• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol

A ACFF presenta ante o CSD unha solicitude para que a Primeira División feminina sexa cualificada como competición profesional

A lexislación actual permite cualificar como profesional a calquera competición oficial que cumpra cos criterios establecidos. Iniciáronse contactos con sindicatos e diferentes grupos políticos para impulsar unha iniciativa que supoñerá o impulso definitivo ao desenvolvemento do fútbol feminino en España

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
22/05/2020
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Deportivo ABANCA - Valencia de Copa da Raíña en Riazor - WYKAZSZOWSKI

Deportivo ABANCA - Valencia de Copa da Raíña en Riazor - WYKAZSZOWSKI

147
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A Asociación de Clubs de Fútbol Feminino ( ACFF) presentou no día de onte unha solicitude ante o Consello Superior de Deportes (CSD) para que a Liga Iberdrola sexa cualificada como competición profesional.

O comunicado da ACFF reza o seguinte:

Tal e como se establece na Lei 10/1990 do Deporte, as competicións deportivas de carácter oficial clasifícanse en profesionais e non profesionais, correspondendo ao Consello Superior de Deportes a súa cualificación como competición profesional. A cualificación como profesional establecería o marco normativo necesario para que os clubs participantes puidesen organizar, como liga profesional, e de maneira coordinada coa RFEF, os aspectos organizativos e comerciais da competición, nun modelo que permitiría desenvolver todo o seu potencial.

Logo ACFF - ACFF
Logo ACFF – ACFF

As únicas competicións profesionais en España son todas masculinas

Case trinta anos despois, e a pesar dos numerosos cambios que se produciron no ámbito organizativo, deportivo e económico, as únicas competicións profesionais en España seguen sendo a primeira e segunda división A de fútbol (LaLiga Santander e LaLiga SmartBank) e a ACB (Liga Endesa) de baloncesto, todas elas masculinas.

É evidente que a realidade avanzou e que concorren diferentes elementos fácticos, xurídicos e socioculturais que non só posibilitan, senón que aconsellan e mesmo obrigan a estender a devandita cualificación a outras competicións que reúnan os requisitos establecidos para iso.

Así, nin a Lei 10/1990, nin o RD 1835/1991, nin ningunha outra disposición legal aplicable, establecen limitacións ao Consello Superior de Deportes para poder cualificar como profesionais a novas e diferentes competicións oficiais e estatais dunha mesma modalidade deportiva que reúnan os requisitos e condicións establecidos.fútbol

O fútbol feminino español experimentou un cambio substancial nos últimos 5 anos que permitiu aumentar a súa visibilidade e recoñecemento, incrementar o seu nivel competitivo e desenvolverse a nivel comercial, obtendo así máis recursos que permitiron mellorar as condicións nas que as xogadoras desenvolven o seu traballo, e demostrou sobradamente o seu potencial para converterse nun referente a nivel nacional e internacional.

Audiencias que superan os 6 millóns de espectadores ao ano

Desta forma, a Primeira División Feminina foi evolucionando ata converterse nunha competición cunha innegable dimensión social, deportiva e económica. Falamos dunha competición que en tan só 5 anos, desde a creación da Asociación, conseguiu que todas as súas xogadoras teñan contratos profesionais, conseguindo un fito moi especial como foi o I Convenio Colectivo, cunha importante presenza televisiva e audiencias que superan os 6 millóns de espectadores ao ano, converténdose así na terceira competición nacional en ingresos por comercialización dos seus dereitos audiovisuais por detrás de LaLiga e a ACB, e que foi capaz de encher os grandes estadios do fútbol profesional.

Balón de fútbol / SABELA MOSCOSO
Balón de fútbol / SABELA MOSCOSO

Desta forma resulta evidente que a Primeira División Feminina cumpre os criterios legalmente establecidos para a cualificación de competicións de carácter profesional: a existencia de vínculos laborais e a importancia e dimensión económica da competición.

Con todo, e a pesar do moito traballo e avances logrados, o fútbol feminino, a muller futbolista, aínda non dispón da contorna necesaria para poder alcanzar o seu pleno desenvolvemento. Aínda son moitos os desequilibrios, prexuízos e lastres que arrastran tanto clubs como futbolistas, entre os que se atopa a súa vixente cualificación como competición NON profesional.

Botella de auga nun campo de fútbol / LAURA G.
Botella de auga nun campo de fútbol / LAURA G.

Desde a ACFF viñéronse mantendo contactos cos diferentes grupos políticos e sindicatos para transmitir a importancia de que clubs e xogadoras poidan dispoñer de todas as ferramentas do sistema normativo español que contribúan a facilitar o pleno desenvolvemento profesional da competición e das súas carreiras profesionais.

Trátase, pois, dun paso imprescindible para seguir avanzando na igualdade de xénero no deporte e para que as nenas e mulleres poidan soñar con desenvolver a súa carreira profesional nunha COMPETICIÓN PROFESIONAL.

Así, desde a ACFF cremos firmemente en que esta iniciativa contribuirá a establecer un necesario marco de cooperación e entendemento entre todas as organizacións involucradas para o avance e desenvolvemento do fútbol feminino España.

Etiquetas ACFFcomunicadofútbolLiga Iberdrola
Comparte6Chía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.