A SG Pontevedra organizou o XLVII Trofeo Boa Vila con grandes éxitos para as súas atletas. As lanzadoras de martelo Iria Filgueira e Loreto Brea conseguiron dous récords na súa proba de 4 kg.
Con este campionato, xestionado conxuntamente co Concelllo de Lérez, da comezo o Circuíto de Atletismo en Pista 2021. Entre o centenar de atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra destacaron as dúas lanzadoras de martelo.
Foron as únicas competidoras na categoría absoluta 4kg, e a súa participación foi suficiente para batir as marcas. Por un lado, Iria Filgueira, con 46,62 metros, conseguiu mellorar o seu propio rexistro persoal e batir o récord do club, anteriormente logrado por ela mesma. Pola súa banda, Loreto Brea bateu o récord galego W45 cun rexistro de 34,07 metros.
A SG Pontevedra reinou no trofeo
Ademais dos éxitos en lanzamento de martelo 4 kg, a SG Pontevedra tivo outras marcas que celebrar. En 100 metros, a campioa da final A foi Helena Suárez, cun tempo de 13.53.
Na proba de 400 metros, Natalia Meaños foi a vencedora da final A, cunha marcade 1:01.35. Xa nos 1500 metros, Paula de la Torre proclamouse campioa da final A cunha marca de 4:45.18.
O podio cambiou nos metros valos. Nos 300, a gañadora foi Arauia Al Bachere, do Club Atletismo Estrada. En segunda posición quedou Antía Rey, do Atlética A Silva, e xa no terceiro lugar quedou Carlota Pampin, do SG Pontevedra.
Nos 400 mv, a campioa foi Eva Queimaño, do Super Amara BAT, mentres que Laura Carracedo, do Club Atletismo Estrada, quedou segunda. O podio pechouse con Lucía Lois, do SG Pontevedra.
En pértega o ouro volveu ao club pontevedrés, de novo con Helena Suárez, cunha marca de 2.82. En lonxitude, a primeira clasificada foi Andrea Villaverde, cunha marca de 5.35. En triplo, o ouro foi para Sabela Baltar, acadando os 8.86 metros.
En disco, na categoría de 800g, a campioa foi Paloma Puig, cunha marca de 23.79. Na de 1 kg, foi Victoria Eiriz, da Atlética Lucense, quedando por dainte de Sandra Carballo e Elena Garnelo, do club pontevedrés.
Xa en 3 kg, Blanca Pereira, do Ourense Atletismo, foi ouro cunha marca de 57.90, quedando por diante de Marta Neira, do Viguesa de atletismo, que foi prata e de Celia Álvarez, do SG Pontevedra, bronce.
A base tamén tivo participación na proba
Nesta xornada celebrada no CGTD de Pontevedra destacou a ampla participación de atletas da base que aprenden e compiten coas escolas da SG Pontevedra. Nesta ocasión, puideron desfrutar dos aires típicos dunha competición de atletismo.
Tal e como marca o reglamento do Circuíto, en cada xornada sortéase entre os atletas da categoría sub18 e inferiores 50 euros en material deportivo. O importe deberá consumirse en tendas de Pontevedra. Na primeira proba, o galardón foi para Mario Tegegn Míguez Soto.