• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

A Supercopa de fútbol gaélico xa ten vencedores

O Auriense impúxose na final feminina ao Turonia Gondomar por 6-19 (38) vs 5-11 (26) | A final masculina foi para o Keltoi cun marcador de 2-21 (27) fronte aos 1-18 (21) do Estrela Vermelha

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
29/09/2025
en Máis fútbol, Fútbol
Auriense, campión Supercopa fútbol gaélico feminina / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO

Auriense, campión Supercopa fútbol gaélico feminina / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO

48
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • Santi Rodríguez, adestrador do Auriense: “A Supercopa ten sido unha proba máis de que, se facemos as cousas ben, os resultados rematan por chegar”.
  • Julio Docampo, adestrador do Keltoi: “Estamos moi ledos”. 

O Campo da Universidade de Ourense acollía o pasado sábado a celebración da Supercopa de e fútbol gaélico masculina e feminina, organizadas pola Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG). Os vencedores foron Keltoi (masculina) e Auriense (feminina)

A final masculina xogábase primeiro e remataba cun marcador de 2-21 (27) para o equipo vigués do Keltoi e 1-18 (21) para o Estrela Vermelha de Compostela. Deste xeito o Keltoi  fai triplete na tempada 2024-25 dado que foi campión de Liga, Copa e agora Supercopa.

Docampo, técnico do Keltoi: “Empezamos ben o ano gañando a Supercopa”

Xustamente o adestrador do Keltoi, Julio Docampo, salientaba ese dato e amosaba a súa felicidade por sumar un terceiro título. “A verdade é que no Keltoi estamos moi ledos. Primeiro por poder darlle visibilidade a este deporte, que eu penso que é o máis importante. Canta máis xente nos coñece, seguro que hai máis xente que se achega a probar. E segundo, porque é o terceiro título que gañamos. Gañamos o ano pasado a Liga e maila Copa. Este ano empezamos ben gañando a Supercopa. Novamente contra do Estrela Vermelha como na final da Copa. Estamos moi ledos”.

Sobre como foi o partido, Julio Docampo explicaba que o encontro foi “diferente. Se cadra dominamos máis este partido, aproveitando que eles tamén tiñan baixas. Xogamos un fútbol máis directo, non como adoitamos xogar, que acostuma a ser máis lento, máis ao toque. Ao non ter xogadores tan rápidos, sempre nos convén máis. Pero bueno, saíu ben a nova estratexia e nada… estamos moi ledos”.

Keltoi, campión Supercopa fútbol gaélico masculina / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO
Keltoi, campión Supercopa fútbol gaélico masculina / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO

Pola súa banda, Rober Casas , adestrador do  Estrela Vermelha, achegaba a súa visión da final da Supercopa: “Foi un partido competido. Máis alá do resultado, sacamos conclusión positivas tendo en conta as circunstancias, o momento da tempada no que estamos, as baixas moi importantes que tiñamos, nomeadamente en defensa, as circunstancias que se foron dando tamén durante o partido (estivemos 10 minutos cun xogador menos por unha expulsión), e aínda así fomos quen de minimizar danos. Tendo en conta todo isto, tiramos conclusións positivas”.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Keltoi Vigo (@keltoivigo)

“Malia derrota, que sempre preferiríamos ter gañado, pero ímonos con boas sensacións a nivel actitude dos xogadores de cara a seguir traballando para seguir pelexando polo menos por todos os títulos que é o que pensamos que ten que seguir facendo o Estrela Vermelha“, explicaba Rober Casas, adestrador do Estrela Vermelha .

“Cómpre felicitar aos gañadores. Keltoi e Auriense que o fixeron moi ben e demostraron que continúan a ser os rivais a bater”, apuntaba Rober Casas desde o banco do  Estrela Vermelha .

Santi, adestrador do Auriense: “Somos un equipo que traballa duro”

No caso da final da Supercopa feminina o conxunto ourensá, o Auriense , vencía por un tanteo de 6-19 (38) ao Turonia Gondomar que anotaba 5-11 (26). O Auriense fora campión de Copa e subcampión de Liga e súmalle agora ao seu palmarés a Supercopa da tempada que remata.

