Montse Tomé, seleccionadora estatal de fútbol Sub-15 chamou á futbolista galega Abril Pazos para adestrar en Las Rozas con ‘La Roja’. A deportista é unha habitual na Selección Galega Sub-15 pero é a primeira vez que recibe a chamada do combinado estatal.
A seleccionadora, Montse Tomé, deu a coñecer este martes a convocatoria para as sesións de adestramento que terán lugar do 24 ao 26 deste mes de xaneiro na Cidade do Fútbol de Las Rozas e na devandita citación figura a galega Abril Pazos.
Abril Pazos xoga no Orzán SD
A deportista milita no Orzán SD. Coa Irmandiña, Abril Pazos disputou os últimos Campionatos de España. Desde a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) felicitaban “a Abril Pazos pola súa primeira citación co combinado estatal Sub 15″.
Tal e como informa a Selección Española, as xogadoras convocadas concentraranse o vindeiro luns 24 de xaneiro a partir das 12:00 horas e estarán na Ciudad del fútbol de Las Rozas realizando varias sesións de adestramento, así como distintas dinámicas preparadas polo corpo técnico del equipo estatal.
A relación de futbolistas convocadas coa Selección Española Sub-15 está composta polas seguintes xogadoras entre as que está Abril Pazos.
Club | Xogadora |
---|---|
ATHLETIC CLUB | Ziara Vega Uribarri Enara Ormazabal Machiñena |
CLUB ATLÉTICO DE MADRID | Claudia de la Cuerda García Calvo |
FC BARCELONA | Martina González Cano Lorena Cubo Barroso Carlota Martins Ortega Celia Segura Rodríguez Noa Ortega Requena Rocío Romano Sánchez |
RCD ESPANYOL DE BARCELONA SAD | Daniela Martínez García |
REAL SOCIEDAD DE FÚTBOL SAD | Maren Arabaolaza Abarizketa |
REAL MADRID CF | Silvia Blasco Camacho Adriana Folgado Blanco Paula Comendador Prado |
MÄLAGA CF SAD | Carla Aguilar Zumaquero |
CD MONTE | Patricia Ylla Moreno |
ORZÁN SD | Abril Pazos Amores |
SEVILLA FC | María García Chacón Alba Cerrato Izquierdo Carmen Rodríguez Cortés Rosalía Domínguez Navarro |
REAL SPORTING DE GIJÓN SAD | Paula Redrueyo Fernández |
VALENCIA FÉMENINAS CF | Alba Martí Jiménez Daniela Hellín Andrés |
Sen ir máis lonxe o pasado mes de decembro, Abril Pazos estivo coa Selección Galega Sub-15 ás ordes da seleccionadora da Irmandiña Vicky Vázquez xunto con outras futbolistas galegas da súa idade.