liceístas loitaron coas súas armas de sempre diante un equipo de enorme potencial. O Generali HC Palau de Plegamans foi capaz de resistir as ofensivas, xogar co cansazo rival e adiantarse por dúas veces nos minutos 7 e 9. Primeiro fíxoo Laura Puigdueta cunha manobra de talento dentro da área de Viki e, posteriormente, Carla Fontdegloria transformou un penalti.
⏱️ !
Generali HC Palau 2-0 @HockeyClubLiceo
https://t.co/0qtC3WSAPu
@RadioPalauSom-hi lleones!#ForçaPalau #CopaOKIberdrola pic.twitter.com/C8h5l40uoZ
— Hoquei Club Palau (@hcpalau) May 7, 2022
Non eclipsó un bo partido do HC Deportivo Liceo, que non estivo tan acertado na finalización como as súas contrarias. Tampouco conseguiu igualar o número de remates dun auténtico grupo de clase mundial. De todas as maneiras, o partido chegou máis que vivo ao descanso e as xogadoras que prepara Stanis García foron de menos a máis. A loita debía continuar.
O HC Liceo intentouno
Así foi. Tanto en defensa como en ataque, o HC Deportivo Liceo botou o resto. Viki Caretta continuou o seu gran estado de forma con senllas paradas a Fontdegloria e Aina Florenza mentres Bea Gaete, Adriana Soto e María Sanjurjo protagonizaban os achegamentos máis perigosos das verdibrancas.
🔝 La màgia de @laurapuigdueta!
🦁 Som-hi lleones! #ForçaPalau #CopaOKIberdrola pic.twitter.com/1hEsKUZn4i
— 🏆 Hoquei Club Palau 🏆 (@hcpalau) May 7, 2022
A misión seguiu viva ata o minuto 49 de partido. Foi nese momento de xogo no que, a mencionada Florenza, conseguiu bater á meta da italiana e sentenciar.
Chegaron dous goles máis, ambos os responsabilidade de Puigdueta, pero fíxoo co HC Deportivo Liceo arriscando con cinco xogadoras de pista á procura de acurtar distancias e seguir vivas na competición.
Loitadoras, bravas e con actitude ofensiva ata o último suspiro, así se marcha da Copa da Raíña as xogadoras liceístas.
FICHA TÉCNICA
5) HC PALAU: Laura Vicente; Berta Busquets, Laura Puigdueta, Aina Florenza, Carla Fontdegloria (quinteto inicial), Gisela Vicente, Aimee Blackman, Mariona Colomer, Laia Juan y Anna Salvat (meta suplente).
0) HC DEPORTIVO LICEO: Viki Caretta; María Sanjurjo, Alba Garrote, Lara Yáñez, Adriana Soto (quinteto inicial), Bea Gaete, Ale Martín, Lucía Yáñez, Cris Diz y Mencía Mosquera (meta suplente).
GOLES: 1-0 (Laura Puigdueta, min. 7). 2-0 (Carla Fontdegloria, de penalti, min. 9). 3-0 (Aina Florenza, min. 49). 4-0 (Laura Puigdueta, min. 49). 5-0 (Laura Puigdueta, min. 50).
EQUIPO ARBITRAL: Raúl Burgos Manotas e Gemma Bravo Ponferrada. Sen tarxetas.
INCIDENCIAS: Partido de semifinais da Copa da Raíña 2022, disputado no Pavelló Municipal Onze de Setembre de Lleida.