A gran festa do fútbol base galego terá lugar o luns 25 de marzo na Cidade Deportiva da Torre – Arsenio Iglesias. O Concello da Coruña e a Real Federación Galega de Fútbol organizarán unha intensa xornada de fútbol con motivo da disputa da Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Comarcais nas categorías sub 11 e sub 13 masculinas e sub 11 e sub 14 femininas.
Preto de 600 nenos e nenas e centos de familiares e afeccionados daranse cita na sede elixida pola RFGF e o Concello da Coruña para a disputa da fase final deste emblemático campionato que terá lugar na Cidade Deportiva da Torre Arsenio Iglesias, participando tamén deste xeito na celebración do 15 aniversario do monumento como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.
⚽️ Anunciamos un marco incomparable para a . ́
–
Grazas ao @ConcelloCoruna
️ Luns día 25
⌚️ De 9:30 a… pic.twitter.com/9w7fp0HSRZ— RFGF (@futgal) March 21, 2024
Haberá 42 partidos distribuídos en cinco campos
Neste Campionato Galego de Seleccións Comarcais decidiranse os gañadores de todas as categorías. O torneo comezará ás 09.30 horas e rematará co acto de entrega de trofeos e medallas, previsto para as 20.00 horas. Serán un total de 42 encontros, 28 na modalidade de Fútbol 8 e 14 na modalidade de Fútbol 11.
Este torneo coroará os campións e campioas do Campionato Galego de Seleccións Comarcais logo da disputa da primeira fase que tivo lugar o pasado mes de febreiro en Dumbría e Cee.
Así, en Fútbol 8 disputáronse 4 partidos na primeira fase e xogaranse outros 2 partidos nesta fase final, un total de 6 encontros, outorgándose 3 puntos por vitoria e 1 por empate. A suma de puntos totais obtidos nas dúas fases ditaminará as catro seleccións clasificadas para as semifinais.
En Fútbol 11, pola súa banda, disputáronse 2 partidos na primeira fase e xogarase 1 partido na segunda fase, un total de 3 partidos, outorgándose 3 puntos por vitoria e 1 por empate. A suma de puntos totais obtidos nas dúas fases ditaminará as catro seleccións clasificadas para as semifinais.
A Torre de Hércules, “marco incomparable”
Rafael Louzán, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, amósase agradecido ao Concello da Coruña “por apostar por este evento co que queremos darlle valor ao fútbol base galego” destacando que “para nós é un orgullo poder celebralo nun marco incomparable a carón da Torre de Hércules”.
Rafael Louzán, presidente da RFGF, agradece ao Concello da Coruña a súa “aposta por este evento co que queremos darlle valor ao fútbol base galego”
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, pola súa banda, destaca que deste xeito o seu goberno reafirma “o seu compromiso coa disputa na cidade de grandes torneos e competicións deportivas, que integran un gran número de participantes e acheguen á cidade a visitantes de toda a comunidade ou país”.
Ademais, para esta competición sinalaba a alcaldesa da Coruña que se escolleu simbólicamente a Cidade Deportiva de A Torre – Arsenio Iglesias, “todo un símbolo para o deporte e o fútbol base coruñés, pola que pasan cada semana milleiros de nenos e nenas”.
Inés Rey, alcaldesa da Coruña: “Escoulleuse como escenario a Cidade Deportiva da Torre – Arsenio Iglesias que é todo un símbolo para o deporte e o fútbol base coruñés, pola que pasan cada semana milleiros de nenos e nenas”
Todo por decidir neste Campionato Galego de Seleccións Comarcais
A cidade da Coruña acollerá unha xornada de fútbol base en estado puro na que se deciden os campións galegos nesta competición para Selecións Comarcais. Así, e tras a disputa da primeira fase nos municipios coruñeses de Dumbría e Cee, as clasificación quedaron da seguinte maneira, segundo informa a RFGF:
Categoría Sub-11 e Sub-14 feminina
Categoría Sub-11 e Sub-13 masculina
Este é o calendario de partidos deste Campionato Galego de Seleccións Comarcais segundo informa a RFGF