• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

A ADC Bolboretas A Coruña Dragón Boat BCS, subcampioas de España no VIII Campionato Nacional de Barco Dragón na categoría PD3 de 500m

A competición tivo lugar en Trasona, Asturias | A asociación está conformada por persoas que padecen ou padeceron cancro de mama

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
22/08/2024
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
As padexeiras coruñesas no VIII Campeonato Nacional de Barco Dragón / ADC BOLBORETAS A CORUÑA DRAGÓN BOAT BCS

As padexeiras coruñesas no VIII Campeonato Nacional de Barco Dragón / ADC BOLBORETAS A CORUÑA DRAGÓN BOAT BCS

839
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Os días 17 e 18 de agosto, con gallo da celebración do VIII Campionato Nacional de Barco Dragón en Trasona, Asturias, en distancia 200 e 500 m., volveu a revolotear, e con máis forza que nunca , o equipo da ADC Bolboretas A Coruña Dragón Boat BCS.

As coruñesas no podio do VIII Campeonato Nacional de Barco Dragón / ADC BOLBORETAS A CORUÑA DRAGÓN BOAT BCS
As coruñesas no podio do VIII Campeonato Nacional de Barco Dragón / ADC BOLBORETAS A CORUÑA DRAGÓN BOAT BCS

Segundo informa a Federación Española de Piragüismo neste VIII Campionato Nacional de Barco Dragón estaba prevista a participación dun “total de 285 embarcacións” chegadas “de 12 comunidades autónomas sendo a de Andalucía a que máis barcos vai poñer na auga, cun total de 88, e onde os clubs do noso país van ser 29”.

As padexeiras coruñesas no VIII Campeonato Nacional de Barco Dragón / ADC BOLBORETAS A CORUÑA DRAGÓN BOAT BCS
As padexeiras coruñesas ao carón do seu barco durante o transcurso do VIII Campionato Nacional de Barco Dragón / ADC BOLBORETAS A CORUÑA DRAGÓN BOAT BCS

Neste campionato estatal que chegaba á súa oitava edición, contábase coa participación dun total de 814 deportistas dos que 283 eran homes e 531 eran mulleres. Como se pode observar houbo maioría feminina entre os deportistas.

Todas e todos eles padexaron en barcos DB 12 200 metros (Open, Muller e Mixto) e DB 22 200 metros (Open e Mixto) e en DB 12 500 metros (Open, Muller e Mixto).

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Bolboretas Coruña Dragon Boat BCS (@bolboretascoruna)

Resultados das Bolboretas no estatal

No caso das padexeiras galegas da ADC Bolboretas A Coruña Dragón Boat BCS tras a súa participación en diferentes categorías, as deportistas herculinas volven a terras e augas coruñesas cheas de ilusión, coas súas mochilas cargadas de boas sensacións e moitas ganas de continuar adiante.

As padexeiras coruñesas no Barco Dragón / ADC BOLBORETAS A CORUÑA DRAGÓN BOAT BCS
As padexeiras coruñesas sobre o seu Barco Dragón na auga / ADC BOLBORETAS A CORUÑA DRAGÓN BOAT BCS

Deportivamente as Bolboretas da Coruña conseguiron mellorar todos os seus tempos e cumprir os seus obxectivos nas categorías principais para elas, sendo medalla de prata na categoría PD3 de 500 m, 4.º posto en PD3 200 m, 5.º posto en categoría BCS de 500 m. e logrando clasificarse, cunha remontada sensacional, para a final de BCS de 200 m.

Pioneiras en Galicia na modalidade do barco Dragón

A Asociación Deportiva e Cultural Bolboretas A Coruña Dragón Boat BCS, primeira en Galicia na modalidade de barco dragón, está composta integramente por pacientes que padecen ou padeceron cancro de mama.

As padexeiras coruñesas / ADC BOLBORETAS A CORUÑA DRAGÓN BOAT BCS
As padexeiras coruñesas posando / ASOCIACIÓN DEPORTIVA CULTURAL BOLBORETAS A CORUÑA DRAGÓN BOAT BCS

Explican desde a ADC Bolboretas A Coruña Dragón Boat BCS que “o exercicio físico, é un piar fundamental para elas e no paleo no barco dragón atoparon unha forma marabillosa de mellorar as secuelas dunha enfermidade, coa que, por desgraza, moitas persoas teñen e terán que lidar, pero, ademais, e moito máis importante se cabe, atoparon, un equipo de xente fantástica coa compartir e gozar, mellorando as súas secuelas físicas e psicolóxicas, tanto nas súas saídas ao mar como en todas e cada unha das actividades nas que participan”.

Actualmente na Asociación Deportiva e Cultural Bolboretas A Coruña Dragón Boat BCS hai 34 persoas socias activas. Contan con dúas embarcacións de 22 e 12 prazas respectivamente que están en Marina Coruña. Os adestramentos en seco fanos na aula de náutica. O resto, obviamente na auga.

Segundo informan desde Asociación Deportiva e Cultural Bolboretas A Coruña Dragón Boat BCS “dedican os seus logros, como non, cunha mirada e un sorriso enorme ao ceo, a todas aquelas bolboretas que xa que non están entre nós, pero que, acompáñanas sempre dándolles forza en cada palada, ás súas nenas; Aldara, Clara, Noa e Sofía fillas de socias que se soben a bordo para gozar con elas e dirixilas a golpe de tambor e movemento certeiro do temón e ao seu adestrador Rodrigo Navarro polas súas ensinazas, polos seus sabios consellos, a súa paciencia infinita, a súa simpatía e polo mellor dos agasallos, o seu tempo”.

