• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Voleibol Liga Iberdrola Volei

A vitoria escápaselle ao Emevé (2-3)

O rival das loitadoras, o CV Kiele, logrou a remontada, pero as lucenses conseguen sumar un punto importantísimo

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
28/01/2021
en Liga Iberdrola Volei, Voleibol
Xogadoras do CV Emevé celebran a vitoria contra o Algar Cartagena/ CV ARENAL EMEVÉ IG

Xogadoras do CV Emevé / CV ARENAL EMEVÉ IG

120
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Se na fin de semana pasada as loitadoras do CV Arenal Emevé lograron unha espectacular remontada contra o Cajasol Voley Dos Hermanas, desta vez elas foron as que perderon o partido no tie break. O rival deste mércores, e gañador do duelo (2-3), foi o CV Kiele, un dos equipos máis fortes da Liga Ibedrola de Voleibol da RFEVB.

As loitadoras soñaron co trunfo, que rozaron cos dedos, pero o seu gran partido soamente lles mereceu un punto, moi necesario para lograr o obxectivo da permanencia.

O Emevé igualou o nivel do Kiele

Comezaron fortes as lucenses en casa. As xogadoras de José Valle arrastraron as boas sensacións e as melloras que demostraron na pista nas últimas semanas e que demostran que son un equipo mellor do que di a clasificación.

Os primeiros puntos foron para as visitantes, pero o Emevé non ía deixar que as rivais escapasen facilmente no marcador. Con gran acerto nos remates e nos bloqueos defensivos, as loitadoras recortaban distancias cada vez que as manchegas puntuaban.

Lucía Prol, como de costume, tomou as rendas do equipo e liderou un parcial con seis puntos consecutivos que, por fin, situaban ás locais por riba (13-9).

Entón, o Kiele demostrou porque é un dos mellores conxuntos da máxima categoría, e en pouco tempo igualou o electrónico a 13 puntos grazas a un parcial 0-4. As visitantes seguiron presionando ata levarse o primeiro set, pero aínda quedaba moito partido por diante.

Na segunda manga o xogo volveu igualarse, as locais loitaban cada balón e cada oportunidade para sumar puntos ao seu casilleiro. Os bos parciais das de Ciudad Real tiñan resposta no xogo lucense, de maneira que o Emevé logrou colocarse tres puntos por diante.

Tempo morto para reorganizarse

O adestrador rival, Chema Rodríguez viuse obrigado a solicitar un tempo morto para reorganizar ás súas xogadoras. A charla non xudiu o efecto esperado e as galegas seguiron aumentando a distancia no marcador. Pero o Kiele, lonxe de abandoar o set, loitou polo empate e cun parcial efectivo logrou situarse a só un punto das lucenses.

A vantaxe local perigaba, polo que Valle solicitou unha pausa. Coa reanudación, as loitadoras volveron a distanciarse no marcador, pero enseguida o Kiele igualou o resultado a 19 puntos. O man a man mantiña o pulso no set, que se decidiu nos segundos finais, con tres puntos consecutivos do bando local grazas á última incorporación, a grega Athanasia Liagki.

Imaxe final do partido Emevé vs Kiele / CV ARENAL EMEVÉ IG
Imaxe final do partido Emevé vs Kiele / CV ARENAL EMEVÉ IG

O resultado global indicaba xa o 1-1 e ningún dos dous equipos tiña previsto reducir o nivel de intensidade. Así chegou o terceiro set, no que nin Emevé nin Kiele deixaban ao contrario adiantarse. O electrónico pasaba do 3-3, ao 5-5- e ao 8-8, conxelado sempre nun empate eterno.

Entón, as loitadoras deron un golpe na mesa, cun excelente parcial 6-1 que rompeu a manga ao seu favor, colocando o marcador no 17-11. Os tempos mortos de Chema Rodríguez non serviron para reactivar ao Kiele, que non atopaba a forma de igualar ás galegas.

Cun 2-1, as xogadoras de Valle víanse cada vez máis preto da vitoria, pero aínda non podían confiarse xa que o trunfo non estaba amarrado. No cuarto set as visitantes espertaron e asignáronse o primeiro parcial 5-9. O equilibrio de poder mudou nesta manga, de tal maneira que eran as visitantes as que se facían co control do partido.

Tardaron algo máis en reaccionar, pero as loitadoras querían evitar a toda costa chegar á morte súbita. Con tres puntos consecutivos igualaban o set a 11-11 e, de novo, a vitoria case se vía ao final do túnel. Porén, o Kiele non tardou en facer esfumar as esperanzas galegas. As lucenses gañaban dun punto case á fin do set, pero as visitantes tiñan outros planes.

