• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

A Selección Galega absoluta e a Sub-18, ao Campionato de España de Federacións por Seleccións Autonómicas

A competición terá lugar en Logroño

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
26/06/2026
en Máis Deporte, Atletismo
Belén Toimil / PLAYAS DE CASTELLÓN

Belén Toimil / PLAYAS DE CASTELLÓN

17
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
O mes de xuño pecharase cunha das grandes citas do calendario estatal de atletismo: o Campionato de España de Federacións por Seleccións Autonómicas, que este ano terá como escenario a cidade de Logroño. Ata a capital rioxana desprazaranse a Selección Galega absoluta e tamén o combinado galego Sub-18, dous equipos que volverán representar ao atletismo galego co obxectivo de confirmar o excelente momento que vive a nosa comunidade.

A Selección Galega absoluta competirá o sábado 27 de xuño coa intención de manter o elevado nivel competitivo mostrado nas últimas edicións, nas que Galicia conseguiu consolidarse entre as mellores federacións do panorama estatal.

Para esta edición serán 22 atletas os encargados de defender as cores da Selección Galega nun equipo que combina experiencia internacional, talento consolidado e unha importante presenza de mocidade con enorme proxección.

Á fronte da expedición estará a olímpica Belén Toimil, que suma xa a súa décimo quinta convocatoria coa selección galega absoluta. A lanzadora mugardesa parte como principal favorita para impoñerse na proba de peso, disciplina que lidera con autoridade no ranking español grazas aos seus 17,80 metros.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Federación Galega de Atletismo (@atletismogalego)

Outro dos grandes referentes do equipo será o internacional Dani Chamosa, que alcanza a súa oitava convocatoria coa selección e aspira a ocupar as primeiras posicións na proba de marcha. Tamén vestirán a camisola galega dúas atletas habituais nas convocatorias internacionais, Debritu Paniagua e Demeku Paniagua, que competirán nos 1.500 metros e nos 3.000 obstáculos, respectivamente.

A representación galega contará ademais coa presenza da plusmarquista autonómica dos 100 e 200 metros, Ainhoa Repáraz, que chega a Logroño nun magnífico estado de forma e coa terceira mellor marca das participantes na velocidade curta.

Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO
Ainhoa Repáraz  / ATLETISMO GALEGO

Nos 800 metros, Anxo Lado figura entre os atletas con maiores opcións de ocupar as primeiras posicións despois de acreditar un excelente rexistro de 1:46.93 conseguido o pasado mes de maio. Pola súa banda, o actual campión galego de ruta, campo a través e pista afrontará os 3.000 metros coa intención de facer valer a súa marca de 7:59.33, mentres que David Vicente buscará confirmar o seu gran momento nos 110 valos, onde acredita 14.30.

Na altura, a medallista nacional Iria Solera volverá medirse coas mellores especialistas españolas nun concurso que pode permitirlle seguir achegándose á simbólica barreira dos 1,80 metros.

Os concursos tamén presentan importantes opcións para Galicia. Marcos Bouza chega ao disco integrado no selecto grupo de lanzadores que xa superaron os 50 metros esta tempada, mentres que José Orlando Escobar afrontará a xavelina coa quinta mellor marca das inscricións, grazas aos seus 66,89 metros.

A renovación xeracional estará tamén representada por atletas como Blanca Pereira, no lanzamento de martelo, e Gonzalo Cuns, no triplo, dous deportistas chamados a desempeñar un papel destacado tanto nesta competición como no futuro inmediato do atletismo galego.

A Selección Galega Sub-18 buscará repetir entre as mellores 

O domingo será a quenda da Selección Galega Sub-18, que competirá fronte a outras quince federacións autonómicas coa ilusión de igualar ou incluso mellorar o magnífico cuarto posto conseguido na pasada edición celebrada en Palafrugell.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Federación Galega de Atletismo (@atletismogalego)

A expedición galega presenta un equipo equilibrado e con numerosos atletas que xa se situaron entre os mellores da súa categoría durante a presente tempada.

Nos 800 metros destaca Irma Veiguela, que chega coa segunda mellor marca das participantes tras correr en 2:11.34. Tamén nos postos de privilexio aspira a situarse Claudia Pérez, unha das referencias galegas nas probas de fondo, que competirá nos 3.000 metros.

En categoría masculina, Pablo Vázquez Maiztegui será unha das principais bazas do combinado galego nos 2.000 obstáculos, disciplina na que buscará establecer unha nova mellor marca persoal.

Outra das actuacións máis esperadas será a de Mauro Seguín, inmerso nunha extraordinaria progresión que recentemente o levou a establecer o récord galego Sub18 dos 400 metros lisos. En Logroño competirá sobre os 400 valos coa intención de continuar a súa evolución.

Nos concursos de salto sobresae a presenza do actual campión galego absoluto de altura, Sergio Gil, que chega tras superar os 1,99 metros, confirmando o excelente estado de forma que atravesa. Na pértega será Rebeca Fernández quen represente a Galicia nun concurso de gran nivel.

O recentemente proclamado campión de España Sub18 de triplo en pista cuberta, Bruno Castro, cambiará nesta ocasión de especialidade para competir no salto de lonxitude, onde acredita unha mellor marca de 6,90 metros. Pola súa parte, Miguel Ángel López será o representante galego no lanzamento de peso, proba á que chega tras alcanzar os 15,23 metros durante o pasado mes de maio.

Especial atención merecen tamén os concursos de lanzamentos, onde Galicia presenta dúas das súas grandes promesas. A campioa de España Sub18 Aitana Capeáns competirá no disco co obxectivo de superar por primeira vez os 41 metros, mentres que o tamén campión de España Javier Cid buscará continuar a súa progresión no martelo e aproximarse á barreira dos 66 metros.

Coa experiencia dos seus atletas máis consolidados e o empuxe dunha nova xeración que continúa medrando a pasos axigantados, Galicia afronta unha nova edición do Campionato de España de Federacións coa ambición de volver estar entre as grandes potencias do atletismo  e confirmar o excelente estado de saúde que atravesa o atletismo galego.

  • Selección Galega Absoluta
  • Selección Galega Sub-18
Etiquetas atletismo
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

A expedición galega de 37 atletas, asinou unha excelente actuación no Campionato de España Sub23, celebrado esta pasada fin de semana...

A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Un total de 38 atletas de Galicia vanse desprazar esta fin de semana ata a Cidade Deportiva da Xunta de...

Equipos do Club Atletismo Sada e Samertolameu no Campionato de España mixto de Atletismo máster / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Un milleiro de atletas de todo o país participarán esta fin de semana no Campionato de España Máster por equipos que acolle A Coruña

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Esta fin de semana, A Coruña acollerá un novo evento deportivo de primeiro nivel: o Campionato de España Máster por Equipos....

Xogos do Eixo Atlántico / CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Xogos do Eixo Atlántico, unha cita entre culturas en Compostela

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

As pistas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolleron onte a celebración da XVI edición dos Xogos do Eixo...

A lanzadora de Galicia Aitana Capeáns / RFEA SPORTMEDIA

Galicia regresa do Campionato de España Sub-18 con 12 medallas

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

O atletismo galego volveu deixar unha pegada fonda no panorama estatal grazas á extraordinaria actuación protagonizada pola súa canteira no...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.