A Selección Española terá finalmente representación galega na Eurocopa de Inglaterra 2022. O vindeiro mes de xullo as vermellas estarán na competición continental e con elas a galega Teresa Abelleira.
A xogadora do Real Madrid formara xa parte do grupo de seleccionadas para a fase de preparación do campionato, pero para a convocatoria foi unha dos cinco descartes de Jorge Vilda. Agora volve formar parte do equipo substituíndo á dianteira Salma Paralluelo. A xogadora do Villarreal sufre dunha lesión no sóleo da perna esquerda, polo que queda finalmente apartada da Eurocopa.
🔴 OFICIAL I Teresa Abelleira entra en la lista de la Selección Femenina para la Eurocopa.
➕ Más información: https://t.co/SFeIlD7IXq#JugarLucharYGanar I #WEURO2022 pic.twitter.com/JtvU0aNInF
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SeFutbolFem) June 29, 2022
Con este cambio na convocatoria, a galega terá a oportunidade de debutar nunha gran competición co combinado español. Xunto a ela estarán as tamén exdeportivistas Athenea del Castillo e Misa.
Vilda descarta a Tere Abelleira para a Eurocopa de Inglaterra 2022
A primeira cita da Selección será este mesmo venres, 1 de xullo, xogando ante Italia. A estrea na Eurocopa chegará o 8 de xullo con Finlandia como rival.