Varios Barcos Dragón / ADC BOLBORETAS A CORUÑA DRAGÓN BOAT BCS
Varios Barcos Dragón xuntos na auga / ASOCIACIÓN DEPORTIVA E CULTURAL BOLBORETAS A CORUÑA DRAGÓN BOAT BCS

A Asociación Deportiva e Cultural Bolboretas A Coruña Dragon Boat BCS é una asociación sen ánimo de lucro formada por persoas que teñen padecido ou están a padecer cancro de mama. Non hai límite de idade. As persoas integrantes practican o remo na modalidade de Dragón Boat coa intención de mellorar a súa calidade de vida física, emocional e social.

Unha traiñeira de orixe chinesa

O barco Dragón Boat é unha traiñeira de orixe chinesa moi estable que se manexa padexando ao xeito das canoas.

Desde a Asociación Deportiva e Cultural Bolboretas A Coruña Dragon Boat BCS explican que promocionan o deporte “para manter un estilo de vida saudable”. Aseguran gozar do “exercicio en contacto coa natureza”.

“Esta actividade tamén é un xeito de visibilizar o cancro de mama”, sosteñen.

O motivo polo que se elixiu o remo é debido a que, segundo explican desde a Asociación Deportiva e Cultural Bolboretas A Coruña Dragon Boat BCS é que:

  • Aporta os beneficios xerais do exercicio físico.
  • Hai estudos (dun médico canadiano chamado Don McKenzie) que apuntan a que pode sumar á hora de previr e mellorar algunha das secuela do cancro de mama.
  • Pódese practicar sen límite de idade.
  • No caso das persoas con cancro de mama, permite o salto cualitativo de pasar de doentes a deportistas.

Aseguran tamén dese a Asociación Deportiva e Cultural Bolboretas A Coruña Dragon Boat BCS que esta actividade “fornece a musculatura do tronco superior, axuda a recuperar actividades cotiás e gozosas, pero tamén a autoestima, ao adestrar ao aire libre incrementa a sensación de desconexión e liberdade”.

Salientan igualmente desde a Asociación Deportiva e Cultural Bolboretas A Coruña Dragon Boat BCS que como deporte en equipo esta modalidade de barco Dragón Boat “suma en valores como o compromiso, a solidariedade ou o compañeirismo”. O espírito de cooperación e superación acompaña a estas bolboretas padexeiras que fan deporte xuntas nun Barco Dragón polos mares e rías galegas.

Se logo de ler esta información queres poñerte en contacto coa Asociación Deportiva e Cultural Bolboretas A Coruña Dragon Boat BCS podes escribir a bolboretascoruna@gmail.com ou chamar ao teléfono 643 46 10 17. Nesta peza informativa atoparedes ligazóns ás súas redes e á súa web.

_________________________________________________________

Deixamos neste espazo a reportaxe que o equipo de As Nosas elaboraba no ano 2021 sobre este proxecto que se mantén en activo e vai acadando metas deportivas e sociais. Unha inciativa que ten evolucionado moito neste tempo como se pode apreciar la lectura desta reportaxe de hai tres anos. 

O cancro combátese ao lombo dun dragón

Etiquetas ADC Bolboretas A CoruñaBarco DragónDragon Boatremo
Comparte3Chía2
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Regata de barco dragón no Nautical Festival 2025 na Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acolle este sábado a Regata de Dragóns, enmarcada no Nautical Festival 2025

por Redacción As Nosas
24/10/2025
0

  Este sábado A Coruña volverá situarse no mapa nacional da náutica coa II edición da Regata de Dragóns, que...

Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade

Os premios Deporte Galego dos anos 2023 e 2024 recoñecen o traballo de 48 persoas e entidades

por Redacción As Nosas
03/09/2025
0

Teresa Abelleira, Adrián Ben, Melania Rodríguez, Rodrigo Corrales, Jorge Prado, Susana Rodríguez, Judith Rodríguez, Adiaratou Iglesias, Gustavo Dacal, Martín de...

VII Trofeo Teresa Herrera - 4ª Bandeira feminina de Traiñeiras / @RAULFC_FILM

A Coruña acolle esta fin de semana a 39.ª Bandeira Teresa Herrera, unha das probas clásicas da bahía coruñesa e broche final das festas da cidade

por Redacción As Nosas
25/08/2025
0

  A cidade da Coruña acolle esta fin de semana a 39.ª edición da Bandeira Teresa Herrera de traiñeiras, unha...

As veteranas do Club Remo Puebla, pregoeiras das festas / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

“A idade é só un número, nunca un obstáculo”, as veteranas do Club Remo Puebla dan o pistoletazo de saída ás festas do Carme dos Pincheiros dando o pregón

por Redacción As Nosas
15/08/2025
0

  As Veteranas do Club Remo Puebla asumiron este ano o pregón das festas da Pobra do Caramiñal. As remeiras,...

Presentación das festas do Carme dos Pincheiros nas que darán o pregón as veteráns do Club de Remo Puebla / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

As veteráns do Club Remo Puebla darán o pregón das festas do Carme dos Pincheiros

por Redacción As Nosas
28/07/2025
0

  As remeiras veteráns do Club de Remo Puebla foron elixidas para ser pregoeiras das festas do Carme dos Pincheiros...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

04/06/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Mecalia deixa de patrocinar ao Atlético Guardés despois de 18 anos

02/06/2026
Lorena Patiño coa Selección Española / RFEC

A ciclista galega Lorena Patiño competirá coa Selección Española en Romanía

29/05/2026
Trofeo Miguelito de Judo / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acollerá esta fin de semana unha intensa programación deportiva con citas de referencia en diferentes disciplinas

28/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.