- O circuíto de carreiras populares Coruña Corre regresará o vindeiro domingo 22 de outubro coa IX Carreira Popular do Ventorrillo.
- Trátase da sexta proba desta décima edición e este martes ábrese o prazo de inscrición.
O Concello da Coruña continúa apostando por este circuíto como un dos piares dos eventos deportivos da cidade. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 15 de outubro, unha semana antes da competición, ás 23.59 horas. As persoas interesadas en participar nesta proba poderán apuntarse na seguinte ligazón.
O circuíto de carreiras populares Coruña Corre afronta a súa última parte da tempada co obxectivo de fomentar a práctica deportiva en todos os barrios da cidade. A proba terá a súa saída e meta na rúa Alcalde Jaime Hervada, no cruzamento con Alcalde Salorio Suárez.
As persoas inscritas no circuíto Coruña Corre non precisan recoller un novo dorsal para esta cita do Ventorrillo.
Tras esta proba do Ventorrillo só faltará a derradeira carreira para dar por pechado o circuíto na súa décima edición. O último día de competición será o 26 de novembro coa carreira popular de Novo Mesoiro.