• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Reto Iberdrola Fútbol

Abegondo baléirase

Sullastres: "Non é a categoría deportiva, trátase da categoría humana e profesional" | Esther Sullastres, Stephannie Blanco, Noe Bermúdez e Gaby marchan do Dépor ABANCA

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
02/07/2021
en Fútbol, Liga Reto Iberdrola Fútbol
Sullastres e Gaby no Dépor ABANCA / Sullastres IG

Sullastres e Gaby no Dépor ABANCA / Sullastres IG

229
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O Dépor ABANCA deberá afrontar un cambio de ciclo para competir na Reto Iberdrola. Non hai alternativa, ante un plantel con múltiples saídas e que desde o club terán que emendar.

Ás saídas de Lady Andrade, Bedoya e Athenea, súmanse catro máis, as de Esther Sullastres, Stephannie Blanco, Noe Bermúdez e Gaby García.

Sullastres: “É moi duro marcharse da que consideras a túa casa”

A porteira catalá Esther Sullastres deixa o Dépor ABANCA cun emotivo vídeo de despedida, recordando as súas dúas tempadas en Abegondo e mostrando o seu cariño polo club branquiazul.

“Deportivistas, hoxe despídome de todos vós”, comeza narrando a gardameta. A xogadora recorda como chegou á Coruña despois de 19 meses sen competir, recuperándose aínda dunha lesión de xeonllo sen un futuro claro.

Pero Sullastres volveu ao pleno rendemento, converténdose nunha peza importante no debuxo de Manu Sánchez. “Nos meus primeiros días vin como unha cidade enteira apoiaba a un equipo recentemente ascendido á elite, chea de ilusión. Recordo os primeiros partidos da tempada, ese fatídico día en Riazor, un punto de inflexión no camiño para redirixir o rumbo e despegar, agora si imparables”, continúa, en referencia ao partido ante o Granadilla.

Sullastres sae de puños para despexar un balón no partido entre o Dépor ABANCA e o Real Betis / RCD
Sullastres sae de puños para despexar un balón no partido entre o Dépor ABANCA e o Real Betis / RCD

Con imaxes das primeiras paradas, os primeiros goles, Abegondo transformado en fortín, Sullastres recoñece que “non vivira nada así en catorce anos na elite”. Máis aló da Liga, a porteira tamén recorda a Copa: “Como esquecer o 7-2 en Riazor, ante máis de 7.000 persoas. Como esquecer o póker de Peke, a festa que se estaba vivindo nas bancadas e se respiraba desde o verde. Por días como este fun futbolista”, sentencia.

A cancerbeira destacou tamén o duro partido ante o FC Barcelona, cun Dépor ABANCA que caeu só no último momento. Días despois, a pandemia paralizaba o mundo.

Sullastres: “Por días como este fun futbolista”

“Pecamos de éxito e esta tempada non estivemos á altura”, recoñece a futbolista, recordando a falta do público na bancada. “Hoxe despídome de vós tras unha tempada dura a nivel emocional, e voume doída por non ter cumprido o obxectivo. Non nacín deportivista, pero dous anos aquí bastaron para empaparme da cultura dun club histórico, dun club señor. Son unha afortunada por ter levado estas cores. Fun feliz, e ao final iso é o que importa na vida”, resume.

RC Deportivo contra Athletic Club de Bilbao/ SABELA MOSCOSO
RC Deportivo contra Athletic Club de Bilbao/ SABELA MOSCOSO

Despois de deixalo todo sobre o verde, chegando ao seu límite, Sullastres vaise “satisfeita co feito, pero non co obtido. Sinto que é o momento de deixar ao lado tantos momentos vividos”.

Esther Sullastres: “Non é a categoría deportiva, trátase da categoría humana e profesional”

Porén, a propia xogadora confesa que “despois do fatal desenlace desta tempada o meu único obxectivo era devolver ao equipo a Primeira, non me importaba estar en Segunda División. Non con obxectivos, motivacións ou razóns. Percibo que a tempada ía ser igual de monótona e carente de todo elo unha vez máis. Non é a categoría deportiva, trátase da categoría humana e profesional”.

Sullastres: “É moi duro marcharse da que consideras a túa casa”

“Tiven moita sorte por ter vestido as cores do Dépor ABANCA. Lévome un trozo de historia, unha cultura, unha lingua e moita xente que fixo que a miña estancia aquí fora moi feliz. É moi duro marcharse da que consideras a túa casa. Espero de corazón que o Dépor volva colleitar éxitos moi pronto e siga escribindo historia na elite do fútbol español. Grazas”, conclúe.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Esther Sullastres (@esullastres)

Blanco: “Quédome co cariño da afección”

Outra das futbolistas que deixa a entidade coruñesa é Sthepannie Blanco. A internacional costarricense non seguirá co Dépor ABANCA en Reto Iberdrola, e tamén quixo deixar unha mensaxe á afección nas súas redes sociais.