Punto a punto, as de Ciudad Real foron quen de levarse a cuarta manga, cun acerto que situou o marcador no 19-25 e forzaba o tie break para decidir o duelo.

Un punto salvado tras perder no tie break‘

Como nos tempos anteriores, no último set reinou a igualdade. Ningún dos conxuntos quería deixar escapar unha vitoria vital para a consecucións dos seus obxectivos. Cada punto conta e o Emevé buscaba gañar en casa para alonxarse do descenso.

A vitoria galega estaba case lograda. O marcador informaba do 13-12 a favor das lucenses a piques da fin do partido. Pero, como fixeran as de Valle na fin de semana pasada, as visitantes arrebataron o encontro nos instantes finais. Un tanto de ataque e dous erros ofensivos do Emevé foi todo o que necesitou o Kiele para levarse os dous puntos da vitoria.

De novo, Lucía Prol foi unha das xogadoras máis destacada non só do club lucense, senón tamén do partido. Na xornada anterior foi escollida como a mellor xogadora pola RFEVB e tamén neste duelo foi vital, sendo a máxima anotadora sobre a pista, con 26 puntos ás súas costas.

As loitadoras deben corrixir os erros cara o próximo partido contra un rival directo

Os erros propios foron demasiado castigo para un equipo que está mellorando notablemente nas últimas semanas. Cos seus fallos, as galegas concedéronlle 35 puntos ás rivais, o que determinou o desenlace do partido.

Tras este encontro, o Emevé suma 11 puntos, a cinco do colista, e a 20 do terceiro clasificado, ocupando a décima posición. Para a seguinte cita repetirán como locais contra o Madrid Chamberí, un rival directo que se sitúa na undécima posición.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de cvemevelugo (@cvemevelugo)

FICHA TÉCNICA

CV ARENAL EMEVÉ: Audrey Alford, Inma Lavado, Sara Urrea, Carla Jiménez, Lucía Prol, Marta Otero —sexteto inicial—. Tamén xogaron: Cassie Bujan (líbero), Carolina Camino, Liagki, Ainara Burgo, Maria Rodríguez, Sanjurjo e Inés Rivas.

KIELE SOCUÉLLAMOS: Marina Saucedo, Paola Martínez, Anna Walsh, Nazaret Florián, Renata Benedito, Karina Suligoy, Amelia Portero —sexteto inicial—. Tamén xogaron: Nerea Fuentes (líbero), Saucedo, Jovanovic e Paula Miguel.

SETS: 17-25 / 25-22 / 25-18 / 19-25 / 13-15 (2-3).

ÁRBITROS: Marco Folgar e Antonio Real.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 16ª xornada da Liga Iberdrola de voleibol no Pazo dos Deportes de Lugo.

Etiquetas CV Arenal EmevéCV Emevé LugoCV KieleEmevéJosé ValleLiga Iberdrola VoleibolLoitadorasLugovoleiVoleibol
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O CV Arenal Emevé de Lugo milita na Liga Iberdrola / CV EMEVE IG

Triunfo do CV Arenal Emevé 3-2 ante o CV Sayre

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

Na Liga Iberdrola, o CV Arenal Emevé conseguiu unha xustada vitoria por 3-2 ante o CV Sayre Centro C. La...

As xogadoras do CV Zalaeta da SLF2 de voleibol súmanse á campaña NON á Violencia de Xénero da Xunta de Galicia / CV ZALAETA IG

SLF2 | Vitoria do Aceites Abril (3-0) e derrota do CV Zalaeta (0-3)

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

Os conxuntos galegos que compiten na Superliga 2 (SLF2) afrontan a tempada dende perspectivas moi diferentes. Aínda que non está...

CV Arenal Emevé vs JCV JAV Olímpico Gran Canaria / RFEVB.COM

Tres sets foron abondo para que o CV Arenal Emevé superase ao Emalsa Gran Canaria

por Redacción As Nosas
26/10/2025
0

O CV Arenal Emevé: de David a un Ciclón que levou por diante ao Goliat Emalsa Gran Canaria. O conxunto...

Aceites Abril Voleyourense vs Madrid Chamberí na SLF2 / VOLEYOURENSE

O Aceites Abril Voleyourense non pode vencer na súa estrea na casa e perde co Madrid Chamberí 0-3

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

O Aceites Abril Voleyourense non puido sumar no seu primeiro partido como local da tempada e caeu por 0-3 diante...

CV Zalaeta vs Extremadura Arroyo na SLF2 / RFEV

O Zalaeta agasalla a súa afección cunha rotunda vitoria no seu debut en casa

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

Segunda xornada desta nova tempada da Superliga Feminina 2, e segunda vitoria para o equipo que dirixe Jorge Barrero. As...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.