O adestrador do Auriense , Santi Rodríguez, declaraba logo de vencer na final da Supercopa que había “pouco que dicir. O xeito de entrar ao campo e de xogar reflicte o que somos: un equipo que traballa duro e que sempre quere máis. Un equipo no que todas bogan xuntas na mesma dirección. Un conxunto que non teme a ningún rival. Esta Supercopa ten sido unha proba máis de que, se facemos as cousas ben, os resultados rematan por chegar”.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Auriense Campus da Auga F.G. (@auriensefg)

Desde o banco rival, Juan Fernández, adestrador do conxunto de Gondomar, explicaba tras a disputa da Supercopa: “Desde Turonia Gondomar aceptamos o convite á Supercopa como unha boa oportunidade para testarnos antes do inicio da tempada 2025-2026. Actualmente o noso equipo está en pleno proceso de restauración. Temos varias xogadoras novas. Neste encontro tres delas fixeron o seu debut. Foi para elas o seu primeiro partido de fútbol gaélico. Ante esta falta de xogadoras acudimos en amalgama con Estrela Vermelha. Xustamente o Estrela Vermelha será o noso primeiro rival na Liga, que comeza a semana próxima”.

O técnico do Turonia Gondomar sinalaba que “ao respecto do desenvolvemento do partido, fixemos unha proposta inicial na que tivemos que facer varios axustes debido a que os obxectivos que marcamos non se cumpriron, tanto no ataque como na defensa”.

Segundo declaraba Juan Fernández, adestrador do Turonia Gondomar: “Ao longo do partido, na segunda metade, houbo aspectos que se conseguiron corrixir, mais non puidemos facer  fronte ao dominio de Auriense, que con nove xogadoras xustas, foron xustas merecedoras do triunfo neste partido. Con todo, non quero desmerecer o esforzo de ningunha das nosas xogadoras, tanto no equipo de sempre, como as do Estrela Vermelha que viñeron en amalgama con nós, e esas xogadoras que fixeron o seu debut”.

Auriense e Lorchas vencen no Torneo de Apertura

A maiores, tal e como estaba previsto, celebrouse á mañá o Torneo de Apertura no mesmo escenario, o Campo da Universidade de Ourense. Unha competición de carácter amigable, na que estaban convidados a participar o resto de equipos que competirán na Liga.

Na categoría masculina gañou o Auriense e na feminina as Lorchas (un conxunto de nova incorporación que chega pisando forte).

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Auriense Campus da Auga F.G. (@auriensefg)

Que é a AGFG?

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) é o organismo regulador oficial do fútbol gaélico en Galicia, dende a súa aprobación oficial na convención Europea dos deportes gaélicos en decembro de 2013, o cal garántelle de carácter oficial internacional recoñecido polo máximo órgano, a Gaelic Athletic Asociation (GAA).

Boa parte das actividades da AGFG intégranse dentro da RFGF (Real Federación Galega de Fútbol).

PuntoGal é un dos patrocinadores da AGFG que ademais emprega na súa web o dominio www.gaelicogalego.gal.

Etiquetas Asociación Galega de Fútbol GaélicoAurienseEstrela VermelhaFútbol GaélicoKeltoiLorchasSupercopaTuronia Gondomar
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Torneos de Nadal PuntoGal Fútbol Gaélico, Sarria - AGFG

Os Torneos de Nadal .gal do fútbol gaélico galego xuntan a 467 rapaces e rapazas case duplicando a inscrición do 2024

por Redacción As Nosas
23/12/2025
0

Alexandre Sanmartín, director das Gaélico Escolas Punto Gal: "Os torneos de Nadal .gal son xa un evento consolidado dentro do...

Partido entre o Estrela Vermelha e o Turonia Gondomar / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO

Arrinca a Liga galega de fútbol Gaélico 2025-26

por Redacción As Nosas
03/10/2025
0

  A Liga Galega de fútbol gaélico comeza esta fin de semana, concretamente a partir do 4 de outubro. Na...

Auriense, campión feminino da Copa Galega de fútbol gaélico / AGFG

Chega a Supercopa de fútbol Gaélico

por Redacción As Nosas
26/09/2025
0

A final feminina da Supercopa de fútbol gaélico será entre o Auriense e o Turonia Gondomar e a masculina xógana...

Selección de Galicia feminina de fútbol gaélico / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GÁELICO

As seleccións de Galicia fan o seu ‘Camiño Celta’ en Irlanda con tres días preparando os World Games”

por Redacción As Nosas
15/07/2025
0

  Durante tres xornadas os combinados de Galicia masculino e feminino xogarán media ducia de partidos a xeito de concentración...

Auriense, campión feminino da Copa Galega de fútbol gaélico / AGFG

O Auriense feminino e o Keltoi masculino, vencedores da Copa Galega de fútbol gaélico disputada en Ribeira

por Redacción As Nosas
30/04/2025
0

  O Complexo Deportivo Municipal da Fieiteira acolleu a competición esta Copa Galega de fútbol gaélico na que tomaron parte...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.