O técnico asturiano do Mecalia Atlético Guardés, Abel González, é consciente da elevada dificultade que vai presentar manter o pleno de vitorias en Tui pero confía nas posibilidades do bloque que prepara sen perder de vista que o rival, o Gurpea Beti-Onak vai ser un óso duro de roer.
Non hai que esquecer que o conxunto do Gurpea Beti-Onak chega ao Baixo Miño como revelación do que vai de curso, con seis puntos que lle colocan na cuarta posición da táboa. “Veñen lanzadas porque gañaron tres partidos de catro. Iso sempre dá confianza nunha categoría nova como é esta para elas”, destaca o adestrador das galegas que define ao conxunto navarro como un “bo bloque, que traballa ben e fai bo balonmán”.
Abel González sobre o Gurpea Beti-Onak: “Veñen lanzadas porque gañaron tres partidos de catro. Iso sempre dá confianza nunha categoría nova como é esta para elas”
“É un equipo que non ten nada que perder aquí e que nos vai a poñer as cousas moi difíciles. Imos ter que traballar duro para sacar o partido adiante, como case todos esta tempada”, engade o adestrador de San Juan de La Arena, Abel González, que augura que o encontro se resolverá “por detalles”.
Abel González: “É unha boa ocasión para seguir conxuntando ao equipo”
Con todo, Abel González, adestrador do Mecalia Atlético Guardés, prefire centrarse no propio. “Queremos manter o refacho de vitorias en casa”, advirte. “É unha boa oportunidade para seguir conxuntando ao equipo e ter á xente nas mellores condicións posibles para os seguintes partidos”, expresa o adestrador do Atl. Guardés,, sempre coa mirada longa.
Abel González sostén que este partido contra o Beti-Onak: “É unha boa oportunidade para seguir conxuntando ao equipo e ter á xente nas mellores condicións posibles para os seguintes partidos”
O Guardés pon a proba a súa fortaleza en Tui diante do Beti-Onak