“Hoxe pongo fin a esta tempada no Dépor. Grazas a esta institución por abrirme as portas para vivir esta experiencia. Malia os altos e os baixos desta tempada, quédome co bo”, comeza.

Stephannie Blanco, Dépor ABANCA / RCD
Stephannie Blanco, Dépor ABANCA / RCD

A xogadora quixo agradecer o apoio recibido de todos os compoñentes do club: “Grazas corpo técnico, compañeiras coas cales puiden coincidir, tiven o luxo de coñecer a grander persoas”.

Stephannie Blanco: “Grazas por facerme sentir en casa”

Blanco recoñece que foi un curso difícil para o Dépor ABANCA. “Tocounos vivir a cara amarga do fútbol, pero tamén un ano de moito aprendizaxe”, reflexiona. “Quédome tamén co cariño da afección, malia todo sempre estiveron presentes e apoiando ao equipo. Grazas por facerme sentir en casa”.

“Deséxolle o mellor e moita sorte no que está por vir. Forza Dépor”, remata.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Stephannie Blanco (@stephblanco15)

Pero Blanco non é a única costarricense que perde o Dépor ABANCA. A gardameta Noe Bermúdez tampouco seguirá co equipo coruñés na segunda división.

Despois de ter un rol secundario no club branquiazul, Bermúdez desvincúlase do equipo herculino e ficha polo Alajuelense, do que xa formou parte no pasado.

Noelia Bermúdez, porteira, Dépor ABANCA / RCD
Noelia Bermúdez, porteira, Dépor ABANCA / RCD

Gaby: “Levarei as cores no meu corazón por sempre”

Outra das baixas confirmadas é a de Gaby. A xogadora tamén quixo despedirse cunha mensaxe de agradecemento para o club. “Dicir adeus nunca foi fácil, e faise moito máis difícil cando se trata de despedirte de algo que por moito tempo formou parte de ti. Un club, un equipo e moito máis que iso, UNHA FAMILIA que apostou por min e deume a oportunidade de vestir estas cores, as cales levarei no meu corazón por sempre”, confesa.

Gaby: “Grazas por considerarme un membro máis desta GRAN familia”

A mediocampista venezolana, centenaria co Dépor ABANCA, quixo reiterar o seu agradecemento “por esta gran oportunidade e por facerme parte deste proxecto e por considerarme un membro máis desta GRAN familia”.

Gaby nunha imaxe de arquivo dun partido contra o CD Tacón / RCD
Gaby nunha imaxe de arquivo dun partido contra o CD Tacón / RCD

A xogadora recoñece que a súa adaptación non foi doada, pero contou co apoio de “directivos, corpo técnico, compañeiras de equipo e afección”. Por iso agradece “o cariño e calor que me entregaron desde o principio. Quero dicirlles que sempre os terei presentes a TODOS como unha peza fundamental no meu crecemento persoal e profesional”, engade.

Gaby di adeus “con moita nostalxia, pero aínda así podo sentirme feliz de ter dado todo por esta camiseta que vestín con moito orgullo, dentro de fóra do terreo de xogo. GRAZAS TOTALES DEPORTIVO”, remata.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Gaby Garcia (@gabriela.garcia11)

 

Etiquetas A CoruñaAbegondoDépor ABANCAdeportivoEsther SullastresfútbolGabyNoe BermúdezRC DeportivoRCDStephannie Blanco
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

Nesta fin de semana catro futbolistas galegos conseguían proclamarse campións de Europa na categoría Sub-19. Coa Selección Española feminina levantaron...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

Alberto Rodríguez substúe a Fran Alonso no banco do Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

O arteixán Alberto Rodríguez, novo adestrador do Dépor ABANCA na tempada 2026-27

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Alberto Rodríguez (Arteixo, 22 de febreiro de 1989) será o adestrador do Dépor ABANCA na temporada 2026-27, segundo informa o...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

Pablo Prieto recibe felicitacións dos presentes como novo presidente da RFGF, na imaxe, entre outros, a adestradora Pili Costa / FUTGAL

Pablo Prieto, elixido presidente da RFGF co apoio unánime da asemblea da entidade

por Redacción As Nosas
30/06/2026
0

Pablo Prieto Perille foi aclamado este luns como presidente da Real Federación Galega de Fútbol pola nova Asamblea Xeral que...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.