- A Liga Feminina Endesa de baloncesto volve en outubro deste 2026 tras finalizar a anterior edición no mes de maio e o Celta Femxa Zorka regresa á máxima categoría do baloncesto feminino estatal colocando a Galicia con tres representantes na élite española.
- A pasada tempada 2025-2026 deixou ao Casademont Zaragoza presidindo a táboa, cunha racha de 10 vitorias ao término da trixésima xornada. A pesar desta vitoria, sería o Valencia B.C. o equipo que levaría a casa todo o resto de galardóns, vencendo na final dos Play-Offs, da Copa da Raíña e da Supercopa.
O Celta Femxa Zorka Baloncesto atópase de parabéns, pois volve a formar parte dos equipos galegos na primeira liga feminina do estado. Unha mala etapa levounos a descender e pasar a tempada 2025/26 na LF Challenge, pero o seu esforzo e desempeño sentenciaron o retorno á élite.
Ver esta publicación en Instagram
A súa estancia na segunda categoría estatal foi curta e permitiu ao conxunto amosar a súa calidade. Finalizaron a última xornada cun balance de 27 vitorias e 3 derrotas, quedando unicamente por debaixo da Fundación Club Baloncesto Mallorca.
Súmase entón ao BAXI Ferrol e ao Durán Maquinaria Ensino no curso da próxima Liga Endesa 2026/27. Batiranse en distintas ocasións ao longo do calendario deportivo, conformando os derbis galaicos.
Dada a súa condición de acabadas de ascender, as xogadoras do Celta Femxa Zorka Baloncesto non terán a oportunidade de participar en torneos internacionais. Non se cruzarán entón co BAXI Ferrol nin co Durán Maquinaria Ensino, ambos parte da FIBA Eurocup Women na súa edición 2026/27. Desta forma, poderán centrarse en adaptar o seu cadro ás novas esixencias da primeira liga antes de encamiñarse por calquera outra vía.
Acompáñanas no ascenso as integrantes do Azulmarino Mallorca Palma, o club gañador da Liga Challenge. A ocupar o seu posto, chegan outros dous equipos que non lograron acabar de triunfar na Liga Endesa: o C. B. Santfeliuenc e o Real Canoe.
O cadro de xogadoras do Celta Femxa Zorka para a tempada 26-27
De entre os tres conxuntos galegos que se manteñen na élite do baloncesto, é o vigués o que máis xogadoras mantén nas súas filas respecto ao número de fichaxes. Con todo, unha serie de situacións reduciron o cadro existente dunha forma considerable por razóns alleas ao fin do contrato usual.
Sara Vidal (Nigrán, 2002), a que foi capitana durante a pasada tempada, segue a recuperarse dunha lesión de xeonllo que a forzou a pasar por quirófano. Por este motivo, non aparece como titular na publicación acerca do cadro celtista.
Ver esta publicación en Instagram
Carlota Menéndez (Madrid, 2001) achouse nun caso similar: unha rotura do ligamento cruzado anterior en xaneiro impediulle continuar xogando. O longo período de recuperación impediralle ser titular coa chegada da nova tempada.
Ver esta publicación en Instagram
Jiselle Thomas (EE. UU., 1999) non sufriu ningún incidente, pero xa en decembro do 2025 anunciouse a súa desvinculación do equipo. A pesar de ser o último fichaxe do Celta Femxa Zorka Baloncesto, o seu rendemento semellou non acabar de encaixar co esperado, e entre ambas partes acordaron a partida da estadounidense.
Ver esta publicación en Instagram
Liberadas
- Iris Vennema (Países Bajos, 2004)
- Andrea Boquete (Argentina, 1990)
- Jessica Kelliher (EE. UU., 1997)
Ao tratar o novo cadro, damos con moitas caras xa familiares e queridas pola afección. Ademais, trátase dun conxunto de considerable xuventude, con potencial de formar a grandes futuras xogadoras.
As necesidades do equipo vigués súplense cara a tempada 2026/27 cunha óptica internacional. Tódalas incorporacións ingresan ao club dende canteiras de outros países, asegurándolles unha experiencia nas grandes ligas españolas.
Esta lista compoñería entón a formación principal do equipo:
Ver esta publicación en Instagram
Renovadas
- Diana Cabrera (Argentina, 1993)
- Marina Gea (Granada, 2001)
- Deva Bermejo (Barcelona, 2004)
- Martina Vizmanos (Barcelona, 2007)
- Uxía Rodríguez (Vigo, 2007)
- Paula Salinas (O Porriño, 2007)
Fichadas
- Leslie Vorpahl (EE. UU., 1995)
- Clémentine Samson (Francia, 1991)
- María Gakdeng (Sudán del Sur, 2003)
- Emma Ronsiek (EE. UU., 2001)
Cristina Cantero continúa á fronte do banco do Celta Baloncesto
En cuanto ao liderado do equipo, renova a xa lendaria adestradora que leva co club dende o 2015. Cristina Cantero, tamén parte do corpo técnico da selección española, continuará á fronte do Celta Baloncesto coa súa volta á Liga Endesa. Demostra unha e outra vez a súa devoción coa entidade da que formou parte como xogadora durante anos.
Xunto a Cristina Cantero, o corpo técnico estará conformado polos adestradores axudantes Dani Nieto e Jordi Amigó e pola delegada Silvia Caínzos.
Na área biomédica, atopamos a Sergio Jaurena como preparados físico, a Pelayo Suárez como psicólogo, a Celia García como fisioterapeuta e a Fernando Zapata como médico.
Coñece o calendario dos equipos tres galegos na próxima Liga Endesa 2026-27: Ensino, Celta e BAXI
















