O CEIP San Marcos de Abegondo acolleu este martes a actividade “A terra, o balón mais elas”, co obxectivo desta acción era visibilizar ás mulleres no mundo do fútbol e tamén dar a coñecer ás novas xeracións a súa importancia no deporte, tanto neste municipio coruñés como en Galicia.
A actividade foi organizada polos Veteranos de Crendes e o CD Mabegondo, coa colaboración do Concello. O encontro foi dirixido ás escolares que cursan 5º e 6º de Educación Primaria. E xa que falamos de mulleres no fútbol a actividade foi impartida por dúas mulleres xornalistas galegas: Rocío Candal (Radio Galega, TVG e Riazor.org) e Sara Gallego (Radio Intereconomía).

As estudantes mostráronse moi interesadas nas explicacións das xornalistas. A localidade é un dos berces do fútbol feminino, en concreto en Crendes onde as pioneiras do balompé deixaron pegada na historia do fútbol galego.

Xornadas “A terra, o balón máis elas” con @SaraGallego11 e @RocioCandal14 organizadas por @CDMabegondo e #veteranoscrendes con @abegondo pic.twitter.com/DBSTlGR8dr
— CEIP San Marcos (@ceipsanmarcos) June 1, 2021